Eventos
A carón da lonxa de Ribadeo arrincou esta mañá a I Feira do Automóbil, organizada por Apaga como actividade complementaria ao XIII Fórum de Innovación de Formación sobre Vehículos.
Seis empresas da comarca expoñen ata mañá domingo arredor de 70 coches novos e usados. A Feira pode visitarse hoxe ata as oito da tarde e mañá en horario de 10 a 20 horas.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, agarda que “a feira funcione. É a primeira vez que organizamos un evento deste tipo, pero queremos seguir manténdoo no tempo e consolidándoo como unha cita importante a finais de agosto en Ribadeo”. E engadiu: “animamos á xente amante dos coches e a aquelas persoas que estean pensando en mercar ou cambiar de coche a que se acheguen pola feira hoxe e mañá”.
Ata Feira do Automóbil se achegaron esta mañá...
leer másCervo será o sábado 7 de setembro o escenario da II carreira de Andadura que se celebrará na pista ecuestre recentemente construída na zona da Bidueira. A competición, que arrincará ás 10:30 horas pola mañá e ás 16:00 horas pola tarde, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo edil de Zona Rural, Adrián Arias; e por unha representación da asociación Cabaleiros da Bidueira, que organiza a cita cabalar coa colaboración da administración local.
A proba arrincará ás 10:30 horas e irán sucedéndose as carreiras nas diferentes categorías. Haberá case 2.000 euros en premios, ademais de trofeos e medallas. Tamén recibirá trofeo o xinete que consiga bater o mellor rexistro da pista, fixado en 29,76 segundos. O prazo para anotarse remata o 4 de setembro e as persoas interesadas poden facelo por whatsapp no 658.03.20.19.
Tal e como recordan desde o Concello de...
leer másFoz celebra a XII Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica os días 29, 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro.
O xoves, 29 de agosto, ás 19:00 horas dará comezo a festa coa apertura do Mercado Normando, onde os asistentes poderán mergullarse na época medieval e gozar dos produtos típicos da feira. Ás 21:00 horas, o grupo Rimo Crouleiro encargarase de animar o pasarrúas polo mercado.
O venres, 30 de agosto, a xornada arranca ás 12:00 horas coa inauguración do Campamento Normando no Paseo da Ribeira. Durante o día, diferentes agrupacións como Lipsala, Gaica Escola de Modo e Combates Normandos amenizarán o mercado con diversas actuacións e música. Ás 20:00 horas terá lugar o pregón oficial a cargo de Roberto Gómez Ledo na área recreativa Bispo Santo, seguido dunha representación teatral da Lenda de San...
leer másGrove, en Mondoñedo, acollerá o 21 de setembro a festa na honra da Virxe de Guadalupe.
A celebración comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne, seguida dun vermú a partir das 14:15 horas, amenizado polo Dúo EPO-K. A animación musical continuará durante a sobremesa e na noite coa actuación do Dúo Musical BPO-K e o Dúo EPO-K.
Os asistentes poderán gozar dun xantar popular baixo carpa, servido por Chao de Brea, cun menú que inclúe empanada con cecina, lagostinos, costela asada con patacas, postre (milfollas e tarta xeada), café, chupito e viños (Rioja crianza e Albariño). O prezo do menú é de 40 euros, e as reservas poderán realizarse ata o 19 de setembro chamando aos números de teléfono 606 502 722 ou 686 991 050.
A xornada estará cargada de animación musical, con Dúo EPO-K e Puzzle,...
leer másA parroquia de Xunqueira (Viveiro) celebrará as Festas na honra a Nosa Señora de Valdeflores no mes de setembro.
As celebracións comezarán o venres 6 de setembro cunha misa solemne ás 19.30 horas, seguida dunha gran verbena amenizada pola Disco Móbil Conxuro.
O sábado 7 de setembro a xornada comezará coa sesión vermú a cargo de Vivarium. Ás 19.30 horas haberá outra misa solemne, e a continuación, Vivarium animará a verbena, seguida do grupo Maracaibo.
