Eventos

Etiquetas:
03/08/2025

A parroquia de San Xusto, no concello de Barreiros, está de festas os días 6 e 7 de agosto, mércores e xoves.

Os festexos, na honra a San Xusto e San Pastor, comezarán o mércores ás 13:00 horas con misa solemne e despois procesión de 14 imaxes, acompañada polos gaiteiros de O Arco da Vella, de San Miguel, seguida de sesión vermú coa orquestra D´Noche, que tamén actuará na verbena xunto a orquestra Capitol.

E o xoves ás 13:00 horas celebrarase misa solemne con procesión de 14 imaxes, acompañada polos gaiteiros de O Arco da Vella, de San Miguel, seguida de sesión vermú co grupo Mar de Arousa, que tamén amenizará a verbena xunto ao Grupo Beatriz.

A organización destaca que o campo da festa estará cuberto con carpa e haberá amplos aparcamentos gratuítos.

03/08/2025

A parroquia de Vilacampa, no concello do Valadouro celebra a festa na honra a Santo Domingo e feira de gando anual o luns 4 de agosto

As actividades comezarán ás 13:30 horas con misa solemne e despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Lume, que tamén actuará de 19:00 a 22:00 horas.

Entregarán premios para os lotes máis numerosos de gando vacún e cabalar, para as mellores vacas e para os mellores cabalos ou bestas.

Haberá degustación gratuíta de produtos elaborados con porco celta.

O recinto estará cuberto con carpa.

03/08/2025

O Iberia Club de Fútbol celebra a IV Festa do Bolo Preñao o día 8 de agosto, venres, en San Miguel de Reinante. Será na Praza do Souto a partir das 19:00 horas

“Chega a Festa do Bolo Preñado, un evento xa consolidado no verán sanmigueleño, que nos permite ademais de degustar os boliños , facer clube e facer equipo, en todos os sentidos. Coma sempre moita música, cos grandes Pandeireteiros do Inferno e DJ da casa á fronte, gran ambiente, merchandising do clube, sorteos, sorpresas e sobre todo a vosa compañía”, anuncia o Iberia CF.

Etiquetas:
02/08/2025

O festival Osa da Mar, que organiza a asociación Fanto Fantini, celebrarase en Burela do 5 ao 7 de setembro.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do festival, que conta co apoio do Goberno galego.

A Xunta de Galicia anuncia que “o festival programa unha vintena de actuacións de diferentes estilos musicais, mesturando grupos consolidados con outros emerxentes da escena galega e nacional. Están confirmados artistas como Baiuca, Viva Suecia, Siloé, Marlena ou Grande Osso, entre outros”.

Arias felicitou á asociación cultural Fanto Fantini por “presentar un ano máis un gran cartel, que vén a completar a oferta cultural e turística da comarca da Mariña e contribúe a consolidar a provincia como un dos territorios con máis e mellores festivais de...

leer más
Etiquetas:
01/08/2025

A edición número 41 da Feira de Artesanía de Viveiro celebrarase do 8 ao 17 de agosto nos Xardíns Noriega Varela. “Contará cunha ampla representación de oficios tradicionais e propostas contemporáneas. Ademais disporá de preto de corenta expositores e incorporará este ano unha programación específica de demostracións artesás no posto denominado Encontros”, anuncia o Concello de Viveiro, que organiza este evento xunto á Asociación Proa, coa colaboración da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. A inauguración terá lugar o día 8 ás 17.30 horas.

As actividades comezarán o sábado 9 cunha mostra de cantería (de 17.30 a 21.30 horas), á que seguirán o cartón pedra o domingo 10 (de 17.30 a 21.30) e o gravado en vidro o luns 11, tanto en horario de mañá (de 11.00 a 14.30) como de tarde (de 17.30 a 22.00). O xoves 14 será a quenda da...

leer más
Etiquetas:
01/08/2025

O Concello de Viveiro anuncia que o luns 4 de agosto abrirase o prazo para inscribir aos nenos e nenas que desexen participar acompañando aos cabezudos nas tradicionais saídas polas rúas durante as festas patronais, do 11 ao 15 de agosto.

“A actividade está dirixida a pícaros e pícaras de entre 7 e 12 anos, que levarán as cabezas de enanitos e formarán parte do pasarrúas xunto aos cabezudos. Cada neno ou nena poderá participar un só día. A inscrición poderá realizarse no Teatro Pastor Díaz, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá anotar un máximo de 4 nenos/as. As prazas estarán dispoñibles ata cubrir o límite establecido, e adoitan completarse en poucas horas, polo...

leer más
Etiquetas:
01/08/2025

A parroquia de Nois, no concello de Foz, celebrará as festas na honra á Virxe do Carme esta fin de semana, o sábado 2 e o domingo 3 de agosto.

As actividades comezarán o sábado ás 12:30 horas con misa solemne e despois procesión arredor da igrexa acompañada por un grupo de gaitas. A continuación, sesión vermú co grupo Montreal. Ás 20:00 horas haberá churrascada e ás 22:30 empezará a verbena amenizada polo grupo Montreal. E desde as 00:00 horas haberá Noite meiga con queimada e sorteo.

E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro e procesión ata o porto. Tamén haberá sesión vermú co grupo Lecer.

 

Etiquetas:
31/07/2025

Este xoves, día 31 de xullo, tivo lugar a presentación da XIII edición da Festa Normanda de Foz, que se celebrará os días 28, 29, 30 e 31 de agosto.  A esta presentación acudiron representantes do Concello de Foz, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.

A organización da festa anuncia: “contamos este ano co coñecido muralista Diego As, que é o artífice do deseño do cartel, un cartel sorprendente e cunha forte carga emocional. Tamén adiantamos moitas novidades nesta edición, como a representación no Bispo Santo, que se fará de forma profesional, guionizada e dirixida pola xa coñecida Marta Pérez, coñecida pola súa obra Agnódice, representación que leva a cabo na romaría Viquinga de Catoira. E desde esta presentación convidamos a todos e todas a que nos acompañen e gocen un ano máis con todos nós de representacións teatrais,...

leer más
Etiquetas:
31/07/2025

O Concello de Cervo anuncia que “a piscina de Río Cobo será o escenario dunha divertida actividade acuática con motivo da Festa da Maruxaina: Experiencia Sereas e Tritóns. O xoves 7 de agosto para crianzas de 6 a 13 anos”.

As persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 629.08.35.48 para inscricións e información.

É unha actividade organizada pola Federación Española de Actividades Subacuáticas, coa colaboración do Concello de Cervo.

Etiquetas:
31/07/2025

O Concello de Foz presenta o cartel das festas do San Lourenzo e un mes de agosto repleto de actividades.

“Chega agosto e con el continúan as actividades en Foz. O verán é para vivilo e en Foz temos actividades para todos os gustos, para que todo o mundo poda disfrutar da natureza, do mar, da nosa gastronomía, cultura e deporte”, explica o alcalde, Fran Cajoto.

“Este mes de agosto está cargado de actividade, dende as festas do Carme de Nois ou a festa hawaiana ata a Festa Normanda, e como punto focal as festas do San Lourenzo”, indica Inés López Couto, concelleira de Cultura. “Foz é un pobo onde sempre hai unha actividade para pasar o tempo. O teatro continúa acompañándonos todos os martes no Campo da Cabana, o Festival Bal y Gay e a Feira do libro protagonizan a metade do mes e non podemos olvidarnos de...

leer más