Eventos
O Concello de Barreiros, a través da súa Concellería de Dinamización, presentou este xoves a programación do Entroido Barreiros 2025, “unha proposta chea de diversión, participación e tradición na que teñen cabida actividades para todas as idades”. As actividades desenvolveranse os días 2, 5 e 7 de marzo.
Dará comezo o domingo 2 de marzo coa Festa Infantil de Entroido que terá lugar no centro sociocultural de San Cosme de 17 a 20 horas. A cativada poderá gozar dunha tarde “chea de cor e fantasía con animación musical, xogos, baile e agasallos para as persoas que acudan disfrazadas. O espazo contará unha decoración especial elaborada polo obradoiro de emprego”.
O mércores 5 de marzo, o Concello de Barreiros organiza un Obradoiro Infantil de Disfraces como medida de conciliación familiar neses días non lectivos....
leer másO Concello de Cervo xa está traballando na organización do XVIII Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía que se celebrará o día 5 de abril, sábado, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada; e polas palilleiras de San Ciprián na Casa do Mar, no local que empregan para desenvolver a súa actividade.
Dolores García destaca que “con 18 anos de historia, o Encontro de Palilleiras é un evento máis que consolidado en Cervo co fin de poñer en valor unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva. Unha cita que rende homenaxe á paciencia, á dedicación e á creatividade de todas esas persoas que manteñen viva esta artesanía tan especial que garda un legado que se transmitiu de...
leer másA asociación cultural e deportiva As Minas, da Pontenova, pon en marcha unha nova iniciativa, denominada Actividades en familia, que comezará o día 25 de febreiro, martes, de 17:30 a 18:30 horas, na Casa da Cultura.
A organización explica que é “unha iniciativa orientada a un traballo conxunto entre todas as familias. A finalidade é que cada semana unha familia organice a actividade que decida levar a cabo”.
É unha actividade dirixida a familias con crianzas entre 0-5 anos.
A inscrición debe facerse a través do número de teléfono 626.098.702 antes do 21 de febreiro.
O Concello de Viveiro publicou as bases para inscribirse no concurso de disfraces e no desfile de Entroido que terá lugar o martes 4 de marzo. Especifican as normas reguladoras de participación, así como as axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes no desfile e concurso de disfraces. Establécense diferentes categorías de adultos -carrozas (cun mínimo de catro participantes), comparsas, grupos, parellas e individual- e infantís, con individuais, parellas e grupos.
O prazo de inscrición para o desfile é do 20 ao 28 de febreiro no rexistro ou na sede electrónica do Concello de Viveiro.
O xurado estará composto por un mínimo de tres membros designados pola organización do concurso e valorará o vestiario e orixinalidade dos disfraces, así como a posta en escena.
Os focenses Ana Pena e David Val organizan este domingo 23 unha visita novidosa no municipio de Foz.
A mañá comezará cun paseo guiado polo río Centiño da man da guía turística Ana Pena (Guía tu día) no que se falará de historia, fauna e flora. Deseguido visitarase as Casiñas A Comarca, un poboado Hobbit feito a man polo seu ártifice David Val, que conta que "vivín toda a miña vida no campo e iso permitiume coñecerme ben. Sempre me guiei polo meu instinto e iso levoume por camiños singulares, como dar a volta ao mundo en bicicleta en solitario, escribir un libro contándoo ou agora emprender a creación dun poboado Hobbit".
"O lugar é unha marabilla, todo está feito a man e con moito mimo, empregando diversos materiais naturais e recuperando oficios. Un punto de encontro de oficios e saberes de proximidade que está...
leer másO Concello de Mondoñedo, coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía, pon novamente en marcha a campaña de visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo na campaña 2025. No presente ano comezan o día 1 de marzo, sendo visitas de fin de semana: venres, sábados e domingos, ofrecendo un grupo pola mañá (11 horas) e outro pola tarde (16 horas); ampliándose esta oferta durante a Semana Santa, na que se ofrecen visitas todos os días.
A partir do mes de abril as visitas serán en fins de semana e festivos ata o verán, no que xa serán todos os días da semana e engadirase un grupo máis na oferta, o das 18:30 horas.
As visitas turísticas lévanse a cabo na galería central da cova sobre un percorrido de 300 metros, que supón unha visita dentro da cavidade de 1 hora e 15minutos aproximadamente. Pídese para poder facer as...
leer másA concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo: “feliz estou de anunciar que xa temos comisión de Carnaval en Ribadeo. Está formada por persoas, de sobra coñecidas no noso pobo, amantes do Carnaval e moi participativas na vida asociativa de Ribadeo”.
A edil ribadense tivo palabras de agradecemento para este grupo de persoas que integran a comisión do Entroido: “desde o Concello agradecemos moitísimo a súa implicación, aínda que xa eran colaborares de toda a vida, animáronse a dar este paso tan importante para o Entroido ribadense”.
Saiz contou que “xuntos estivemos traballando na programación deste Entroido e xuntos seguiremos traballando para os vindeiros Entroidos. Ribadeo ten moitísima actividade e un grande número de citas festivas que precisan de persoas que se impliquen na súa organización. Desde o...
leer másFoz celebrará o Xoves de Comadres o día 27 de febreiro cunha cea na Sala Bahía ás 21:30 horas. O evento está organizado polas asociacións Afammer e de Amas de Casa.
O prezo para as socias dos colectivos organizadores é de 25 euros e as que non o son terán que pagar 28 euros. O prazo para anotarse está aberto ata o día 25 de febreiro.
O Concello de Cervo, en colaboración coas diferentes asociación de mulleres do municipio -Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras e Mulleres en Igualdade- programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Muller, que foron consensuados nun encontro que mantiveron a alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, coas representantes destes colectivos, na Casa da Cultura. O sábado, 8 de marzo, está prevista unha andaina que partirá do Faro da Atalaia ata a Casa do Mar, ás 17:00 horas, e a continuación as persoas participantes poderán compartir un café e tamén desfrutar dunha exhibición de danza oriental. Xa o domingo 9 de marzo, ás 15:00 horas, está previsto o tradicional xantar no restaurante O Noso Lar. As interesadas poden mercar os seus tickets no propio...
leer másO Concello de Burela celebrará, este venres 21 de febreiro, a vida e a obra de Rosalía de Castro, con motivo da conmemoración do seu aniversario o 23 de febreiro.
O acto terá lugar a partir das 11:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa participación dos centros educativos públicos do municipio.
Para comezar, a cativada da Escola Municipal de Música de Burela e dos colexios CEIPP Vista Alegre e o CEIPP Virxe do Carme interpretará cancións que musican textos da célebre escritora galega co fío condutor da súa vida.
Logo será a quenda dos centros de secundaria, na que os rapaces e rapazas dos IES Perdouro e do IES Monte Castelo lerán diversos textos de Rosalía, así como un manifesto a prol da lingua galega.
Pola tarde celebrarase unha maratón de lectura de...
leer más