Eventos
Os participantes terán a oportunidade de gozar das impresionantes vistas da Serra do Xistral, ademais de visitar o dolmen de Santo Tomé ou o Prado das Chantas. Tamén coñecerán mais sobre a vida dos cabalos salvaxes e a tradición reflectida no curro onde se celebra a Rapa das Bestas. Ana Pena, de Guía Tu Día, será a encargada de conducir esta ruta.
A Mariña en Ruta rematará o 16 de decembro en Lourenzá. Esta visita será guiada por Carmen Delia, de La Guiateca.
A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado.
As actividades de A Mariña...
leer másO Concello de Burela celebra esta semana, nos días 2 e 3 de decembro, o seu mercado de nadal, que terá lugar na carpa situada na praza da Mariña.
O horario de funcionamento do mercado será de 11:00 a 20:00 tanto o sábado como o domingo. Ademais, o sábado día 2, de 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30, haberá obradoiros infantís coas monitoras da aula Gaia de educación medioambiental.
A convocatoria para participar no mercado, aberta a principios de mes para asociacións, entidades, artesáns e comerciantes, resultou ser un éxito, e o mercado contará finalmente con 30 postos de todo tipo.
A concelleira de Comercio de Proximidade de Burela e responsable da aula Gaia, Lina Gómez Pardo,anima a veciñanza a acudir ao mercado “para seguir dinamizando o comercio local nestas datas sinaladas, algo...
leer másO alcalde, Dani Vega, anima á veciñanza a achegarse ao parque de San Francisco ás sete da tarde. Tamén se inicia o Mercado do Nadal, que se prolongará ata o día 10 na contorna da praza de abastos.
O rexedor dixo que “mañá, venres, inauguramos o Nadal. Acenderemos o alumeado a partir das sete da tarde, despois inauguraremos o Mercado do Nadal e a continuación o photocall de Acisa para promocionar a nosa vila. E a partir de aí serán todas as actividades”.
Vega subliñou que “todos os días hai algo en Ribadeo. Sempre hai unha disculpa para vir visitar Ribadeo e os veciños e as veciñas teñen todos os días unha actividade arredor do Nadal”.
O alcalde convida a asistir: “mañá convidamos a todos os que queiran acompañarnos no parque de San Francisco ao acendido do alumeado de Nadal”.
...
O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o día 20 de decembro, mércores, ás 14:30 horas.
O comida será servida por Mesón O Sarredo e o menú inclúe empanadillas, callos, costela con patacas fritas, sobremesa e café. E actuará o dúo Estrellas. O prezo é de 25 euros por persoa.
Para participar hai que apuntarse nos Centros Veciñais ou no Concello antes do 17 de decembro.
O Concello de Foz ten preparada unha programación para as vindeiras semanas cargada de actividades. Para esta primeira semana de decembro o protagonismo é para o acendido do alumeado de Nadal, que se fará este venres, 1 de decembro.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “este venres, 1 de decembro, ás 18.30 horas na praza Conde de Fontao prenderemos o botón de acendido das luces de Nadal. Este é o primeiro evento dun Nadal cargado de actividades para os máis pequenos e para os maiores. Estaremos acompañados pola Banda de Música de Foz, que comezará a súa tempada de concertos de Nadal; agradecémoslles sempre a súa boa disposición a participar nos eventos do concello”.
O alcalde, Fran Cajoto, explica: “será un día cheo de sorpresas e ilusión para os máis pequenos. E ao longo do mes iremos colocando...
leer másO Concello de Barreiros está a compilar fotos antigas para elaborar entre todas e todos o calendario 2024 do municipio. Será un almanaque para o que a veciñanza aporta estampas das súas vivencias escolares ou dos seus devanceiros. Fará lembrar eses momentos pasados mes a mes axudando a evitar que os recordos se perdan na memoria esquecida.
Aquelas persoas que queiran compartir as súas fotografías poden poñerse en contacto co Concello a través da páxina de facebook ou nas oficinas municipais.
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo representará O Quebranoces o 1 de decembro no auditorio municipal Hernán Naval.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “este venres, 1 de decembro, a sección de Danza da EMMeD de Ribadeo porá en escena O Quebranoces, como adianto do Nadal. Será para 500 escolares de Primaria e tamén para as usuarias e usuarios do centro de día”. As sesións serán ás 10 e ás 11:30 horas.
A edil ribadense indicou que “servirá para achegar a danza a un público quizais non acostumado a este tipo de espectáculos”.
Sanjurjo engadiu: “agradecemos ao alumnado e ao profesorado da Escola de Música e Danza o esforzo para levar a cabo dúas funcións na mañá deste venres. Grazas de corazón”.
A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido do alumeado e coa inauguración do Mercado do Nadal. Os festivais, que se desenvolverán en decembro, serán no Cantón. A pista de xeo e Ribaxogo estarán situados na avenida Rosalía de Castro. E o Mercado do Nadal na contorna da praza de abastos. O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, foron os encargados de presentar o programa de actividades.
O rexedor sinalou que “presentamos este Nadal cheo de actividades e quero darlles as grazas tanto aos técnicos como aos concelleiros e tamén a Acisa por este traballo coordinado e planificado”.
Vega dixo que “con isto queremos dinamizar ao noso pobo desde un punto de vista social, cultural e tamén económico. É un Nadal cheo de actividades porque temos o...
leer másNo mes de decembro a programación da Delegación de Cultura comezará co Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Lourenzá o sábado 9 ás 19:00 horas no Salón de Actos. No mesmo lugar, tamén ás 19:00 horas, o día 17 poderase desfrutar do espectáculo de música e teatro para todos os públicos "Zona en Obras", con Brais das Hortas, e ao rematar farase a entrega dos premios do XXI Concurso de Postais de Nadal, no que ademais dos 3 premiados/as nas categorías de Infantil, 1º ciclo de Primaria e 2º ciclo de Primaria do CEIP Castro de Ouro, todos os participantes recibirán un diploma e un agasallo polas súas obras.
Rematará a programación cultural do mes en Alfoz con dúas tardes de festa para os nenos e nenas, de 17:30 a 20:30 horas no Pavillón Municipal os días 29 e 30 de decembro. Haberá inchables, pintacaras, música, xogos...e moitas...
leer másO Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula veñen de anunciar o cartel da quinta edición do Callo Fest, que terá lugar na Praza dos Campos de San Ciprián o venres, 29 de decembro, e que contará con Abaixo Cu Sistema e Deleiba como principais atrativos musicais.
O festival naceu no ano 2017 co fin de unir música e gastronomía á hora de celebrar unha festa de pre-fin de ano para todos os membros da familia. Coa súa quinta edición convértese xa nun dos atractivos da comarca no Nadal.
Este ano contará baixo a carpa do epicentro sancibrense con catro actuacións de rock, metal e punk rock, que rematarán a noite cun dj que pinchará diferentes estilos musicais. Todo iso, como sempre, redondeado cunha ración de callos ao remate de todos os concertos.
O principal reclamo musical da cita...
leer más












