Eventos

16/05/2022

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou onte a terceira etapa do Camiño Inglés. 46 persoas percorreron o treito comprendido entre Pontedeume e Betanzos. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa dura, de subidas e baixadas, e longa, de 19 quilómetros, polo que chegamos cansados. Pasamos por zonas moi boscosas con subidas importantes. Saímos de Pontedeume e chegamos a Betanzos, onde acabamos a xornada cunha comida no restaurante El Arrozal, que estivo moi ben. Tivemos bo tempo porque foi un día de sol”.

E engadiu que “participamos 46 peregrinos da Mariña, sobre todo de Barreiros, Ribadeo, Trabada e Foz. Nesta etapa recibimos a visita da xefa de área provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, que é desa zona, concretamente de Cabanas, xa que grazas a ela...

leer más
Etiquetas:
16/05/2022

As actividades do Renacer do Cantil, organizadas pola Concellaría de Turismo, están a ter unha moi boa acollida. Todas as prazas se están a completar. Esta pasada fin de semana houbo arrolos o sábado e Tai Chi o domingo. 

Piñeira foi o escenario elixido para o desenvolvemento dos Arrolos do Cantil na mañá do pasado sábado, unha actividade que foi impartida por Vanessa González, de Siete ranas verdes, profesora de ioga e guía de baños de bosque. A cita perseguiu o benestar físico e mental, a través de técnicas de relaxación na natureza, respirando aire fresco, apreciando o entorno, escoitando o son das ondas, sentindo a suavidade da herba fresca e os suxerentes aromas do mar. O entorno foi decorado para a ocasión.

E onte, domingo, no Cargadoiro tivo lugar unha sesión de Tai Chi. Héctor Peña introduciu aos...

leer más
15/05/2022

O vindeiro 21 de maio (sábado) terá lugar o Festival da Terceira Idade para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas. Poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.

 As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse nas Oficinas Municipais ata o día 18 de maio.

Etiquetas:
14/05/2022

O vindeiro sábado, 21 de maio, a AECC de Ribadeo organiza un festival de danza solidario, contra o cancro coa colaboración da Escola Municipal de Música e Danza e outras persoas.

Será no Auditorio Hernán Naval as 20:00 horas.

Desde a organización agradecen “tamén o Concello de Ribadeo” a axuda e colaboración para realizar dito festival.

 

13/05/2022

O Concello de Ribadeo organiza o programa As parroquias en marcha, que dará comezo o vindeiro 23 de maio. Para participar nas actividades, que se desenvolverán ata o 18 de xullo e de setembro a decembro, é preciso inscribirse do 16 ao 20 de maio chamando á Casa da Xuventude ao teléfono 982 129 889. A veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias, excursións e teatro.

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo: “desde o Concello de Ribadeo queremos anunciar que volve outra vez o programa de actividades ás nosas parroquias. Nesta ocasión o nome que lle puxemos é As parroquias en marcha. É necesario volver activarnos, volver reencontrarnos cos nosos veciños e coas nosas veciñas e poder desfrutar daquelo que máis nos gusta e tamén das...

leer más
Etiquetas:
13/05/2022

O complexo Regalxunqueira de Viveiro realiza unha serie de actividades con motivo da Semana dos Museos, que se desenvolverán o venres e o sábado coa celebración dunhas xornadas de portas abertas.

O venres inaugúrase unha mostra das pezas mercadas, donacións e adquisicións por parte de Regalxunqueira para ampliar as obras dos museos, entre as que cabe salientar un prato de Picasso, a Cabra de Xulia Ramallo, un plato de M.Marco, un xarón chinés da Dinastía Ming, unha placa cerámica de Ruiz de Luna, pezas de cerámica figurada de María Conceuceicao Sapateiro e un mural de Nacho Porto.

Nas xornadas de portas abertas de Regalxunqueira pódese ver un documental realizado pola produtora madrileña Napama encol da obra de Otero Regal e o complexo e obradoiros de Xunqueira, titulado Terra, auga e lume.

... leer más
Etiquetas:
12/05/2022

A Concellería de Cultura anuncia que hoxe abre o prazo de inscrición para participar no Gran Karaoke que se celebrará no marco das Festas Patronais. O Auditorio Municipal dará cabida a este evento o mércores día 1 e o xoves día 2 de xuño, agardando a boa acollida que tivo en pasadas edicións.

Os participantes distribuiranse nas categorías infantil e xuvenil, que interpretarán as súas pezas o mércores a partir das 20:30 horas, e na categoría senior para adultos, que comezará o xoves ás 21 horas.

Para poder inscribirse, as persoas interesadas poderán empregar distintas modalidades, ben achegándose presencialmente á Casa da Xuventude sita na rúa do Cancelo nº 1, chamando por teléfono ao 982 58 11 41, ou ben enviando un correo electrónico á dirección casaxuventude@burela.org...

leer más
Etiquetas:
12/05/2022

O artesán Telmo Cao abre as portas do seu obradoiro, instalado na antiga nave de fundición de Sargadelos, ás visitas guiadas, previa cita, e con fins didácticos e divulgativos.

O edil de Turismo, David Rodríguez, quixo compartir a primeira das experiencias cun grupo de 39 persoas procedente da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, da Coruña; en concreto alumnado e corpo docente de todo o centro, das especialidades de escultura, cerámica, ilustración e deseño de interiores.

Cao amosoulles in situ todo o proceso de desenvolvemento dun proxecto artístico, “desde a idea conceptual, pasando polos bosquexos ata chegar ao resultado final, previo paso pola forxa e o martelo para darlle a forma definitiva”.

O artesán quixo destacar que estas visitas nacen como un complemento á...

leer más
Etiquetas:
12/05/2022

As festas na honra a San Xoán Bautista en Covas darán comezo o día 23 de xuño coa verbena amenizada pola orquestra Miramar e o grupo Arizona. 

O venres 24 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Escola de Gaitas Cacharela de Covas ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e a procesión acompañada pola Banda Naval de Viveiro e despois sesión vermú coa orquestra Trébol. Ás 22:30 horas terá lugar a verbena coas orquestras Trébol e Acordes.

O sábado 25 ás 11:00 horas comezará o pasarrúas con Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Suavecito e, ás 20:00 horas, gran sardiñada no Campo da Pascua. Ás 22:30 horas celebrarase a verbena coas orquestras Suavecito e Magos.

As festas rematarán o domingo 26 que será o Día do Neno. Dende as 17:00...

leer más
Etiquetas:
11/05/2022

A Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao balneario Forus, de Xixón, o vindeiro 29 de maio. Forma parte das actividades de lecer para as mulleres que este departamento retoma despois da pandemia do covid. O Concello costea un autobús con 50 prazas e as asistentes aboarán 18 euros por acceder ao balneario. O prazo de inscrición ábrese mañá, 12 de maio, e rematará o 25. 

A edil Mariluz Álvarez Lastra dixo que “coa chegada da pandemia, os últimos anos,  esta iniciativa non se puido levar a cabo. Con todo, agora recuperamos esta actividade dirixida exclusivamente a mulleres adultas. As interesadas poderán anotarse enviando un correo ao CIM: cim@ribadeo.org ou chamando ao telefono 982 120 739. Temos 50 prazas dispoñibles”. 

A concelleira de Igualdade sinalou que “con esta...

leer más