Eventos
Hoxe foi presentada a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que se desenvolverá do 10 ao 12 de xuño e que estará centrada na figura de Antonio Raimundo Ibáñez. A programación inclúe un ciclo de conferencias, representacións teatrais, demostracións de oficios tradicionais, actuacións musicais e actividades para os máis pequenos. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, e tamén a técnica de Turismo, Begoña García.
Vizoso Galdo explicou que “vimos de presentar a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que terá lugar os día 10, 11 e 12 de xuño. Trátase dun proxecto pensado para dar a coñecer ao conxunto da cidadanía ribadense e aos visitantes a importancia dunha época histórica na que tiveron lugar unha serie de acontecementos ao longo dos séculos XVIII e XIX que mudaron...
leer másO Concello de Cervo, a través das delegación de Xuventude e Educación, que dirixen Denise Galán e Dolores García Caramés, respectivamente, vén de convocar o programa “Cervo a carón do voluntariado V”, dirixido á mocidade de entre 16 e 30 anos.
O obxectivo xeral do proxecto de voluntariado xuvenil é poñer en práctica a implicación solidaria e o compromiso activo da comunidade moza coa sociedade a través do desenvolvemento cultural e social.
Ábrese a convocatoria para todos aqueles mozos e mozas que queiran participar como voluntarios/as nas diferentes actividades previstas durante todo o verán. As persoas interesadas poden recibir máis información no teléfono 691 65 66 00 e deben presentar a súa solicitude na Casa da Cultura de San Ciprián.
O proxecto de Acción Voluntaria arrincará o 15 de...
leer másDesde Nordés Faladora sinalan: “como ben sabedes, a pandemia cambiou a nosa forma de vida neste último ano e medio en moitos aspectos, sendo no campo das relacións sociais onde podemos dicir que o prexuízo foi maior, limitando a interacción entre persoas que tan necesaria é para os seres humanos en xeral e para as crianzas en particular. Unha das consecuencias das restricións sanitarias foi a interrupción das actividades lúdico-pedagóxicas que Nordés viña organizando regularmente en colaboración cos colexios de O Vicedo e Mañón ata a chegada da COVID-19”.
E subliñan que “agora, coa case total desaparición das restricións, é o momento en que Nordés volve a propoñer a realización de actividades nas que desexamos contar coa participación da rapazada xunto coas súas familias e así recuperar dinámicas relacionadas coa natureza e a súa...
leer másA Mariña e a Ribeira Sacra son os territorios que percorrerán esta semana os participantes no programa da Deputación de LugoCoñece a túa provincia. Dende hoxe ata o venres a veciñanza de Vilalba, Lugo, Baleira, Outeiro de Rei e Alfozcoñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.
A Asociación de Veciños de Santa Eulalia de Román, de Vilalba, e a Asociación de Prexubilados e Xubilados Xubilia Lucus, de Lugo, foron este martes as primeiras entidades en participar na programación desta semana.
Os vilalbeses coñeceron o Mazo de Santa Comba e, posteriormente, desprazaranse o concello de Sober, cunha visita á rectoral de Gundivós e á igrexa románica de San Xiao de Lobios. Ademais, visitaron a Ribeira Sacra a través dun percorrido no catamarán da Deputación.
... leer másDesde este verán, e concretamente desde o 4 de xuño poderase realizar un novo tipo de visita á Cova máis grande de Galicia. Acompañados por dous guías expertos, esta proposta ofrece un maior percorrido, duración e grao de dificultade.
VISITA AO RÍO
A Visita ao Río faise nunha cova en estado natural e ten dificultade media-alta, polo que se solicita un bo estado físico.
A visita, que ten un custo de 30 € por persoa, é guiada en grupos reducidos e a idade mínima son 18 anos. (Grupo mínimo 5 persoas e máximo 8 persoas).
Proporciónase casco con iluminación, luvas de vinilo, luvas de coiro, cobre-cabelo e un mono refugable con carapucha.
É necesario levar calzado pechado con fondo de goma para evitar escorregar (traelo aparte, para poñer no momento de equiparse antes de entrar en cova). Recomendable bota de montaña alta ou bota de goma que agarre o...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha recollida de lixo o vindeiro 5 de xuño polo día do Medio Ambiente. Será ás cinco da tarde (17:00 horas) na praia das Illas.
Segundo explican “trátase dunha recollida de lixo e lectura de textos en galego sobre o medio ambiente. Contaremos coa participación de Patricia, que é biólogo e corazón de O Ferrado Marelo”.
As persoas que queiran participar poden anotarse en agrupacionfranscicolanza@gmail.com
Colabora coa organización o Concello de Ribadeo.
O Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos Lourenzá organizan unha aventura sobre rodas que levará o nome do municipio laurentino ata terras de Noruega, concretamente a Nordkapp. “Dous aventureiros do club de clásicos de Lourenzá emprenderán unha apaixonante viaxe a bordo dun coche Dyane 6 e unha moto Vespa 200 dende a Terra da Faba. A saída dos protagonistas desta aventura está prevista para este sábado, 28 de maio, ás 12:00 horas no Cantón. O venres a partir das 8:00 horas inaugúranse os actos da saída cun espectáculo dun globo aerostático cautivo (estático) no Campo dos Bolos, cortesía de Íkaro Globos (Asturias) que dará publicidade ao evento e que poderá verse ao lonxe, dende os concellos limítrofes”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
A rexedora municipal destaca que “esta acción de promoción turística levará a Lourenzá...
A asociación cultural xuvenil O Castelo organiza as festas do San Xoán en Alfoz na noite do 23 de xuño.
A partir das 21:00 horas, no campo da festa de San Pedro de Mor, comezará a cea composta por sardiñas, touciño, chourizo e pan. Os prezos serán populares e de balde para os socios.
A festa estará amenizada por Discoteca Móbil Pisando Pista.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.
Viveiro acolle este venres, día 27 de maio, a celebración dos Maios grazas a unha actividade organizada de forma conxunta pola Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro e o Concello, en colaboración cos colexios Lois Tobio, San Roque, Galdo, Landro e Covas.
Participarán nesta festividade preto de 600 nenos e nenas que se xuntarán na Praza Maior ás 11:30 horas, para percorrer posteriormente ataviados con motivos florais as rúas Margarita Pardo de Cela, Avda de Cervantes, Vilar Ponte, Almirante Chicarro e Pastor Díaz, volvendo para finalizar á Praza Maior, onde cantaran as cancións dos Maios e disfrutarán dun refrixerio.
“Dende o Concello de Viveiro consideramos que é fundamental fomentar e potenciar este tipo de celebracións propias da nosa cultura e tradición, evitando que se perdan e involucrando nas...
leer másA asociación do barrio dos Muíños, de Mondoñedo, e a asociación cultural O Pasatempo organizan o Foleón de San Xoán na noite do 23 de xuño.
O programa dará comezo ás 17:00 horas con actividades para nen@s nas que haberá colchonetas inchables. Ás 21:30 horas comezará a cea e ás 23:00 h. celebrarase verbena co Dúo Epo-K e actuación de DJ. Ás 00:00 horas procederase ao acendido do foleón.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Mondoñedo e Puzzle Animación.