Eventos
O colectivo Xinetes de Remourelle (Ribadeo) organiza a décimo segunda edición da súa ruta cabalar que se celebrará este sábado, día 3 de maio.
A saída do percorrido a cabalo está prevista para as 10:00 horas, haberá pinchos no medio da ruta e ás 14:30 horas comezará a comida. Haberá colchonetas, futbolín, sorteos, agasallos e actuación dun DJ.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 11 de maio, domingo, unha ruta no municipio de Trabada para celebrar o Día do Sendeirista Galego. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
O prezo desta actividade, incluído o xantar, é de 25 euros para socios federados.
O prazo para anotarse remata este xoves, 1 de maio, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A Aula Universitaria da UNED de Foz pechará o seu curso académico cunha actividade aberta á comunidade educativa e ao público en xeral: unha ruta interpretativa sobre as plantas silvestres da primavera. Terá lugar o día 15 de maio, xoves, ás 17:00 horas con saída da Igrexa de San Acisclo, e será guiada por Pedro Rolle, natural do Valadouro e experto en biodiversidade, quen tamén é o autor do caderno presentado na Casa da Cultura recentemente Flores de primavera do Valadouro, que servirá de guía neste roteiro, ademais de estar enmarcado na liña formativa que Rolle vén de impartir tamén nas aulas da UNED de Foz, sobre plantas medicinais.
“A ruta, de baixa dificultade e cunha distancia aproximada de 2 quilómetros, está deseñada para ofrecer unha experiencia educativa na natureza. Durante o percorrido os participantes terán a...
leer másA Xunta colabora coa XXVIII Concentración de Motos que se celebrará no Valadouro entre os días 1 e 4 de maio, organizada polo Moto Clube Valadouro. O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, xunto ao presidente do colectivo promotor, Simón Rubal, e o alcalde do municipio mariñano, José Manuel Lamela, presentaron os detalles do evento, que conta xa con máis de 500 inscritos.
A programación comezará cos concertos dos grupos Keepers e Malditos Pendejos nas noites do xoves e venres, respectivamente.
As actividades moteiras propiamente ditas iniciaranse o sábado cunha ruta libre en horario de mañá, con saída dende a piscina, e as exhibicións acrobáticas a cargo de Cuadrado Stunt. A xornada completarase con actuacións musicais, xuntanzas de confraternidade para os participantes e xogos infantís.
... leer másO Ribadeo Fútbol Club celebrará a súa II Fiesta Ochentera este venres, día 2 de maio, desde as 23:00 horas na discoteca Rosa Lar. Actuarán o grupo Sintético Fantástico e DJ´S de los 80.
O prezo da entrada é de 5 euros e entre os asistentes sortearase unha cea para dúas persoas no restaurante San Miguel, de Ribadeo.
“Tras o éxito da pasada edición, repetimos unha cita que chegou para quedarse”, anuncia o Ribadeo FC.
O Concello de Cervo anuncia que, con motivo do Día do Xubilado que se celebrará este xoves, día 1 de maio, nunha carpa instalada na Praza dos Campos, o mercado semanal de San Ciprián trasladase a este mércores, 30 de abril.
No Día do Xubilado haberá “unha completa programación, na que non faltará a boa comida, música e baile entre amigos/as e veciños/as. Con servizo de bus”, destaca o Concello de Cervo.
As actividades do XXXIX Día do Xubilado comezarán ás 12:30 horas con misa cantada pola Coral Terra Mar, de San Cipirián, na igrexa Parroquial de Lieiro.
As demais actividades desenvolveranse na carpa instalada na Praza dos Campos: ás 13:30 horas haberá sesión vermú amenizada pola Orquestra Fuego; ás 14:30 horas empezará o xantar; e para rematar haberá baile coa orquestra Fuego. Ademais...
leer másO domingo 11 de maio o Pavillón de Alfoz acollerá a celebración do II Día da Veciñanza de Alfoz, unha xornada de encontro e convivencia organizada polos colectivos parroquiais de Alfoz e a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, coa colaboración do Concello de Alfoz.
O Concello de Alfoz anuncia que “a programación comezará ás 13:00 horas coa sesión vermú e continuará coa comida ás 14:00 horas, todo ambientado coa música en directo do grupo La Tremenda. O menú incluirá cecina, xamón, chourizo, queixo, empanada, codillo, sobremesa (milfollas e tarta xeada), café e viño. Ao longo do día haberá momentos de diversión para os máis pequenos e tamén sorteos para o resto da veciñanza, para que ninguén quede sen desfrutar dunha xornada festiva pensada para todas as idades”.
As persoas interesadas en participar deberán...
leer másOrganizado polo Concello de Lourenzá e distintas asociacións do municipio, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, o xoves día 1 de maio celebrarase o tradicional desfile do Maio e unha nova edición da Festa Campesiña.
A xornada comezará coa elaboración dos maios e a decoración do carro onde irá a Magdalena no recinto feiral durante a mañá. Ás 12 do mediodía abrirán no Campo dos Bolos os postos de artesanía e alimentación. A continuación haberá unha sesión vermú a cargo de Dj Billy, dando paso a un xantar popular. Para as 16:30 horas está prevista a saída do Maio, que desde o recinto feiral percorrerá as distintas rúas da vila para rematar no Campo dos Bolos. Acompañará ao Maio a música de AC Osorio Gutiérrez e Ledicia SCR. Ás 19:00 horas o grupo de teatro Trípode representará a obra A presa. Ao remate entregaranse os...
leer másO Concello ribadense e Acisa poñen en marcha unha nova edición da campaña Domingueo en Ribadeo co obxectivo de promocionar as compras no comercio local os domingos pola mañá e o consumo na hostalería local. A música inundará os recunchos da vila durante os mediodías de seis domingos desde o 27 de abril ao 6 de xullo.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, manifestou que “esta fin de semana poñemos en marcha unha nova edición do Domingueo en Ribadeo, campaña comercial do Concello conxuntamente con Acisa para facer das mañás de domingo unha cita ineludible para vir pasear, mercar ou tomar o vermú a Ribadeo. Somos conscientes de que as xornadas de domingo na nosa vila atraen a moitas persoas de diferentes lugares e por ese motivo, coincidindo coa chegada da primavera na que apetece máis saír, o que pretendemos é darlle a estas mañás un toque...
leer másO día 3 de maio, sábado, celebrarase a novena edición da Foliada e Feira de Artesanía de Cervo, que encherá de música e actividade a contorna da Praza do Souto e que contará un ano máis coa colaboración do Concello de Cervo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Fervenza de Sargadelos, Fol do Raxal e A Morena organizan esta xornada cun amplo programa musical, con actuacións de Ailá (22.00 horas) e A Requinta de Lampai (14.00 horas), ademais dunha quincena de grupos de música tradicional no pasabares e na foliada.
O programa musical e a feira de artesanía compleméntanse con actividades para diferentes públicos durante toda a xornada: un obradoiro de pandeiro e pandeireta (Noemí Basanta) e un paseo guiado (Guido Guía) pola mañá; xogos tradicionais (Xogando nas Nubes) e obradoiros de baile tradicional (Marcos Botana) e de enredos musicais (Oli...
leer más