Eventos
Desde o Concello sinalan que “este ano podemos recuperar unha das citas socioculturais máis peculiares do Vicedo. Trátase do desfile de Samaín, que vai celebrar a súa edición número 18 xa, e que conta coa axuda imprescindible da APA do Vicedo para poderse facer”.
Será o vindeiro luns, 31 de outubro, a partir das 19:30 horas saíndo da Casa da Cultura, pasando por varias rúas do Vicedo e regresando á Casa da Cultura para compartir todos os participantes unha chocolatada, ofrecida pola APA.
“Unha novidade deste ano será o obradoiro de lámpadas terroríficas que organiza a APA o luns pola mañá para nenos e nenas de Primaria, do que informará máis ampliamente a propia asociación. Lembramos a importancia de seguir a tradición deste desfile de portar traxes brancos (sexa sabas ou camisetas moi longas) para que os...
leer másPor Valadouro, Lourenzá, Trabada e Foz seguirá A Mariña en Ruta en novembro. A Mancomunidade ven de presentar os roteiros do vindeiro mes para os que está aberta a inscrición.
O 1 de novembro terá lugar a Ruta dos Pozos, no Valadouro. Os participantes poderán percorrer a ribeira do río Ferreira, onde se encontra a fermosa fervenza do Pozo da Onza e todo o seu entorno poboado de flora e fauna autóctona. Esta actividade estará guiada por Pedro Rolle.
O día 5 A Mariña en Ruta seguirá con O Conde Santo e o fenómeno medieval da peregrinación (Lourenzá). Esta ruta que mestura a cultura e a natureza da man de Lidia de la Fuente levará aos participantes polas terras do antigo Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, dende a igrexa de San Salvado, onde se atopa o sarcófago do Conde Santo, ata o Pazo de Tovar, símbolo de poder...
leer másO Concello de Burela anuncia a través da súa Delegación de Cultura que xa está aberto a partir de hoxe o período de inscrición para participar no rastro popular de Nadal destinado a asociacións sen ánimo de lucro da localidade.
O rastro celebrarase na Praza de Abastos o sábado 17 e domingo 18 de decembro, en horario de 10 a 20 horas ininterrompidamente ambos días. Poderán participar no mesmo todas as asociacións de Burela que non teñan fins lucrativos.
Segundo indican desde Cultura, as entidades interesadas poderán anotarse na Casa da Xuventude, ou ben chamando ao teléfono 982 58 01 41, deixando constancia do nome da asociación, unha persoa responsable e o contacto.
O prazo rematará o 1 de decembro, momento no que se concretará o número de asociacións participantes e as ubicacións dentro...
leer másEste domingo, 23 de outubro, ás 19.00 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Valadouro presenta unha nova actuación pertencente ao programa da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, Ler Conta Moito.
Nesta cita trátase dun obradoiro creativo de maxia denominado A Igualdade non ten truco a cargo da parella de magos formada por Carlos Tomico e Sara Rodríguez.
Desde o Concello do Valadouro apuntan que “na historia da maxia houbo importantes magas que marcaron o camiño para moitísimas nenas e nenos. Neste obradoiro de maxia para toda a familia aprenderemos sorprendentes trucos de maxia sinxelos de realizar e incribles historias de mulleres ilusionistas, antigas e actuais, que nos farán reflectir sobre a importancia da igualdade de xénero nas artes e na sociedade”.
Esta convocatoria ...
leer másO Grupo de Participación Adolescente do Concello de Burela organiza a “Noite do Terror” o próximo domingo día 30 de outubro a partir das 19:30 horas na Praza de Abastos.
O obxectivo da actividade será resolver o cluedo, onde as e os participantes deberán destapar un misterio que será contado o mesmo día antes de comezar a actividade.
Aínda que esta iniciativa está dirixida á mocidade, poden animarse persoas de todas as idades. A participación é gratuíta e grupal, de xeito que o único requisito é que se conformen grupos de dous a dez persoas como máximo.
