Eventos
A Deputación de Lugo vén de aprobar a convocatoria para a quinta edición do programa Coñece a túa Provincia, que neste 2025 ofrecerá un total de 3.036 novas prazas de viaxes gratuítas. Esta iniciativa vai dirixida a entidades asociativas sen ánimo de lucro de calquera dos 67 concellos da provincia de Lugo, co fin de promover o turismo de proximidade e impulsar a dinamización económica local.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, anunciou que a Xunta de Goberno aprobou este venres a nova edición do programa e destacou que, desde a súa creación no 2021, “xerou un importante retorno económico superior aos 600.000 euros”. Este dato, afirmou, "evidencia o éxito da iniciativa, tanto na promoción do turismo local como no impulso á economía da provincia".
O prazo para presentar as solicitudes...
leer másA parroquia de Riobarba, no concello do Vicedo, celebrará as festas de San Paulo os días 25 e 26 de xaneiro, sábado e domingo.
As actividades empezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá sesión vermú co trío Nuevo Ritmo, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo D´Cache Music.
E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois sesión vermú co dúo Zafiro.
A organización dos festexos anuncia que “haberá pinchos para todos os asistentes”.
Vilela, no concello de Ribadeo, celebrará a terceira edición das súas Xornadas Gastronómicas do Cocido Galego o día 8 de febreiro, sábado, nunha carpa climatizada.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada por La Hora Bruja, e a continuación terá lugar a comida do cocido, con porco celta. Despois actuarán Clave de Ro y La Hora Bruja.
Os tiques para participar están á venda ata o 27 de xaneiro. As prazas son limitadas a 300 persoas.
A parroquia de Rúa, no concello de Cervo, celebrará as festas da Candelaria a fin de semana do venres 31 de xaneiro ao domingo 2 de febreiro.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, polos membros da Comisión de Festas, Kevin e Roberto Balseiro, e por Míriam Villarquide, en representación da SD Candelaria, que celebrará o venres 31 a II Festa dos Callos, que precederá ás actuacións da París de Noia, a Orquestra La Tremenda e a Discomóbil Conxuro. Os tíckets, por un prezo de 12 euros por persoa, xa se poden adquirir en diferentes establecementos hostaleiros de toda A Mariña. O evento gastronómico está previsto para as 21:00 horas, e celebrarase nunha carpa pechada e climatizada, adaptada a posibles contratempos meteorolóxicos.
A festa continuará o sábado, 1 de febreiro, cunha misa...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará o vindeiro xoves, 23 de xaneiro, a súa nova campaña de comunicación interna A Mariña latexa contigo, nun acto que terá lugar no stand de Galicia en FITUR. Autoridades, prensa especializada, turoperadores e profesionais do sector terán a oportunidade de coñecer de primeira man esta nova acción, coa que se da un paso máis na posta en valor do territorio.
A presentación oficial terá lugar a partir das 16:30 horas no stand de Galicia en FITUR (pavillón 9 do recinto feiral IFEMA) nun acto no que participará a vicepresidenta da Mancomunidade, Ana Ermida, e representantes da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e da Delegación do Goberno en Galicia.
Na cita abordarase tamén a evolución dos proxectos que se están desenvolvendo no destino no contexto do Plan de...
leer másEl próximo 22 de enero en RURALKA, club de calidad de alojamientos rurales con encanto, con más de veintitrés años de experiencia, celebrará su octava edición de los PREMIOS AL TURISMO RURAL reconociendo el trabajo diario de los mejores alojamientos con encanto.
El propósito de la compañía es acercar el campo a la ciudad a través de un turismo responsable y con impacto y que se mantiene intacto a través de los alojamientos que forman la familia Ruralka.
“Premio al Mejor Alojamiento Sostenible 2024”
En su compromiso por los entornos rurales, los nominados por su respeto a la naturaleza y que tienen una fuerte apuesta como bandera por el desarrollo local y al medio ambiente son:
Bela Fisterra (La Coruña), Casa Rural Lurdeia (Vizcaya), Hospedería la Era (Córdoba), ARTIEM Asturias (Asturias), Entre os...
A terceira edición do Cocido Baile organizado pola asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, celebrarase o día 22 de febreiro, sábado. Serán na Finca San Antonio desde as 21:30 horas.
Haberá sorteos, premios ós mellores disfraces e música a cargo do dúo Épo-k e do Dj Vilariño (Eventec).
As entradas están á venda nos establecementos O Rincón, O Palique, Vinoteca Segundo, Bar Castro e Taberna de Galiana ata o 17 de febreiro. O prezo é de 38 euros.
Mañana, 16 de enero, a las 20:30 horas, la Casa de Cultura de Vegadeo acogerá la presentación oficial del cartel y el vid promocional de la LX Feria de Muestras de Vegadeo. Este evento supone el punto de partida de una edición histórica, que celebrará en junio de 2025 el 60º aniversario de esta cita emblemática para la localidad y la comarca.
La Feria de Muestras de Vegadeo es mucho más que un evento comercial; representa el esfuerzo colectivo y el espíritu de un pueblo generación tras generación. Desde sus inicios, ha sido un espacio de encuentro, tradición e innovación, y este año se presenta como una oportunidad para reflexionar sob su legado y proyectarlo hacia el futuro.
Antonio Seijo, presidente de la Asociación de Comerciantes de Vegadeo (ASCOVE), destacó la relevancia de la Feria de Muestras para la...
leer másA Guía Oficial de Turismo Ana Pena comeza o ano propoñendo novas visitas guiadas na Mariña.
A do próximo domingo, 19 de xaneiro, ás 10 horas terá lugar no concello de Ribadeo. Máis concretamente será a Senda Azul, un interesante percorrido entre o Muíño das Aceas e o Faro de Illa Pancha, que pasa por lugares de importancia como a ría de Ribadeo, a praia dos Bloques, a zona portuaria ou o parque etnográfico do Cargadoiro, entre outros.
A ruta ten unha extensión de 10 kms cunha dificultade baixa e poden asistir mascotas.
O prezo é de 10€ persoa e as reservas poden facerse no 654 99 68 57.
Xove celebrará a décimo sexta edición da Festa do Lacón, organizada pola Asociación Cultural Saiñas, o día 8 de febreiro, sábado. Será a partir das 20:30 horas no Pavillón Municipal de Xove. Haberá sorteos, música en directo e karaoke.
“Preparádevos para unha noite chea de sabor, tradición e bo ambiente. O lacón será o protagonista, pero a compañía será o que faga desta, unha celebración única! Música, boa comida e moitas ganas de pasalo ben”, anuncia a Asociación Cultural Saiñas.