Eventos
No marco do programa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, o CEIP de Cervo participa este curso académico no proxecto colaborativo “Cada gota cuenta”, unha iniciativa que reúne centros educativos de distintas comunidades autónomas para compartir experiencias e boas prácticas educativas.
Durante esta semana, o noso centro acolle a visita de once docentes procedentes de Asturias (CRA Lena), Alacante (CEIP Pintor Sorolla), Cartaxena (CEP Antonio de Ulloa) e Gran Canaria (CEIP Tagoror). Durante tres días, terán a oportunidade de coñecer a nosa contorna educativa, mergullarse no día a día do noso alumnado e intercambiar coñecementos e metodoloxías didácticas.
A visita dará comezo mañá, mércores, cun acto de recepción que terá lugar ás 9:45 horas. O evento contará coa presenza da Alcaldesa de...
leer másAta o día 3 de abril está aberto o prazo de inscrición nas actividades lúdico deportivas que organizan as Concellerías de Deportes e Mocidade e Benestar Social e Familia na Semana Santa co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. Na presentación participaron os edís Elena Sierra e Francisco José Silvent.
O concelleiro de Deportes explicou que “os días 14, 15 e 16 de abril haberá un mini campamento para nenas e nenos de 4 a 8 anos no Ceip Gregorio Sanz en horario de 10:30 a 14:00 horas. E outro mini campamento para rapazas e rapaces de 9 a 12 anos, que tamén se desenvolverá no Gregorio Sanz de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Ambos contarán con servizo de programa madrugador. O martes, día 15, pola tarde de 16:30 a 19:30 terá lugar unha festa lúdica con inchables, tocador de pintacaras, glitter bar, photocall,...
leer másMondoñedo entregará os premios do concurso Debuxando en Igualdade 2025 e haberá un espectáculo de monicreques este sábado, día 29 de marzo. Será ás 17:00 horas no auditorio Pascual Veiga.
O Centro de Información ás Mulleres de Mondoñedo anuncia: “seguimos coas actividades conmemorativas do 8M e o sábado 29 de marzo terá lugar a entrega de premios do concurso Debuxando en Igualdade 2025 no Auditorio Pascual Veiga a partir das 17 horas. A continuación terá lugar un espectáculo de títeres sobre conciliación e igualdade titulado Bebé…, ofrecido por Mircromina Títeres. Este evento é aberto a todos os públicos”.
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar, no concello de Cervo, organiza o seu VIII Maratón de Tute para este sábado, día 29 de marzo, desde as 16:30 horas.
Será no local social do colectivo organizador e para participar hai que inscribirse previamente. O prazo remata este venres, 28 de marzo.
O concello de Cervo será o escenario o domingo 13 de abril da II Ruta Cabalar organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación dos membros da asociación organizadora no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
A saída está prevista para as 10:00 horas desde o pavillón de San Román; haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta, que será duns 15 quilómetros aproximadamente; sesión vermú e baile no polideportivo da man de Disco Móbil Conxuro; e xantar a base de paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito. O prezo será de 26 euros para os adultos e de 13 euros para os nenos, e poden asistir tanto os participantes da ruta como o resto de persoas que o desexen, con ou sen cabalo...
leer másA comisión organizadora das festas patronais de Burela, que se celebrarán do 30 de maio ao 2 de xuño, anuncia que contarán coa actuación de nove orquestras: Panorama, El Combo Dominicano, La Fórmula, Cinema, Ritmo Joven, Cayenna, América, Solara, Pontevedra.
O venres 30 de maio haberá verbena desde as 23:00 horas con La Fórmula e Cinema.
O sábado 31 de maio terá lugar unha sesión vermú ás 14:00 horas e verbena a partir das 23:00 horas. Actuarán Ritmo Joven e América.
O domingo 1 de xuño tamén haberá sesión vermú ás 14:00 horas e verbena desde as 23:00 horas. As orquestras dese día son Solara e El Combo Dominicano.
E o luns 2 de xuño tamén haberá sesión vermú ás 14:00 horas e verbena a partir das 23 horas. Actuarán Pontevedra, Cayenna e Panorama.
... leer másO luns 24 de marzo ás 19:30 horas terá lugar no Salón dos Alcaldes da Casa do Concello ribadense a presentación do Observatorio Ciudadano de la Biodiversidad, de Ribadeo. É “un proxecto que busca fomentar a fotografía e o rexistro da biodiversidade local para contribuír ao seu estudo e conservación”, explica o Concello ribadense.
O acto contará coa participación de: Antonio Ordóñez (vicepresidente da asociación Fotografía y Biodiversidad) y Belén Pérez (representante local do Observatorio Ciudadano de la Biodiversidad).
O xerente da Fundación Expomar, José M. González 'Brais', aproveitou o marco da World Maritime Week, que se celebra en Bilbao del 19 al 21 de marzo, para manter diferentes reunións con empresas do sector e institucións relacionadas co mar.
A World Maritime Week é un encontro referente do sector marítimo internacional, que acolle en paralelo a celebración de catro congresos internacionais referentes aos sectores naval (Sinaval), pesqueiro (Eurofishing), portuario (Futureport) e de enerxías renovables mariñas (Marine Energy Week).
Ao igual que a Feira Expomar, o evento celébrase cada dous anos, polo que a Fundación Expomar aproveita a súa estancia en Sinaval para promocionar a próxima gran cita do sector pesqueiro e naval, que se celebrará no porto de Burela do 7 ao 10 de maio.
Expomar...
leer másO Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa dinamización social e cultural do municipio a través da colaboración con diferentes asociacións e clubs locais. Neste sentido colabora coa Asociación de Veciños de Sante na organización dos Xogos e actividades de Pascua, un evento pensado para a diversión da xuventude que se celebrará o próximo 6 de abril ás 16:30 horas en Sante (Trabada).
O evento inclúe diversas actividades como a decoración e busca de ovos de Pascua, ademais de xogos recreativos e un taller de graffiti dirixido a mozos e mozas de entre 7 e 18 anos. Para participar nesta última actividade, cada asistente deberá levar o seu propio spray de auga. O custo de inscrición é de 5 euros.
As inscricións permanecerán abertas ata o 4 de abril e poden realizarse a través do teléfono 696.266.162....
leer másO Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 22 de marzo, “inauguramos a primavera cun novo Guateque de Arruguiñas”. Será na Escola de Rúa ás 20:00 horas e actuará o dúo Samba.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras.