Eventos
Desde de la Xunta de Cofradías destacan que “el Programa Adral es ya un clásico de actividad religioso-cultural que organiza la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro. Es la preparación para vivir intensamente nuestra Semana Mayor, y que a través de conciertos, conferencias, etc. nos predispone a rememorar la Semana de Pasión de manera sentida como venimos insistiendo año tras año”.
Dará comienzo este sábado, 15 de marzo, a las 12:30 horas en el Salón Multiusos del Concello de Viveiro con la presentación del cartel representativo de la Semana Santa de Viveiro 2025, y todas las actividades del Programa Adral, “que intensamente lo viviremos hasta el día 12 de abril donde daremos paso al Pregón de la Semana Santa 2025”.
También el sábado, día 15, a las 20:30 horas en la iglesias de las MM Concepcionistas tendrá lugar...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, está a organizar una viaxe cultural a Sada e Betanzos para o sábado 22 de marzo.
O colectivo organizador anuncia: “achegarémonos aos pazos de Meirás e de Mariñán e tamén percorreremos as rúas de Sada para contemplar as súas edificacións modernistas e a zona histórica de Betanzos. Así mesmo visitaremos os exteriores do complexo de Cerámicas O Castro, en Sada. O límite de prazas é de 37 persoas. O prezo da actividade será de 50 euros para soci@s e 60@ para non soci@s (viaxe, xantar e entradas incluídos)”. A saída será desde a estación de autobuses de Ribadeo ás 08:30 horas.
Para participar nesta actividade “haberá que facer preinscrición (até o xoves 13) enviando correo electrónico a agrupacionfranciscolanza@gmail.com Anotaremos por rigorosa orde de chegada das...
leer másTrabada celebrará a súa festa de Carnaval este sábado, día 15 de marzo, e o prazo para inscribirse no desfile remata este xoves.
O desfile empezará ás 18:00 horas e para participar “hai que inscribirse online ata o dia 13 de marzo no formulario Entroido 2025 (Facebook A.C. O Picato) e enviándoo ó mail asociacionculturalopicato@gmail.com. A recollida de dorsais farase o sábado de 16:00 a 17:00 horas”, explica a Asociación Cultural O Picato, que organiza o evento coa colaboración do Concello de Trabada.
Haberá verbena, amenizada polo grupo Zona Zero e o DJ The sound Project. A entrega de premios será a partir das 00:00 horas e sortearanse cestas.
Mondoñedo celebrará a Comida da Igualdade este sábado, día 15 de marzo, ás 14:00 horas en Finca San Antonio.
É un encontro lúdico de mulleres e homes no que compartir un espazo de igualdade. Haberá sorteo de agasallos e animación musical.
As inscricións e recollida de tarxetas poden facerse nas oficinas de Centro de Información ás Mulleres (CIM) ou no departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo. O prazo para anotarse remata este mércores, 12 de marzo.
A Queima do Antroido será o 22 de marzo. Así o decidiron o Concello e a comisión organizadora, tras o aprazamento do pasado sábado, debido á alerta meteorolóxica por fortes ventos.
Esa xornada ás 21:00 horas partirá a comitiva fúnebre desde o Cantón, acompañada de viúvas e viúvos e das charangas de Ribadeo: A Choca e Aturuxo. A Queima do Antroido terá lugar na avenida Rosalía de Castro no medio de fogos artificiais e cunha monumental traca como peche de festa.
Desde o Concello e desde a comisión organizadora animan “a acudir a despedir o Antroido 2025 o vindeiro 22 de marzo. Agardamos que ese día o tempo nos acompañe e que poidamos gozar dun espectacular broche de ouro”.
Ribadeo porá así fin ao Antroido 2025. Atrás quedan a Gala Chuvia de Estrelas, a festa do freixó, o gran cocido...
leer másAs festas patronais de Burela celebraranse desde o día 23 de maio ata o 3 de xuño.
Os organizadores anuncian: “as Patronais de Burela 2025 xa están en marcha! Este ano a Asociación de Hostelería de Burela levará a organización das festas, contando coa colaboración de todas as entidades que veñen participando dende hai anos: ACIA, Arume, Dambara, Ledicia, Encaixeiras, Burela Floral, Coral, Representante de porteadores, ademais do Concello de Burela e a Cofradía de Pescadores. As festas son de todos e todas, así que se algunha entidades ou persoa quere colaborar, pode poñerse en contacto con nós”.
A Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia organiza a primeira edición de Encontros de Familias, un espazo para aprender, reflexionar e compartir experiencias coa colaboración da asociación Guillem Veiga Iglesias.
Elena Sierra explica que “este programa incluirá tres encontros: o 21 de marzo estará dedicado á educación emocional; o 28 de marzo aos problemas de conduta; e o 4 de abril a familia e pantallas”.
A concelleira de Familia indica que “nestes encontros reflexionaremos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo benestar emocional e social da nosas crianzas”.
A edil ribadense engade que “estes encontros son gratuítos e terán prazas limitadas, que serán reservadas por orde de...
leer másContinúan as visitas guiadas para coñecer o territorio mariñá da man de Guía tu día. A próxima será a mañá do domingo 16 de marzo na parroquia de Sargadelos no concello de Cervo.
Sargadelos é lugar de parada obrigatoria xa que nela atópase a Cerámica de Sargadelos, selo da identidade e cultura galegas. Pero tamén conta cos restos das antigas fábricas de fundición e cerámica fundadas por Antonio Raimundo Ibáñez, comunmente coñecido como o Marqués de Sargadelos.
Desde Guía tu Día explican: “falaremos da súa figura e o seu innovador proxecto nun paseo guiado sinxelo que nos levará polo Conxunto Histórico Artístico, o Museo Histórico e o Camiño Real. Unha vez rematada a ruta todo aquel que queira poderá quedarse a comer no Caseto de Copa en Cervo. O menú estará composto por empanada, lacón, postre, pan, bebida e...
leer másCon motivo do Día Internacional da Muller, VIA Alfoz organiza, un ano máis, a súa tradicional ofrenda floral. Un acto aberto á participación de toda a cidadanía, no que se quere render homenaxe ás mulleres de onte e de hoxe, así como reivindicar a necesidade de seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.
O acto terá lugar ás 12:00 horas no entorno do Castelo de Castrodouro.
Unha vez mais, como símbolo desta loita constante, depositaranse doce caraveis brancos, un por cada mes do ano, lembrando que a igualdade debe ser un compromiso continuo, non só unha reivindicación dun día. O branco destas flores representa a paz, un recordatorio de que a igualdade non debería ser unha batalla, senón unha realidade compartida por toda a sociedade.
Durante a ofrenda, reflexionarase...
leer más