Eventos
Os Reis Magos farán mañá unha parada no camiño para ver aos /ás nenos/as do concello de Cervo.
Cabalgata de San Ciprián: partirá ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga, e ao remate do percorrido pola vila haberá recepción Real no Auditorio da Casa da Cultura.
Cabalgata de Cervo: ás 19:30 horas, con saída da Casa do Concello (NON DAS ESCOLAS VELLAS, COMO ERA HABITUAL) ata a carpa da Praza do Souto, onde haberá recepción Real; organiza Airiños do Xunco coa colaboración do Concello.
A continuación haberá a actuación do pallaso Popín e cantos de Nadal con Cordenaia Cantareiras
A Cabalgata de Xove vai comezar ás 19:00 horas, saíndo da nave-almacén do Concello (ao carón do Campo Municipal) e rematará, coma sempre, no Pavillón de Deportes.
Os Reis, antes da Cabalgata, farán unha visita previa aos maiores na Residencia San Bartomeu.
Para rematar, unha vez finalizada a Cabalgata, todos os participantes poderán disfrutar de música cunha Disco-Móbil no Pavillón.
Todo está listo en Burela para a tradicional cabalgata de mañá. Os reis percorrerán as rúas da vila en renovadas carrozas. Hoxe foron supervisadas polo alcalde, Alfredo Llano, e por responsables de Ledicia e da Acia local.
O rexedor contou que “estivemos observando esta mañá as carrozas para os Reis Magos, que están xa case rematadas para que desfilen mañá, xoves, por todo Burela practicamente, polo centro e ata o auditorio municipal”.
Para Llano “traballouse ben e fixéronse unhas carrozas moi atractivas para que vaian nelas os Reis e que, ademais de levar os regalos para os rapaces e rapaces, a cabalgata sexa un espectáculo moi vistoso e importante”.
O alcalde animou á veciñanza a saír a gozar da cabalgata: “polo tanto animo a todo o pobo a que vaia a partir das sete da tarde, cando...
leer másO Concello de Xove vai celebrar mañá, 4 de xaneiro, o día da infancia con inchables durante todo o día. Os inchables vanse colocar na Piscina Municipal e no Pavillón de Deportes.
INCHABLES NA PISCINA MUNICIPAL. Teremos un númerro máximo de 30 persoas por turno, e poderase entrar ata 20 minutos depois de comezado o turno, sempre que haxa sitio.
MAÑÁN: (Nen@s e rapaces-zas).
De 11:00h. a 12:00h : de 5 a 8 anos.
De 12:00h. a 13:00h : de 9 a 11 anos.
De 13:00h. a 14:00h : de 12 a 15 anos
TARDE: (Nen@s e rapaces-zas).
De 16:30h. a 17:30h: de 12 a 15 anos.
De 17:30h. a 18:30h: de 9 a 11 anos.
De 18:30h. a 19:30h: de 5 a 8 anos
INCHABLES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES. Aquí non teremos límites de persoas.
O horario é de 16:00 a 20:00 horas ininterrumpido.
A entrada aos inchables da Piscina e do Pavillón é...
Este mércores, 4 de xaneiro, terá lugar a tradicional Gala de Nadal do Concello de Cervo, será na carpa instalada na Praza dos Campos, ás 20:00 horas.
Contará coas actuacións das agrupacións locais: Fol do Raxal, Coral do CIT, Coral Terramar, Cantareiras Cordenaia (Airiños do Xunco), Grupo Mistura e A Rebolaxe.
A segunda edición do RibaXogo está a ter unha gran acollida entre a rapazada. Este centro de ocio seguirá aberto ata o vindeiro domingo, 8 de xaneiro, na carpa instalada no parque de San Francisco.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, subliñou que “nos primeiros sete días do RibaXogo accederon a este centro de ocio máis de 1.300 nenas e nenos da nosa vila e do resto da contorna. Son moitas e moitos as nais e os pais que se achegan a Ribadeo a facer as compras típicas destas datas, a pasear ou a tomar algo na nosa hostalería e aproveitan para levar ás súas fillas e fillos ao RibaXogo”.
O RibaXogo está aberto hoxe e tamén os días 4 e 5 de xaneiro en horario de 17 a 21 horas. Pechará o día de Reis e o 7 e o 8 de xaneiro abrirá de 12 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas...
leer másSarabela Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego presenta a súa obra Asemblea Xeral en Ribadeo este mércores, 4 de xaneiro. Será no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Os prezos das entradas son: menores de 12 anos, de balde; xeral, 10 euros; e persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas, 5 euros. E despois da función de Sarabela Teatro ás 19:00 horas diante do Teatro farase a xuntanza para ir cantar os Reis e pedir o aguinaldo coa asociación Amigos da Gaita.
Ademais para este xoves, 5 de xaneiro, a Asociación de Amigos da Cabalgata ten todo disposto para que as súas maxestades os Reis Magos percorran a vila e saúden ás nenas e nenos. Sairán ás 19:00 horas dende o hospital asilo.
Na visita que as súas maxestades os Reis Magos de Oriente teñen prevista ao concello da Pontenova, anuncian, que van a comezar o seu percorrido probando a tirolina das Minas.
A cita será do 5 de xaneiro, e comezará ás 17:30 horas coa primeira parada na tirolina das Minas, cando remate esta “pequena aventura” continuaran ata a Praza dos Fornos onde percorrerán as rúas do concello, e onde esta prevista a súa chegada arredor das 18:00 horas. Despois trasladaranse a Casa da Cultura para repartir agasallos e caramelos a tódolos nenos e nenas que vaian visitalos.
A programación de Nadal organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo pecha esta semana con actividades en Carballedo, Lugo, A Pontenova, Viveiro e Cospeito.
O campo da feira de Castro de Carballedo (17.00 horas) e a escola de Pías, en Lugo, (20.00 horas) reciben mañá martes a visita da “filla do Apalpador”, un contacontos musicado no que a narradora Antía Vázquez e o músico Andrés Espiñeira falan ás crianzas desta personaxe tradicional de Nadal e da súa historia.
O espectáculo, co que a área de Cultura trata de afianzar a presenza de tradicións propias na representación do Nadal, pecha con estas dúas funcións a xira que iniciou o pasado 13 de decembro, pasando polos concellos de Portomarín, Guntín, Chantada, Triacastela, Ourol, Alfoz, Ribadeo, O Incio, Lugo, Pantón, Sarria, O Páramo, Sarria, Samos, A...
leer másDado o éxito da pista de xeo, ACIAM Xove decidiu ampliar os días de apertura para que todos os nenos e persoas que gustan de patinar teñan a oportunidade de disfrutar da mesma.
A pista, que en principio ía estar aberta ata o venres, 30 de decembro, agora vai prolongar a súa apertura ata o sábado 7 de xaneiro.
Os días que vai estar aberta na vindeira semana son: luns 2, martes, 3, mércores 4, xoves 5, (venres 6 pechada) e sábado 7 de xaneiro, sendo o horario diario de 16:30 a 21:30 h.