Eventos
A pista de xeo será un grande atractivo do Nadal en Ribadeo. A instalación estará aberta do 5 de decembro ao 5 de xaneiro.
A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, explica que “a pista de xeo estará instalada por segundo ano nunha das carpas da Avenida Rosalía de Castro. O acceso terá un custe de 5 euros. As entradas poderán adquirirse directamente no recinto”.
A edil ribadense subliña que “para apoiar a actividade comercial e hostaleira de Ribadeo aplicarase un desconto de 2 euros a aquelas persoas que presenten un tícket de compra ou consumición superior a 10 euros realizados en calquera establecemento de Ribadeo. Os primeiros 2.000 tíckets terán un desconto de 2 euros no prezo da entrada, polo que pagarán tan so 3 euros polo acceso á pista de xeo”.
Saiz indica que “solo serán...
leer másO Concello de Viveiro inaugura este venres, día 6 de decembro, o belén con figuras a tamaño real ‘Viveiro Ante o Berce’, e procederá ao acendido das luces de Nadal. Haberá chocolatada gratuíta para todos os asistentes.
‘Viveiro ante o Berce’, situado como sempre no atrio de Santa María e nas súas inmediacións, vaise inaugurar ás 19:30 horas, coa actuación do coro do CEP Lois Tobío e ofrecendo un chocolate aos asistentes, para o que se instalará unha pequena carpa no espazo entre as rúas Teodoro de Quirós e Pedro Fernández Orol. A esa mesma hora, ademais, procederase ao tradicional acendido das luces.
A alcaldesa, María Loureiro, explica “a importancia de acender o alumeado coincidindo coa ponte de decembro, alongando un mes o Nadal e favorecendo ao comercio e ao sector servizos. O belén é un referente a nivel...
leer másA Pontenova celebrará a décimo sétima edición da súa Feira de Antigüidades e Artesanía esta semana, desde o venres 6 ata o domingo 8 de decembro.
De maneira paralela á feira haberá a oitava edición da Xuntanza de vespas, motos e coches clásicos; unha exposición de pintores da Pontenova; e tamén demostracións de forxa de ferro, pintura, cestería, coiro, vimbia, madeira, xoias, cantaría e lámpadas de cabaza.
Alfoz terá actividades de Nadal os días 14, 21, 28, 29 e 30 de decembro, todas elas con entrada de balde.
O Concello de Alfoz anuncia: “chega o mes de decembro e con el unha ampla e variada planificación de actividades programadas dende a Área de Cultura. O día 14 ás 19.00h no salón de actos, teremos unha xornada para os máis pequenos e as súas familias, coa representación teatral e musical de "O apalpador e as palabras perdidas", con agasallos para todos os nenos e nenas asistentes, ao acabar a función farase entrega dos premios do XXII Concurso de postais de Nadal. Tamén se inaugurará a exposición na Biblioteca de toda as postais presentadas ao concurso. O día 21 teremos unha visita moi especial na Biblioteca Municipal, desde as 18:00 ata as 20:00 horas estará Papá Noel para recibir a todos os nenos e nenas, coñecelos e falar con eles,...
leer másO Concello de Trabada anuncia que este mércores, día 4 de decembro, abrirase o prazo de inscrición para o seu Campamento de Nadal 2024-2025. Desenvolverase entre os días 23 de decembro e 3 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 e incluirá obradoiros, cinema, xogos e moitas máis actividades.
As inscricións no mesmo poderán ser realizadas na Casa do Concello ata o 13 de decembro. Serán gratuítas, pero as prazas son limitadas, polo que se asignarán por orde de inscrición.
Trátase dunha iniciativa dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos que estean empadroados ou que teña familiares empadroados no concello de Trabada.
O alcalde, Rubén García Freije, destaca “o compromiso do Concello con impulsar a conciliación familiar a través de propostas de ocio e lecer para a cativada como esta....
leer másO Concello de Burela anuncia que acenderá as súas luces de Nadal o venres 6 de decembro na Praza do Concello “cunha gran celebración. A partir das 17:30 horas haberá pintacaras, animación infantil, chocolatada, música e panxoliñas”.
O acendido do alumeado de Nadal será ás 19:00 horas.
A parroquia focega de Vilaronte inaugurará o seu alumeado de Nadal cunha festa que se celebrará o día 8 de decembro, domingo, desde as 19:30 horas, no atrio da igrexa.
O evento está organizado pola asociación O Atrio, de Vilaronte, que anuncia: “para pasar un bo rato tod@s xunt@s contaremos coa actuación musical do grupo Mar Aberto, de Foz; caldo de pita e chocolate quentiño, que estes días de frío entra moi ben. Será unha noite chea de alegría, música e boa compañía”.
O día 7 de decembro, sábado, ás 19:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela celebrarase cun concerto audiovisual a historia da asociación cultural Dambara e da agrupación Santo Inocencio, de Burela. Será un concerto “con imaxes e momentos emotivos”, anuncia a organización do evento.
Os actos da xornada continuarán ás 21:30 horas cunha cea conmemorativa na carpa da praza e a actuación dun DJ a partir das 23:59 horas.
A asociación Amigos da Gaita Galega, de Ribadeo, organiza un magosto na rúa Rodríguez Murias da vila ribadense o día 5 de decembro, xoves, a partir das 18:00 horas. Haberá castañas, chocolate e música
“Chega o frío e o corpo pide quentura. Témosche a solución! Chocolate quente , castañas asadas e uns bailiños”, anuncia Amigos da Gaita Galega.
Ana Pena, Guía Oficial de Galicia e xerente de Guía tu día, organiza diversas rutas en decembro. "Con estes paseos pretendo propoñer alternativas para coñecer o territorio en meses máis tranquilos, pero sen dúbida especiais pola época do ano na que nos atopamos, con paisaxes espectaculares", explica Ana Pena.
A primeira das rutas terá lugar este domingo, 1 de decembro, no Valadouro. Un paseo circular de 6 km que combina a Ruta dos Pozos coa visita ao Museo do Mel, o único co que conta a Mariña.
Xa na ponte festiva, o sábado 7 será en Rinlo. Nesta andaina litoral coñecerase a historia deste pobo mariñeiro e visitaranse as cetarias, empregadas para a conservación do marisco.
O domingo 8 terá lugar un paseo pola cidade de Viveiro. Visitaranse os principais recursos e o Belén a tamaño natural...
leer más