Eventos

Etiquetas:
01/07/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará este sábado, día 5 de xullo unha ruta por igrexas do municipio focego. A saída será ás 09:00 horas desde diante da Casa do Concello.

O prazo para anotarse remata este venres, 4 de xullo, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

Etiquetas:
30/06/2025

A comisión Viveiro en festas organiza un Vermuteo (vermú máis tardeo) no hórreo de Xunqueira o día 12 de xullo, sábado, desde ás 13:00 horas ata o solpor.

“Organizamos o sábado 12 de xullo un Vermuteo (vermú + tardeo) para recadar fondos de cara ás festas de San Roque. A partir das 13:00 horas haberá sesión vermú, churrascada popular ao mediodía e música ata o solpor, con sorteos, sorpresas e moi bo ambiente”, anuncia Viveiro en festas, que engade: “moitas grazas á Escola de Rugby Astérix, de Viveiro, por cedernos o espazo para facer posible este evento”.

Etiquetas:
30/06/2025

O Concello de Barreiros organiza unha excursión ao parque de camas elásticas DiverJump, de Lugo, dirixida a todas as crianzas que participaron nas escolas deportivas municipais durante o curso 2024-2025. A excursión terá lugar o martes 8 de xullo e “está pensada como unha xornada lúdica e de convivencia para que a cativada desfrute dunha experiencia diferente, con xogos, actividade física e moita diversión. A viaxe contará coa presenza de persoal municipal, que acompañará aos grupos durante todas as actividades”.

As familias que desexen inscribir ás súas crianzas deberán entregar a solicitude na oficina de deportes (ximnasio municipal) en horario de 10:00 a 15:00 horas ou enviala ao correo deportes@concellodebarreiros.gal. O prazo remata o venres 4 de xullo ás 14:00 horas.

... leer más
Etiquetas:
30/06/2025

A asociación cultural Virxe do Pilar, da Espiñeira (Foz), organiza a terceira edición da súa Torresmada Popular este sábado, 5 de xullo.

O evento comezará ás 20:30 horas no Campo da Feira da Espiñeira, onde haberá degustación de torresmos de porco celta, panceta, chourizos, patacas fritidas, pan, viño ou auga. O prezo en venda anticipada (ata o 2 de xullo as 00:00 horas) é de 10 euros e despois dese día custará 12 euros.

A festa estará amenizada por AFC A Subela, de Roz, a Charanga Os Sureños e Eventec Disco Móvil.

Etiquetas:
30/06/2025

A parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebrará as festas na honra a Santa Isabel esta semana, desde o venres 4 ata o domingo 6 de xullo.

As actividades comezarán o venres cunha verbena amenizada polo dúo Belinda e o grupo Fénix.

O sábado ás 13:30 horas haberá misa e procesión; despois sesión vermú a cargo do grupo Montreal, que tamén actuará na verbena xunto a Disco Móbil The Sound Proyect.

E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa e procesión. A continuación empezará unha sesión vermú larga a cargo do dúo Belinda e  Disco Móbil The Sound Proyect.

Etiquetas:
29/06/2025

O Concello ribadense ofrécese a podar gratuitamente as palmeiras privadas para decorar a vila coas súas follas no X Ribadeo Indiano.

A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Marta Saiz, explica: “estamos na conta atrás para o Ribadeo Indiano e desde a organización, coma todos os anos, precisamos follas de palmeiras para decorar a nosa vila. A todas aquelas persoas que teñan nas súas fincas privadas palmeiras que precisen podar pedímoslles que se poñan en contacto co número de teléfono das oficinas municipais (982.120.701) desde o luns 30 de xuño ata o mércores 2 de xullo, e desde o Concello persoal municipal pasará a realizar esas tarefas de poda ao longo dos vindeiros días”.

A edil ribadense engadiu: “queremos agradecer, de antemán, a colaboración das veciñas e dos veciños de Ribadeo con este evento, do...

leer más
Etiquetas:
29/06/2025

O club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza o III Aberto A Carón da Lúa. Será na Praza dos Fornos o día 5 de xullo, sábado.

As actividades comezarán ás 16:00 horas cun obradoiro de billarda; ás 17:30 horas haberá Xogos Billardeiros e desde as 22:00 horas terá lugar o Aberto A Carón da Lúa.

Pero non só haberá billarda, anuncian os organizadores, porque ás 20:00 horas “no marco do programa Tradigalu, da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, contaremos ca actuación do Cuarteto Tradicional Illa Pancha. Estes catro artistas agasallarannos co seu mellor repertorio de música tradicional e prometen facernos bailar ata ó esgotamento. Así que, xa sabedes, preparade o voso mellor calzado de baile que imos sacarlle brillo á Praza dos Fornos”. E tamén explican que “@s compañeir@s de A...

leer más
Etiquetas:
29/06/2025

A parroquia ribadense de Rinlo celebrará as festas na honra a San Pedro e á Virxe do Carme os días 4 e 5 de xullo, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas cunha churrascada que terá lugar nunha carpa cuberta. A continuación haberá festa verbena coa orquestra Salsarena.

E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois procesión. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Salsarena e con degustación gratuíta de xamón cocido. Desde as 17:30 horas haberá actos para os nenos con festa da espuma, inchables e outras actividades. E a partir das 22:00 horas a verbena estará amenizada pola orquestra Salsarena e o dúo La Hora Bruja.

Etiquetas:
28/06/2025

Ribadeo renovou a súa páxina web turística, na que está recollida a esencia deste concello e todo o seu legado. Na presentación participaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz. 

O rexedor contou que “Ribadeo presenta a súa páxina web renovada, onde hai espazo para aqueles iconos que temos en Ribadeo. Un espazo dedicado para As Catedrais: autorizacións das visitas, como chegar, as mareas, as xeorrutas,  visitas guiadas. Os consellos que se dan para cando se visita a praia das Catedrais, desde un punto de vista da seguridade, tamén a historia, a xeoloxía,  a flora, a fauna e as figuras todas de protección”. 

Vega seguiu a relatar: “tamén temos un espazo dedicado ao Ribadeo Indiano. O Ribadeo Indiano, ten tamén o seu propio espazo dentro da páxina web, vaise poder consultar o programa, todo...

leer más
Etiquetas:
27/06/2025

Do 29 de xuño ao 6 de xullo terán lugar as antevésperas e as vésperas do X Ribadeo Indiano, que inclúen teatro, música e presentacións de libros.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “a décima edición do Ribadeo Indiano está a punto de comezar. Este domingo, 29 de xuño, ás oito e media da tarde no auditorio municipal teremos a antevéspera. Poderemos gozar da representación teatral Boa sorte, mala fama, coa fantástica compañía Tarabela Creativa”.

A edil ribadense contou que “a fin de semana seguinte teremos tres cousas importantes: o venres 4 de xullo a presentación do libro O rey de los Jíbaros, a cargo do autor Suso Martínez ás oito e media na biblioteca; o sábado 5 de xullo haberá un concerto da Banda Filarmónica de Lugo ás oito e media no auditorio; e o domingo 6 de xullo...

leer más