Eventos
A Rilleira, no concello de Barreiros, celebrará un xantar de irmandade veciñal o día 16 de agosto, sábado. Para participar hai que comprar os tickets previamente e o prazo remata o 11 de agosto.
Este evento está organizado pola asociación cultural A Parrala. Ademais da comida haberá misa ás 13:00 horas na capela de San Sebastián, sesión vermú co dúo Epo-K e concerto do cuarteto tradicional Viñeras, de Ribadeo, ás 18:30 horas na pista polideportiva da Rilleira.
Os Concellos de Alfoz e O Valadouro veñen de asinar un convenio de colaboración para levar a cabo a actividade Noites de Campamento, dirixida á mocidade de 13 a 17 anos e que se desenvolverá do 26 ao 28 de agosto no entorno do CEIP Castro de Ouro (Alfoz).
Os organizadores explican que “esta iniciativa busca ofrecer unha experiencia única de convivencia, ocio e aprendizaxe en plena natureza, con actividades pensadas para fomentar a cooperación, a creatividade e o tempo libre saudable”.
As inscricións estarán abertas do 11 ao 18 de agosto en cada concello. Cada municipio contará con 15 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas poderán anotarse a través da sede electrónica do seu concello ou de forma presencial nas oficinas de rexistro.
Con esta...
leer másO concello de Trabada celebrará os días 14, 15 e 16 de agosto as tradicionais festas na honra á Nosa Señora e a San Roque cun programa do máis completo.
A celebración comeza o xoves 14 cunha gran churrascada popular ás 21:30 horas, servida por Catering Sarredo, cun menú que inclúe entrantes fríos, empanada, queixo, xamón, croquetas, churrasco de porco, criollo, patacas, postre, bebidas, café e chupito. Os tíckets poden adquirirse ata o 10 de agosto en Spar Express Trabada, Bar A Curuxeira Ría de Abres ou chamando aos teléfonos de Iván, José ou Borja. O prezo é de 30 euros para adultos e 15 euros para menores de 12 anos. A partir das 23:00 horas, comezará a verbena a cargo de Aché e Cosmedeejay, que farán bailar a toda a vila.
O venres 15 terá lugar ás 13:00 horas a misa solemne e procesión en honra á Nosa Señora,...
leer másA parroquia de Bacoi, no municipio de Alfoz, celebrará os días 14 e 15 de agosto as súas tradicionais festas na honra á Nosa Señora.
A festa comezará o xoves 14 ás 21:30 horas cunha churrascada e chourizada popular, que incluirá pan e bebida para os asistentes. A noite continuará coa música en directo do Dúo Zafiro, acompañados de Conxuro Discomóbil, que animarán o ambiente ata ben entrada a madrugada.
O venres 15 a programación comeza cun dos momentos máis solemnes da festa: a misa e procesión en honra á Nosa Señora ás 13:30 horas. A continuación terá lugar a sesión vermú coa actuación da orquestra Tokio, que poñerá música ao mediodía con temas do máis animado. A mesma orquestra Tokio será a encargada de dar vida á verbena do venres, que comezará as 21:00 horas, ofrecendo un espectáculo cheo de ritmo para...
leer másA Cadeira, en Trabada, acollerá este sábado 9 de agosto a súa tradicional Xira na honra a San Marcos, “unha cita consolidada no calendario estival do municipio que este ano cumpre a súa vixésimo segunda edición”, anuncia o Concello de Trabada, que explica: “a xornada festiva dará comezo ás 13:30 horas coa procesión en honra ao santo. A continuación terá lugar unha animada sesión vermú amenizada por SP The Sound Project, que se prolongará ata que o corpo aguante. Ás 15:00 horas as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación gratuíta de xamón cocido e empanada na cantina, incluída coas consumicións. Pola tarde os máis pequenos serán os protagonistas, con inchables gratuítos para desfrutar en familia. A festa culminará coa verbena nocturna, tamén a cargo de The Sound Project, nun ambiente de convivencia, música e diversión para todos os públicos”.
... leer másAcisa encherá as rúas de Ribadeo de actividades do 14 ao 31 de agosto coa campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que culminará co sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria. A programación foi presentada este mediodía nas Catro Rúas.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “esta nova campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo, se vai desenvolver do 14 ao 31 de agosto e vai encher de actividades e de vida, aínda máis, esta vila e as súas rúas. Esta campaña, que é moi potente e moi importante, é posible grazas ao premio excepcional que esta asociación recibía hai unhas semanas por parte da Dirección Xeral de Comercio”.
Cruzado Iglesias subliñou que “para chegar a iso, a ter unha das valoracións máis altas entre os proxectos presentados, houbo que elaborar un programa de actividades ambicioso e no que implicamos a moitas asociacións e...
O Concello de Burela organiza este venres, día 8 de agosto, a súa primeira Festa Acuática, que se celebrará na praia do Portelo, na zona lateral situada xunto ao Cabaliño, sempre que as condicións do mar o permitan. En caso de que non sexa posible por motivos de seguridade, a actividade trasladarase á praia do Cabaliño.
O horario da festa será de 16:30 a 19:30 horas e “incluirá xogos acuáticos e inchables como Nemo, Pluto, o pulpo, a rampa Mundo Marino, un rulo e o Wipeout, ofrecendo unha tarde lúdica e refrescante para todas as persoas que se acheguen á praia. Para poder participar nas actividades será necesario saber nadar, levar flotador ou estar acompañado/a por unha persoa adulta responsable”, anuncia o Concello de Burela.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, valorou positivamente esta nova proposta de...
leer másO Concello de Viveiro deu a coñecer a programación completa das festas patronais 2025, que se desenvolverán entre o 6 e o 21 de agosto cunha “ampla variedade de actividades musicais, culturais, deportivas e sociais”. O pregoeiro será o atleta Adrián Ben o 14 de agosto.
“Un dos principais atractivos deste ano será a colaboración do Resurrection Fest, que achegará o espírito do festival internacional á programación oficial das festas coa celebración de dous concertos na Praza Maior. Serán o 13 de agosto: Not Yet, ás 22.00 horas, e No Fun At Al», ás 23.15 horas. A programación musical abrangue propostas para todos os públicos, desde verbenas con orquestras populares coma Suavecito, SuperTop ou Escaparate, ata concertos de artistas recoñecidos como Azúcar Moreno ou dos viveirenses A Trova da Mariña, Dúo Vivarium e Escolma. Tamén se celebrarán...
leer másEste domingo, día 10 de agosto, terá lugar a andaina Viveiro en marcha contra o cancro. O percorrido será desde Os Castelos, no Paseo Marítimo de Covas, ata Celeiro, unha distancia de 5 quilómetros. A saída levarase a cabo ás 11:00 horas.
Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, que anuncia que o prezo da inscrición con camiseta é de 10 euros. “Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas. A qué esperas? Inscríbete! Online en https://enmarcha.contraelcancer.es/.../viveiro-en-marcha... ...
leer más












