Eventos

06/05/2025

O equipo de goberno do Concello de Mondoñedo anuncia que está ultimando os preparativos para a celebración do Correlingua 2025, que terá lugar o martes 20 de maio, “convertendo a cidade nun espazo de encontro e diversión para os máis novos, coa lingua galega como gran protagonista da xornada”.

Tamén explica que “a xornada será presentada por Frank Rey e incluirá diversas actividades adaptadas a todas as idades. Para os máis pequenos haberá unha sesión especial con Paco Nogueiras e a música da Mecánica Rolling Band, ambas na praza da Catedral”.

Etiquetas:
06/05/2025

O Concello de Trabada organiza unha nova edición da tradicional celebración de San Fernando, que terá lugar o venres 30 de maio na capela de San Fernando (Valboa). A xornada incluirá misa, encontro campestre e actividades para todos os públicos, “mantendo viva unha das citas máis emblemáticas da zona”.

“O evento dará comezo ás 12:00 horas coa misa na capela, seguida dunha comida campestre no recinto cuberto cunha carpa. O menú incluirá empanada, croquetas, xamón cocido, paella, sobremesa con tarta de Santiago, bebida e café. O prezo será de 22 euros para adultos e 12 euros para nenos/as. Tamén se habilitará estacionamento para cabalos, mantendo así o costume de acudir a cabalo, como se facía antigamente. As entradas estarán dispoñibles ata o luns 26 de maio nos seguintes establecementos colaboradores: Mesón Camiño Norte, Taberna da...

leer más
06/05/2025

A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza para o día 17 de maio, sábado, actividades con motivo do Día das Letras Galegas. Trátase dun espectáculo de contacontos, a cargo de Ángeles Goas e titulado Contos de igualdade para non perder, e dun obradoiro de imáns. Será desde as 17:30 horas na Casa da Cultura de Trabada. Nese acto tamén se entregarán os agasallos a todas as persoas que participen no XX Certame das Letras Galegas que organiza este colectivo cultural.

“Este certame será de carácter participativo e non competitivo e todas aquelas persoas que participen levarán un agasallo. Dirixido a persoas dende os 0-99 anos. Os traballos realizados terán como temática As Nosas Letras, en forma de debuxo, narración, poema ou fotografía. Só se poderá presentar un traballo por persoa, o cal irá asinado con nome,...

leer más
06/05/2025

Mondoñedo acollerá, dentro do Día das Letras Galegas, un acto sobre Álvaro Cunqueiro da man de Ediciones 98 (www.ediciones98.com), que achegará a súa serie de libros en castelán, cos títulos Merlín y familia, Gente de aquí y acullá, Las crónicas del sochantre, Escuela de curanderos y fábula de varia gente, Los otros feriantes e o inédito, que veu a luz no pasado ano, La taberna de Galiana.

O acto, de entrada libre, terá lugar na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro e nel acompañarán a Jesús Blázquez, director da editorial que levará o peso da intervención, o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e Aurora Moirón, curmán de Cunqueiro que “conviviu con el nuns momentos tan senlleiros como foron os anos en que escribe o Merlín e Familia, no mesmo lugar que hoxe ocupa...

leer más
05/05/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará unha ruta na Pontenova este sábado, día 10 de maio, e outra en Pico Pienzu (Asturias) o domingo 18 deste mes.

Para a ruta da Pontenova a saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro. Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 25 euros para socios federados, 30 euros para socios non federados e 35 euros para socios temporais. O prazo para anotarse remata este martes, 6 de maio.

Para a ruta de Asturias a saída desde Foz será ás 06:00 horas e ás 06:15 horas desde Ferreira do Valadouro. Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais. O prazo para anotarse remata o 12 de maio.

A inscrición nestas dúas...

leer más
Etiquetas:
05/05/2025

Acisa patrocina a I Andaina Ribadeo en Marcha contra o Cancro, que terá lugar o vindeiro 17 de maio. Esta actividade lúdico deportiva, que está organizada pola AECC, foi presentada hoxe na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco.

No acto interviñeron o presidente da asociación provincial, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.

Cruzado Iglesias agradeceu “á AECC de Ribadeo e de Lugo a posibilidade de poder colaborar con esta causa, estamos moi contentos de poder facelo, xa que esta actividade axústase aos fins sociais da nosa asociación”. E animou ás veciñas e aos veciños de Ribadeo “a facer un oco nas súas axendas o vindeiro 17 de maio para participar nesta andaina, que partirá do Parque de San Francisco ás 11:00 da mañá”. A presidenta de Acisa fixo unha...

leer más
05/05/2025

Este sábado, día 10 de maio, celébrase na Pontenova a XVI Concentración de Sendeirismo. Está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas e o percorrido será desde Coto de Frades ata a Praza dos Fornos, que son 15,5 quilómetros con dificultade media baixa e “é recomendable utilizar calzado cómodo e que teña un bo agarre, así como bastóns de trekking”.

O programa é o seguinte: ás 09:00 horas, concentración dos participantes na Praza dos Fornos: ás 09:30 horas, saída dos sendeiristas cara ó comezo da ruta; ás 15:00 horas, remate da andaina e xantar a base de bolos de liscos, bolos preñados, postre e bebidas; ás 16:00 horas sorteo entre os participantes de varios agasallos, que son prendas de trekking, ceas para 2 persoas, estancias de 1 noite para 2 persoas, vale regalo para visitar Mina Consuelo e lanzarte pola...

leer más
Etiquetas:
04/05/2025

As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial de Expomar, que este ano cumpren as súas 32ª e 26ª edicións, respectivamente, volverán reunir esta semana aos profesionais e entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional e europeo, co futuro do sector pesqueiro a debate, abordando os principais retos e dificultades do momento na pesca.

O xoves 8 pola mañá celébrase nas instalacións de Armadores de Burela o 26 Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, unha reunión sectorial na que as entidades máis representativas da frota galega e outras asociacións nacionais reflexionan sobre os principais retos sectoriais en curso, como a xestión e normativas pesqueiras, temas sociais e laborais como a substitución xeracional, e outros asuntos que condicionan a competitividade do sector. Froito deste encontro faranse públicas as...

leer más
04/05/2025

Oural e Ferreira, no municipio de Lourenzá, celebrarán as festas na honra a San Xosé desde o venres 9 ata o domingo 11 de maio.

As actividades comezarán o venres cunha cea a partir das 21:30 horas e despois haberá baile cos dúos Ángel América e Venús.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará a verbena a partir das 22:30 horas, xunto a DJ Billy.

E o domingo ás 13:30 horas haberá misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Matices.

 

Etiquetas:
02/05/2025

O programa da romaría de Obispo Santo, no concello de Foz, inclúe actividades os días 4, 9, 10, 11 e 18 de maio.

Este domingo, día 4 de maio, ás 17:00 horas haberá misa e traslado da imaxe de San Gonzalo da basílica de San Martiño ao monte da Grela, onde terá lugar o primeiro pregón da historia da romaría a cargo de María José Gómez Rodríguez (conselleira do Medio Rural)

O venres 9 de maio será a primeira verbena, amenizada polo grupo Mar de Arousa e a orquestra El Combo Dominicano.

Para o sábado 10 de maio están programadas as seguintes actividades: ás 13:30 horas, misa e procesión seguida de sesión vermú coa orquestra Principal; ás 16:00 horas, actuación do grupo de gaitas Dambara; ás 17:00 horas, espectáculo do Mago Paco; ás 18:00 horas actuarán dous DJ; e a verbena estará amenizada...

leer más