Eventos
O conselleiro de Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, inaugurou este mércores pola tarde unha nova edición da Feira monográfica náutico pesqueira Expomar, acompañado da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, e de representantes de todas as entidades que forman o Padroado da Fundación Expomar.
Abriu o acto Pablo Rivera, responsable da área de promoción económica e social da Deputación de Lugo. A continuación, tomou a palabra o subdirector xeral de Caladoiro Nacional e Augas Comunitarias de Segepesca, Juan Manuel Elices, en representación da Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A alcaldesa de Burela e presidenta da Fundación Expomar, Carmela López, puxo en valor a importancia deste evento non só para Burela, senón para todo o sector do...
leer másDo 7 ao 14 de maio está aberto o prazo de inscrición nas actividades de verán organizadas pola Concellería de Deportes e Mocidade. Será na Casa da Xuventude en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas (martes e xoves) ou a través da sede electrónica do Concello.
O concelleiro de Deportes e Mocidade, Francisco José Silvent, explica que “as actividades que ofertamos son un campamento dixital gratuíto coa Fundación Cibervoluntarios, que se desenvolverá do 23 ao 27 de xuño para nenas e nenos de 9 a 13 anos; teremos tamén colonias urbanas do 30 de xuño ao 1 de agosto para nenas e nenos de 4 a 12 anos. Serán 100 prazas por semana e o importe semanal ascenderá a 40 euros. Esta actividade pretende facilitar a conciliación familiar e laboral durante o verán, de aí que contará cun horario especial de oito da mañá a tres da tarde”.
... leer másA Xunta de Galicia colabora coa Asociación de Veciños San Xulián de Sante (Trabada), na organización do I Descenso de Carrilanas, que se celebrará nesa parroquia o sábado 24 de maio.
A proba foi presentada este mércores nun acto no que participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o presidente da entidade organizadora, Miguel Linares, entre outros.
A Xunta anuncia que “a xornada festiva inclúe tamén unha comida popular con paella no pavillón polideportivo, aberta a todas as persoas interesadas. O custo xeral é de 20 euros, de 18 para socios e participantes, e gratuíta para os menores de seis anos. As inscricións para as distintas actividades estará aberta ata o 21 de maio, e poden formalizarse no Teleclub de Sante ou ben por teléfono chamando ao 636.024.263. Os organizadores prevén reunir arredor...
leer másDesde o CCH de Viveiro explican que “continuamos ca colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do.Cada edición que poñemos en marcha convértese nun éxito de participación por parte do público, ten moi boa acollida tanto polos peques da casa como dos pais como dos colexios”.
O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla.
Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Doe Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local.
Serán vales desconto de 2€ para poder ver, nesta ocasión 4 películas de animación e...
A asociación de pais, nais e titores de persoas con discapacidade organiza unha convivencia interexeracional este sábado, día 10 de maio, a partir das 11:00 horas no Monte Castelo, de Burela.
“Dende a Asociación Camiña organizamos unha actividade pensada para todas as idades e tamén para que as familias con nenos e nenas e persoas con algún tipo de diversidade poidan participar, compartir e desfrutar dun espazo seguro, tranquilo e inclusivo. De 11:00 a 13:00 horas haberá xogos tradicionais e inchable. De 13:00 a 14:00 horas, picoteo rico en boa compañía. Non haberá música, xa que respectamos as sensibilidades das persoas ao ruído. Inscrición previa obrigatoria, polas nosas redes sociais ou chamando ao teléfono 982.58.04.23 ou a través do 613.520.768 (whatsapp). Para os socias/-os é de balde e os non socios/-as debebn pagar 3 euros”,...
leer másPreto de 200 veciños e veciñas da provincia de Lugo participan esta semana no programa de viaxes gratuítas da Deputación, Coñece a túa provincia. Os viaxeiros pertencen a oito asociacións dos concellos de Begonte, Xermade, Lugo, Vilalba e Cospeito, e uns percorrerán a comarca da Mariña e os outros descubrirán a Ribeira Sacra.
A primeira ruta desta semana, que tivo lugar este mesmo martes, realizárona os membrosda Asociación Veciñal Os Milagres Saavedra, de Begonte, que iniciaron a viaxe na produtora do Servizo de Audiovisuais, para dirixirse á aldea de Pionerdo onde coñeceron a palloza-museo Casa Sesto, e posteriormente a vila de Navia de Suarna para ver o traballo dunha fábrica de embutidos. Ademais, a Asociación Amuraxe, de Xermade, visitará a fabrica de Sargadelos e, logo a vila de San Cibrao para achegarse ata o Museo do Mar e á...
leer másO pavillón de San Román, no concello de Cervo, acollerá o día 17 de maio, sábado, con motivo do Día das Letras Galegas, o II Festival Espallando Letras, organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo.
O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación de Cordenaia, de Airiños do Xunco (Cervo); As Grileiras que son o grupo infantil da S.C.R. Ledicia (Burela), As Ferriñas e As Faíscas de Os do 21 (O Vicedo), a asociación cultural Osorio Gutiérrez (Lourenzá) e Erikas e Peluxías (Grupo de Falapandeireta na Escola Vella de Rinlo). Ademais haberá racións de empanada e bolos preñados a prezos populares durante a tarde.
A cita foi presentada pola tenente de alcaldesa no...
leer másA parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebrará a tradicional Feira das Maulas, con máis de tres séculos de historia, este domingo, día 11 de maio
As actividades comezarán ás 10:00 horas coa apertura do mercado popular e feira de gando. Ás 11:00 horas empezarán as probas de andadura federada. Desde ás 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Dorados, que tamén amenizará o baile de tarde.
Haberá premios, de 80 euros cada un, para o maior número de cabezas de vacún e de equino.
A organización anuncia que está “permitido gando vacún, ovino e caprino con guía de ida e volta”.
A parroquia de Vilaboa, no concello da Pontenova, celebrará a festa comida para celebrar o Corpus este sábado, día 10 de maio.
As actividades comezarán con misa ás 13:00 horas. A partir das 15:30 horas terá lugar a comida, para a cal hai que recoller os tickets previamente e o prazo remata este mércores, 7 de maio.
A música correrá a cargo da cantante Verónica Cambón na sesión vermú e pola tarde.
Con motivo do Día das Letras Galegas o Concello de Alfoz organiza un certame de narración e debuxo e un evento que se celebrará o día 17 de maio.
O Concello de Alfoz anuncia: “está aberto o prazo para participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025. Se es nena ou neno empadroado en Alfoz ou estudas no CEIP Castro de Ouro ou no IES Alfoz-Valadouro, esta é a túa oportunidade. Entrega de traballos, ata o 12 de maio, no colexio ou na Biblioteca Pública de Alfoz”. As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao teléfono 982.571. 270. O tema é Ler con coñecemento e hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos”.
E o día 17 de maio, sábado, ás 19:00 horas celebrarán o Día das Letras Galegas na Casa da Cultura de Alfoz cunha homenaxe á tradición oral,...
leer más