O domingo 8 de setembro será un día especialmente festivo, coa misa solemne e a procesión ás 11.45 horas acompañadas pola Banda Naval e a Banda Misericordia. A festa continuará cunha longa sesión vermú animada polo Dúo Cerbatana. Ademais, a partir das 13.00 horas repartiranse callos ao prezo de 7 euros por ración.
A Asociación de Veciños de Santiago de Adelán, en colaboración coa Deputación de Lugo e do Concello de Alfoz, organiza as Festas na honra de San Ramón os días 31 de agosto e 1 de setembro de 2024.
O sábado, 31 de agosto, as celebracións comezarán ás 13.00 horas cunha misa solemne, seguida da tradicional procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada polo Dúo Sensación. Ás 14.30 horas terá lugar a comida popular, e pola noite, a verbena contará co Dúo Sensación e a Disco Móbil Pataquiña para animar a todos os asistentes.
O domingo, 1 de setembro, haberá os actos relixiosos ás 13.00 horas, cunha nova misa solemne, procesión e sesión vermú. Pola noite, ás 21.30 horas a verbena estará amenizada pola Orquestra Escaparate.
O Concello de Alfoz anuncia que este sábado, día 31 de agosto, celebrarase de 18 a 20 horas unha festa de fin de tempada na piscina municipal de Alfoz. O evento contará con música e tobogán inchable “para o desfrute da veciñanza”.
“Xunto a esta actividade tamén se dará por finalizado o programa de Ludiverán e as Noites de Campamento 2024, poñendo punto e final ás actividades estivais organizadas polo Concello. Estas actividades foron todo un éxito, como demostra a alta participación e o entusiasmo mostrado por veciñas e veciños en cada unha delas”, explica o Concello de Alfoz.
Ademais o Concello de Alfoz anuncia que a vindeira semana publicarase a oferta de actividades para a apertura do CEIP, que incluirá os programas de Madrugadores, Ocio e Estudo e clases de Inglés polas tardes. Tamén se abrirá a inscrición...
leer másCordido, en Foz, celebrará as tradicionais Festas da Peregrina, que terán lugar os días 31 de agosto, 1 e 7 de setembro de 2024.
As festividades comezarán este sábado, 31 de agosto, cunha misa solemne ás 13:30 horas na igrexa parroquial, coa participación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Despois da misa, terá lugar unha procesión acompañada por un grupo de gaitas. A xornada continuará coa tradicional sesión vermú, a cargo da Orquestra Escaparate, que tamén será a encargada de amenizar a verbena xunto co Grupo Tormenta.
O domingo, 1 de setembro, a celebración prosegue con misa solemne ás 13:30 horas, tamén na igrexa parroquial, coa actuación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Ao remate da misa, a procesión estará acompañada pola Orquestra Compostela, que tamén será a protagonista da sesión vermú e da...
leer másO Club Clásicos Viveiro convoca a todos os amantes dos vehículos clásicos para unha cita o vindeiro 14 de setembro en Viveiro. A partir das 10:00 da mañá, no aparcamento Os Castelos, celebrarase a II Xuntanza de Vehículos Clásicos. Será unha xornada única onde os asistentes poderán gozar de rutas, sesión vermú con animación, comida, sorteos e moita diversión.
As reservas para o xantar pódense realizar chamando aos números 699 249 738 ou 650 652 073, coa data límite de inscrición ata 10 de setembro. Para pechar o día, a partir das 20:30 haberá Festa da Cervexa e da Empanada.
Esgotadas as prazas para a segunda xeoruta en barco ao Fuciño do Porco, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Esta viaxe terá lugar o 21 de setembro.
A primeira foi o pasado domingo, 25 de agosto. Os participantes puideron embarcarse nunha lancha a través da ría de Viveiro ata este peculiar lugar, pasando por fermosas praias e cantís. Esta nova xeoruta permitiu coñecer dun xeito diferente a xeoloxía da ría de Viveiro; en especial, puideron observar a gran diferenza de rochas entre ambas marxes, así como a orixe da ría en relación coa falla de Viveiro.
As persoas que puideron gozar desta espectacular xeoruta chegaron procedentes de Madrid, Ribadeo, Foz, Mondoñedo e O Vicedo.
Aínda quedan prazas libres para as outras actividades...
leer más