Eventos
Activas entre os anos 1896 e 1966, as Minas da Silvarosa representaron un dos xacementos máis importantes de ferro de Galicia, con boa parte da súa produción destinada á exportación.
Neste roteiro ao patrimonio mineiro de Viveiro visitaranse distintas instalacións das antigas minas, na contorna dunha fermosa paisaxe natural, coas explicacións correspondentes do xeólogo Eduardo González Clavijo.
As áreas de Medio Rural e Turismo do Concello de Viveiro colaboran na organización desta actividade, co obxectivo de seguir contribuíndo a preservar o patrimonio e a memoria do municipio, á vez que os seus espazos naturais.
A actividade comezará ás 10:00 da mañá do sábado 7 de outubro e a inscrición na mesma é gratuíta. As prazas son limitadas, polo que será necesario contactar previamente coa...
leer másO Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Lugo o día 8 de outubro, coincidindo co popular Domingo das Mozas, xornada destacada nas festas do San Froilán.
Os organizadores explican como será a actividade: “antes de arribar a cidade das murallas, na entrada da capital, visitaremos a igrexa románica de Santiago de Meilán, do século XII, e as carballeiras dos arredores. Logo realizaremos un pequeno recorrido polo casco histórico lucense e algunha das portas máis importantes. Deseguido, en distintas rúas lucenses, poderemos gozar de variadas actuacións folclórico musicais e do ambiente dos viños no centro. Despois xantaremos na Pulpería Restaurante Manolo de Marce, onde degustaremos un gorentoso menú composto de entrantes, polbo á feira, carne ao caldeiro e sobremesas típicas. Pola tarde faremos unha visita aos...
leer másO Alto do Cruceiro, en Xuances (Xove), celebrará a Festa do Ramo os días 6, 7 e 8 de outubro, de venres e domingo. O campo estará cuberto por unha gran carpa.
O venres a partir das 20:00 horas terá lugar a XV Festa dos Callos. Cada ración con pan e viño ten un prezo de 7 euros. E ás once da noite empezará a verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discomóbil Conxuro.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Galia, que tamén amenizará a verbena, acompañada pola discomóbil Conxuro.
E para o domingo ás 13:00 horas está programada sesión vermú prolongada, na que actuará o dúo D’Caché.
A presentación das festas foi onte e contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e representantes da comisión de festas de San Miguel de Galdo.
Verbenas, actos relixiosos, degustación de carne de porco á brasa… e a oportunidade de pasar un bo rato con familiares e amigos.
O sábado haberá servizo de autobús gratuíto para a verbena desde a estación de autobuses.
Villapercide, no municipio de Trabada, celebra as festas na honra de San Miguel esta fin de semana, desde o venres 29 de setembro ata o domingo 1 de outubro. O recinto estará cuberto con carpa.
O venres empezarán os actos ás 12:00 horas con misa solemne seguida de procesión e sesión vermú coa disco móbil The Sound Project. Pola noite haberá verbena co grupo Los Coleguitas. De 20:30 a 00:00 horas Pulpería Mario, de Lugo, servirá churrasco, polbo e xamón cocido.
Para o sábado a programación inclúe misa solemne ás 13:30 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo Superstar e a disco móbil The Sound Project, que tamén estarán na verbena.
E o domingo celebrarase misa solemne ás 12:00 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo de gaitas Illa Pancha e a disco móbil The Sound...
leer másO 7 de outubro arrinca a cuarta edición deste programa de outono de visitas e rutas guiadas en torno á cultura e natureza da Mariña Lucense, A Mariña en ruta, proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro desenvolveranse 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca terá un papel destacado. Será durante as fins de semana e tamén os festivos 12 de outubro e 1 de novembro. O acto de presentación tivo lugar este mediodía no Cenima, en Foz.
O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, subliñou que “tras o éxito de A Mariña en Ruta nos anos 2020, 2021 e 2022 con máis de 700 participantes nas 3 edicións celebradas, o proxecto pretende continuar neste 2023 dando a coñecer a riqueza...
leer másA décimo sexta edición da Feira de Antigüidades e Artesanía da Pontenova celebrarase do 8 ao 10 de decembro (venres, sábado e domingo). Anunciouno o Concello de A Pontenova, que fixo público o cartel.
Este evento inclúe como actividade paralela unha xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos, que chega á súa sétima edición.
Este domingo, día 1 de outubro, empeza a nova tempada dos Bailes dos Domingos na Sala Bahía de Foz. Nesta ocasión actuará José Manuel Abanico.
E xa están programadas as actuacións para os seguintes domingos de outubro: o día 8 o baile estará amenizado polo dúo Venús, o 15 actuará Aixa Romay, o 22 a música estará a cargo do dúo Matices e o último domingo do mes, o día 29, actuará Manu Contre.
A novena edición da VespaFaba & Clásicos Lourenzá celebrarase esta fin de semana, sábado 30 de setembro e domingo 1 de outubro, durante a Festa da Faba. O evento foi presentado hoxe, martes, por unha representación dos organizadores -a asociación VespaFaba & Clásicos Lourenzá- e a alcaldesa laurentina, Rocío López García.
A primeira xornada está dedicada a scooters e motos clásicas. A partir das 10:00 horas farase a recepción e exposición na rúa Fernández del Riego; ás 11:30 haberá ximcana e probas de habilidade; ás 13:30 horas comezará a ruta e ás 15:00 no Bar Pitero terá lugar un xantar con entrega de premios e sorteos.
E o domingo os protagonistas do evento serán os coches clásicos. A partir das 10:00 horas farase a recepción e exposición na rúa Fernández del Riego; ás 13:30 horas sairá a ruta dos...
leer másO Concello de Viveiro anunciou hoxe a dixitalización de máis de 80 quilómetros de rutas de sendeirismo e paseos, dentro do programa ‘Descubre Viveiro’, para impulsar o turismo sostible e de natureza.
A presentación das rutas correu a cargo da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Turismo, Marisol Rey, e Horacio Albo, de EI Estudio de Comunicación.
“Desta maneira, foméntase un turismo desestacionalizado e respectuoso cos nosos numerosos recursos naturais, o Souto da Retorta, a ruta dos Muíños de Balea, a subida aos nosos montes máis importantes, San Roque, Castelo, Penedo do Galo, o paseo fluvial, o paseo marítimo e moitos máis, evitando deste modo as masificacións nun so lugar”, explicou a alcaldesa de Viveiro.
Marisol Rey engadiu que “os visitantes poden consultar...
leer más












