Eventos
O alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron o programa no campo da festa, na compañía da Comisión, encabezada por Francisco Fernández e Isabel Guerreiro.
A cita festiva será o domingo, 3 de xullo. Ás 13:00 horas está prevista unha misa solemne seguida da Procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú a cargo de Tania e o seu acordeón; que á noitiña, ás 21:00 horas, repetirá para amenizar o baile.
A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 2 de xullo.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e despois da pandemia, de dous anos sen haber festa, neste 2022 a Asociación Cultural de Sedeirismo de Barreiros xunto co equipo de fútbol Celta Barreiros e coa colaboración de Barreiros Mar e Monte organizamos e propoñemos un sábado cheo de actividades. Por exemplo, ás 10:00 da mañá imos facer unha ruta a pé dende a praza do Concello ata a Capela de Santo Estevo do Ermo. Aos participantes imos entregarlles gorras e pañoletas”.
Sobre o programa Gómez Puente conta que “haberá misa cantada polo...
leer másA Delegación de Turismo do Concello de Burela presentou esta mañá a súa programación de visitas guiadas para o verán 2022, coa que se pretende dar a coñecer e poñer en valor os oficios tradicionais e artesanais ligados ao mar, o legado xeolóxico con fonda pegada na localidade e declarado de relevancia internacional, así como o patrimonio histórico-artístico, apostando por un turismo slow, sostible e de calidade.
No acto de presentación realizado no Barco Museo Reina del Carmen, estiveron presentes o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, a edil do Mar, Carmela López, e o xerente de ABSA, Miguel Neira, acompañando a distintos guías que realizarán as visitas este verán desde as súas asociacións ou entidades, como Mª Jesús Alonso, guía, redeira e presidenta da Asociación de Redeiras Cabo Burela;...
leer másPreto de 160 veciños e veciñas da provincia benefícianse esta semana do programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia, destinado a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos lucenses. Viaxanseis asociacións de diferentes zonas do territorio lucense, que percorrerán A Mariña interior, a Terra Chá, e a Ribeira Sacra.
Este martes, a Asociación de Veciños Os Cinco Ríos, doCorgo, e a Asociación Os Milagres de Saavedra, de Begonte, son os dous primeiros colectivos en participar esta semana nas visitas.
Os de Begonte coñeceron este martes as instalacións e o traballo que desenvolve a Deputación de Lugo na Granxa Gayoso Castro, e posteriormente puxeron rumbo cara O Inciopara descubrir o encoro de Vilasouto cunha ruta circular a pé, así como a igrexa de San Pedro de San Fiz do Hospital, a aldea de Ferrería e o...
leer másA piscina municipal de Alfoz estará aberta do 1 de xullo ao 31 de agosto. Será de luns a domingo de xeito ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas. Segundo informan desde o Concello de Alfoz a entrada será libre e gratuíta.
Os establecementos asociados a Acisa repartirán 100.000 rifas que se porán en circulación dende mañá, 24 de xuño, ata o 10 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano.
Segundo indicou Jesús Pérez, xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, “dende Acisa quixemos poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias, para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano e deste xeito fomentar tamén a economía local, tanto no comercio, coma na hostalaría e nos servizos, por iso nesta nova edición repetimos o sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Cuba. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa na edición do ano 2019 e por iso nos podía faltar este ano. Dende Acisa estamos a traballar en premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época...
leer másDo 26 de xuño ao 9 de outubro terá lugar o XXI Mercado dos Domingos na contorna da praza de abastos. Unha cita que impulsa a alimentación de proximidade, a sostibilidade e o consumo local.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “coa chegada do verán, retómanse actividades e tradicións propias desta época. Unha delas é o Mercado dos Domingos,que xa vai pola vixésimo primeira edición e que se celebrará na contorna da praza de abastos de Ribadeo cada domingo dende o 26 de xuño ata o 9 de outubro”.
O edil ribadense explicou que “o Concello de Ribadeo organiza este mercado en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Trátase dun mercado de proximidade de produtoras e produtores da zona no que se poden atopar produtos da horta, outros alimentarios como queixos ou pan e...
leer másSeis entidades de toda a provincia participan, dende este martes e ata o xoves, no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Esta semana serán colectivos de Lugo, Pantón, O Páramo e Vilalba os que viaxen gratuitamente grazas a esta iniciativa impulsada pola institución provincial para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural dos diferentes concellos do territorio e dinamizar así a actividade do turismo, a hostalería e o comercio.
Os percorridos levarán a un total de 120 veciños e veciñas durante estes tres días aos concellos de Sober, Barreiros, Ribadeo, Cervo, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.
A Asociación Orfeón Xoan Montespercorreu este martesa Produtora de Audiovisuais da institución provincial da man do Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, que destacou que con esta...
leer másCubertas todas as prazas das IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta e da Deputación de Lugo para a súa promoción.
A primeira quenda tivo lugar a pasada fin de semana do 17 ao 19 de xullo. Os asistentes coñeceron o venres o traballo realizado polas redeiras de Cabo Burela, visitaron o barco museo Reina del Carmen e tamén a empresa Conservas Faro Burela. O sábado a protagonista foi a Ruta dos Artesáns de Mondoñedo, con visita ao talle de monicreques de Ton Arenas, ao barrio dos Muíños, ao alfar Esquina Atlántica e ao casco histórico de Mondoñedo. E o domingo en Viveiro coñeceron as instalacións de Regal Cerámica e percorreron o paseo fluvial Alcalde Cerdeiras e visitaron a exposición permanente nos Claustros de...
leer másA Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade organiza, en colaboración co colectivo As Vacas Fracas, unha serie de actividades de carácter lúdico para conmemorar e reivindicar o próximo 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ (Lésbico, gai, trans, intersexual, queer).
Cada ano conmemórase este día en recordo aos disturbios de Stonewall, Nova York, en 1969, cando a policía cargou con extrema violencia contra varios establecementos frecuentados por persoas LGTB. Desde entón, houbo un punto de inflexión, a comunidade LGTB comezou a loitar polos seus dereitos e creou campañas que conseguiron converterse en símbolos internacionais pola defensa da liberdade e a promoción da igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Desde a Concellaría de Igualdade sinalan que “a diversidade sexual e de xénero...
leer más