Eventos
A vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, Ana Ermida, e a xerente do Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, reuníronse en FITUR con membros de Daboecia Arte y Naturaleza, que desenvolverá do 28 ao 30 de marzo en Barreiros o Encontro de Turismo e Observación da Natureza NatureWatch A Mariña Lucense. Na xuntanza aproveitaron para compartir detalles do evento, que incluirá charlas técnicas e divulgativas, saídas de campo e tertulias temáticas.
Os encontros NatureWatch son foros especializados de ecoturismo que se celebran en diferentes puntos de España, atendendo ás características singulares de cada lugar. Teñen como obxectivo contribuír ao impulso do turismo de observación da natureza e no caso da Mariña servirá para poñer en valor os recursos naturais locais e o potencial do territorio para desenvolver...
leer másA parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebrará a novena edición da súa Festa dos Callos este sábado, día 25 de xaneiro.
As actividades comezarán ás 21:00 horas cunha cea e tamén haberá unha actuación musical.
Este evento está organizado pola Asociación Santa Cecilia e colabora o Concello de Foz.
O Concello de Foz continúa o seu traballo na organización do Entroido deste ano. O primeiro evento do mesmo é a Cea de Coroación da Raíña, que será o día 15 de febreiro na carpa da rúa Atalaia. Neste evento a raíña entrante, Coral Rey Oliveros, recibirá a coroa da raíña saínte, Carlota Fernández del Riego. Coma nos últimos anos, a maneira de anotarse é a través do correo electrónico, polo que se pon a disposición a dirección entradascoroacionfoz@gmail.com para facer a inscrición. O prazo comeza o luns 27 de xaneiro ás doce da noite e remata o 2 de febreiro.
O Concello de Foz explica que “as entradas serán outorgadas por orde de entrada e ata cubrir o aforo. Para anotarse será necesario enviar un listado cos nomes das persoas que queren acudir, o nome da mesa (tradición desta cea), así...
leer másA Deputación de Lugo abriu hoxe, xoves 23 de xaneiro ás 12, o prazo de presentación das solicitudes para participar na quinta edición do programa de viaxes gratuítas para entidades sen ánimo de lucro Coñece a túa provincia. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este mércores as bases da convocatoria desta tempada 2025, durante a que a institución provincial ofrecerá máis de 3.000 prazas.
Os colectivos terán ata o vindeiro 5 de febreiro para presentar a súa documentación no Rexistro Xeral da Deputación ou a través da sede electrónica, accesible na ligazón https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede. As solicitudes presentadas serán admitidas por orde de presentación, segundo o número de rexistro de entrada ata esgotar as prazas dispoñibles. A relación de...
leer másO Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Allariz (Ourense) para o día 16 de febreiro, domingo. A saída será ás 8 da mañá dende a Estación de Autobuses de Viveiro.
Os lugares de interese que visitarán son os museos do coiro, do liño e do xoguete; o convento de Santa Clara e a igrexa de San Benito; e o río Arnoia. E xantarán no restaurante Bella Vista con degustación de cocido do Entroido.
O prezo para as persoas asociadas do colectivo é de 45 euros e as que non o son deben pagar 50 euros.
O Concello de Cervo programa unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller. As interesadas en participar poden anotarse desde este mércores e ata o día 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 982.59.51.57.
As partidas xogaranse na cafetería da Casa do Mar e a entrega de premios será na cea con motivo do Día da Muller.
Neipín, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra a Santa Apolonia os días 7 e 8 de febreiro, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres, cando haberá verbena amenizada por Alejandro Martínez. E o sábado ás 13:00h celebrarase a misa e a continuación sesión vermú co dúo Sensación, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:30 horas, xunto a DJ Bombardero.
O recinto da festa estará cuberto.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “os eventos culturais desenvolvéronse xa desde principio de xaneiro. Agora, pasada a resaca do Nadal, queremos dar conta do que nos agarda ata acabar o trimestre”.
A edil ribadense contou que “comezamos coa presentación de libros. Onte, venres, na biblioteca municipal El Viejo Pancho, a Agrupación Cultural Francisco Lanza convidou a Henrique Costas a falarnos da súa novela Entre a vontade e o destino, unha magnífica ocasión para entreternos e saber máis da Idade Media peninsular. A mesma entidade proponnos xa en febreiro coñecer a obra Entre nós e o Eo, escrito a dúas mans por Antón Cando e Beatriz Pin”.
Sanjurjo contou que “temos tamén dúas propostas de alumnado dos centros de ensino para axudar ao pagamento de viaxes de estudos. Hoxe, sábado, De tal Cuento tal...
leer másVilaxoane, en Foz, celebrará as súas festas na honra de San Blas desde o día 31 de xaneiro ata o 3 de febreiro.
As actividades comezarán o venres 31 de xaneiro cunha verbena amenizada polo dúo Estrellas e a orquestra Gran Parada.
O sábado 1 de febreiro haberá sesión vermú con grupo Fénix, que tamén actuará na verbena, xunto á orquestra Solara.
O domingo 2 celebrarase a Festa dos Callos San Blas 2025, que organiza a peña Fálame Sempre. Haberá sesión vermú co Dj Take Sound a partir das 13:30 horas.
E o luns 3, Día do Patrón, ás 13:00 h celebrarase misa solemne e a continuación procesión e bendición do tradicional Pan de San Blas. Ás 18:30 horas haberá outra misa solemne e farase a imposición do santo todo o día.
Para estes festexos haberá...
leer másA Deputación de Lugo presentará a nova campaña de turismo da institución provincial Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súas augas o vindeiro venres, 24 de xaneiro, ás 12.00 horas no expositor de Turismo de Galicia, na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebrará en Madrid a semana que vén. Unha campaña que representa a aposta da Deputación polo turismo azul e que se enmarca no seu modelo de promoción do territorio sostible, de calidade e de experiencias.
O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, será o encargado de dar a coñecer as novidades desta iniciativa baseada nos camiños que a auga propón en Lugo. Desde as rutas fluviais en catamarán polos canóns do Sil –nas que impulsa a Deputación participaron 61.500 persoas o ano pasado-,os infinitos regatos e cascadas que regan o territorio, as zonas húmidas –...
leer más