Desde a organización animan a disfrazarse para esta cita, aínda que será unha decisión de cada participante, totalmente opcional.
Segundo aseguran desde o Grupo de Participación, “haberá unha serie de personaxes...
leer másVilanova de Lourenzá acollerá este domingo, día 23, desde as 09:30 horas a segunda edición da Feira Exposición do Cabalo Galego, na que participarán exemplares procedentes das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. O evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e tres representantes da organización: Isabel Casariego, da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e os laurentinos Diego Terrón e Zaira Braña.
A alcaldesa, Rocío López, explica que se organiza esta segunda edición do evento polo éxito que tivo a primeira, celebrada en outubro do ano pasado, e destaca que se prevé que este domingo a participación de exemplares e a presenza de público aínda sexa maior.
Diego Terrón, que ten exemplares de cabalos galegos, resaltou que “é unha feira dedicada ao cabalo de pura raza galega e ao...
leer másA asociación O Noso Foz e o Concello preparan a celebración do próximo sábado no Campo da Cabana na que se elixirá democraticamente a próxima Raíña do Entroido de Foz entre tres candidatas.
A concelleira de Cultura, Ines López Couto, explica que “será raíña porque no período de presentación de solicitudes todas as recibidas foron femininas, polo que o actual Rei, Roberto Gómez, cederá a súa coroa no mes de febreiro, con total seguridade a unha muller. Inicialmente foron seis as solicitudes recibidas, mais finalmente, por motivos persoais, tres decidiron non optar á elección e serán tres as candidatas á prezada coroa. Son nomes moi coñecidos en Foz e no seu Entroido, que xa defenden a súa candidatura: Uxía Valmayor Forés, da comparsa Sin Xeito; Icía Fernández Gómez, da comparsa As Farangullas; e Lucía López Lombardero, da comparsa Maloserá...
leer másVeciñas e veciños de seis concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total preto de 180 persoas dos municipios de Lugo, O Incio, O Páramo, Chantada, Castro de Rei e As Nogais as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.
Este martes, a Asociación Veciñal San Amaro de Barbaín, do Incio, e a Asociación de Comerciantes e Industriais da Milagrosa, de Lugo, viaxan á Mariña. Os primeiros comezaron a súa ruta na Granxa Gayoso Castro da institución provincial, antes de continuar cara Barreiros, para percorrer o seu paseo marítimo, visitar a praia das Catedrais e Rinlo e logo coñecer tamén o casco histórico da vila ribadense. Os de Lugo visitaron o Mazo...
leer másO Concello de Barreiros, desde a área de Educación Familiar do Departamento de Servizos Sociais e en colaboración coa Concellería de Participación e Dinamización Veciñal organiza o programa #BarreirosActivaMente. Este programa atende ás necesidades das persoas maiores para manter unha mente activa, estimulada e entretida.
Barreiros ActivaMente está destinado a persoas maiores de 65 anos, xubiladas maiores de 60 anos ou con discapacidade; que se consideren idóneas para participar nos mesmos.
As actividades levaranse a cabo en 4 lugares do concello e terán unha duración dunha hora semanal e unha taxa única de 10€/ano.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben presentar no Concello de Barreiros o anexo de pre-inscrición que se pode descargar desde a seguinte ligazón...
leer másBoa acollida da nova edición de A Mariña en Ruta, que daba comezo o pasado 8 de outubro. A actividade está organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
Desde a Mancomunidade explican que “nas tres rutas que xa tiveron lugar completáronse as prazas existentes, con xente en lista de agarda nas dúas primeiras”. E engaden que “para as dúas próximas rutas de outubro aínda quedan prazas, polo que animamos á xente a aproveitar esta oportunidade”. O día 22 será Bateando ouro en Alfoz, con Fran Canosa, e o 29 Burela: de asentamento castrexo a vila medieval, con Lidia de la Fuente.
Os asistentes á primeira das rutas, que tivo lugar o 8 de outubro por terras de A Pontenova, tiveron a oportunidade de visitar os Fornos de Vilaodriz e o nivel cero...
leer más