Eventos
A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebrará as súas festas na honra a San Miguel esta fin de semana, do venres 27 ao domingo 29 de setembro.
As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación gratuíta de carne de porco á brasa. Despois haberá verbena co grupo Zona zero e Juanjo DJ.
O sábado ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Costa Dorada, que tamén actuará na verbena xunto á Disco Móbil Conxuro.
E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois procesión. De seguido haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena e xantar popular no Campo da Festa, con aforo limitado. Os festexos rematarán cun baile de tarde amenizado pola orquestra Salsarena e Jorge Menéndez.
Este sábado, 28 de setembro, terán lugar os actos centrais de celebración do cuarto centenario da construción do primeiro Forte de San Damián. Haberá unha exposición, visitas guiadas, música e teatro.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “neste 2024 cúmprense 400 anos da construción do primeiro Forte de San Damián. Ó longo do ano foron levándose a cabo diferentes actividades para celebrar esta data e para dar a coñecer a historia do noso Forte como visitas guiadas, conferencias, presentacións de libros…”.
A edil ribadense subliñou que “este sábado damos un paso máis e inauguramos unha exposición permanente, que é o primeiro paso para o que será o centro de interpretación do Forte de San Damián. Esta instalación estará aberta todo o día para que poida visitarse libremente ou con guía. Ás 20:30...
leer másSerá ás cinco da tarde nas antigas escolas do Canteiro.
Manuel Rivero, autor do libro Universo Aurora e estudoso deste científica e divulgadora barreirense, explica que “os Bítere dánselle a unha persoa que destaque no mundo da ciencia, da cultura ou da comunicación. Neste caso, unha persoa que visibilize o que foi a muller no campo da ciencia. Por iso este ano vai a catedrática de matemáticas da Universidade do País Vasco Marta Macho-Stadler. Quizais sexa a figura mais significativa para visibilizar á muller, para relembrar á muller no mundo da ciencia, a través do se blog Mujeres con ciencia. Con frecuencia Marta cita á escritora Marion Carre por cada científica que olvidamos, hay centenares que no nacen. E o caso da Aurora Sampedro era un caso moi similar. Aurora, fai un ano e pico era totalmente esquecida e hoxe afortunadamente xa...
leer másO Teatro das Cortes, que está no lugar do Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), programa música e teatro para este sábado, 28 de setembro.
As actividades comezarán ás 18:00 horas cun concerto titulado "Para nunca esquecer" a cargo do cantautor Xosé Constenla. Ás 19:30 horas haberá unha lectura dramatizada de textos de Clara Gayo e Carlos Santiago e para as 20:30 horas está programado un concerto de Cé Orquestra Pantasma.
Estas actividades, con entrada de balde, están organizadas pola asociación cultural Volta e Dálle.
A asociación As San Lucas anunciou: “o pregoeiro seleccionado por esta comisión organizadora e que aceptou gustosamente honrarnos coa súa presenza o vindeiro 16 de outubro de 2024 para a celebración da 868 edición das Feiras e Festas de As San Lucas é Don Jesús Díaz Fernández (mestre, diplomado en gastronomia internacional, dietética e nutrición. Foi maître de cuisine no Palace Hotel GSTAAD). Levou a cociña de Cunqueiro ás entrañas helvéticas, demostrando o bo saber e facer da gastronomía do noso país. É un dos fundadores do Centro Galego na capital Suiza de Berna”.
“Agardámosvos para compartir a marabillosa noite do 16 de outubro co que darán comezo as Feiras e Festas de As San Lucas 2024”, rematan os organizadores dos festexos de Mondoñedo.
Villaemil, na Pontenova, celebrará as festas na honra de San Miguel do venres 27 ao domingo 29 de setembro.
As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación de polbo e xamón cocido. E haberá verbena amenizada polos dúos Zafiro e Tropical.
O sábado 28 ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e seguidamente sesión vermú amenizada polo grupo Lecer e Javi Show, que tamén actuarán na verbena.
E o domingo haberá sesión vermú prolongada coa actuación de Javi Show.
A quinta Ruta Cabalar de Viveiro celebrarase este sábado, 28 de setembro, organizada pola Asociación de Cabaleiros do Landro coa colaboración do Concello de Viveiro.
“Máis de cen cabalos participarán nesta bonita iniciativa, saíndo do pavillón e pasando pola ponte e a avenida de Cervantes o sábado pola mañá”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A xornada, que comezará ás 09:30 horas, inclúe un paseo turístico polos montes de San Roque e unha comida na carpa instalada no pavillón municipal de deportes, amenizada coa música da Disco Móbil Conxuro.
Máis de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia. Esta semana é a quenda da veciñanza de Lugo, Castro de Rei, Riotorto, Portomarín, Láncara e Alfoz, que coñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.
Este martes as asociacións da capital lucense, Alume Saúde Mental e a de Amas de Casa y de Consumidores, viaxarán ata á comarca da Mariña Lucense. Os primeiros emprenderon desde a Granxa Gayoso Castro a súa viaxe para percorrer a pé un tramo do paseo marítimo de Barreiros, visitar a praia das Catedrais e logo desprazarse a Rinlo. Pola súa contra, o colectivo de Amas de Casa visitou o casco antigo de Mondoñedo e o cemiterio vello na localidade.
Mañá mércores será a quenda da...
leer másO próximo 5 de outubro arrinca a quinta edición do programa de rutas e visitas guiadas en torno á cultura e natureza dos 16 concellos da Mariña Lucense. Baixo o nome A Mariña. Plans con corazón. 16 rutas e visitas guiadas por 16 concellos, trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística na temporada de outono.
Esta iniciativa ven ser a continuación de A Mariña en Ruta, que agora se renova, introducindo novidades e adaptando a súa identidade á nova imaxe de marca turística da Mariña. Foron programadas un total de 16 rutas e visitas guiadas, que se realizan nos 16 concellos que conforman o xeodestino da Mariña, a partir das propostas realizadas polos guías oficiais de turismo Ana Pena, Boris Vilar, Carmen Delia e Noela Feal, coa...
leer másA asociación xuvenil Xoldra organiza unha cea popular para este sábado, 28 de setembro, baixo o nome As Vésperas, na Praza do Concello de Mondoñedo, a partir das 20:00 horas.
Xoldra explica que “o menú consistirá nunha saborosa e abundante ración de arroz con costela, cun prezo de 10 euros para maiores e 5 euros para pícaras e pícaros. A cea estará acompañada de música en directo e teatro na rúa, coa actuación de Lila Teatro, que nos presentará Rara Avis, para o goce das persoas asistentes. Ademais, o evento contará coa actuación da Gaitaescola, que achegará o seu talento para amenizar a noite, colaborando coa Asociación Xuvenil Xoldra. Tamén haberá sorteos e dispoñerase de carpa coa axuda da asociación O Pasatempo”.
Os beneficios obtidos nesta cea destinaranse integramente á organización do Festival Breason, que...
leer más