Eventos
A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra a San Antonio este domingo, día 8 de xuño.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú, amenizada polo dúo Matices, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde, a partir das 18:00 horas.
Ademais haberá comida campestre na carpa instalada no adro da igrexa. Os tíckets para participar no xantar están á venda ata o martes 3 de xuño.
La Asociación Sendeiriña, de Mondoñedo, organiza una visita cultural a Lalín para este domingo, día 8 de junio.
La salida desde la avenida de Buenos Aires, de Mondoñedo, será a las 08:30 horas. La actividad incluye visitas al santuario Virxe do Corpiño y al museo etnográfico Casa do Patrón y comida de cocido de Lalín en el restaurante.
El precio es de 35 euros para soci@s de Sendeiriña, mientras que las personas que no pertenecen al colectivo tendrán que pagar 45 euros.
Las inscripciones se cerrarán este miércoles, día 4 de junio.
O xoves 5 de xuño terá lugar a xornada titulada Mulleres do medio rural en acción. Será en Barreiros, concretamente na Escola Indiana de San Miguel de Reinante, dende as 11 da mañá até ás 18:30 da tarde.
Na xornada intervirán a secretaria xeral do Sindicato Labrego, a laurentina Isabel Vilalba Seivane; Marta Vázquez Rouco, da asociación A Estruga, de Vilalba; Dolores Carmen Tourón Río, da asociación As Espigadoras; e Lola Cancio Álvarez, da asociación asturiana NIA.
Esta actividade forma parte do programa Tecendo Redes no Rural: Mulleres, PAC e Titularidade Compartida, organizado pola Confederación de Mujeres del Mundo Rural) e a Asociación Labregas, que conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
As persoas interesadas en máis...
leer másA parroquia do Cadramón, non concello do Valadouro celebrará as festas na honra de Santa Filomena o día 7 de xuño, sábado.
As actividades comezarán ás 12:30 horas con misa solemne na capela seguida de procesión. Despois haberá sesión vermú co dúo Venús, que tamén actuará na verbena, desde as 20:30 horas.
Estas festas están organizadas pola asociación veciñal Santa Filomena do Cadramón, que anuncia: “o próximo 7 de xuño agardámosvos no Cadramón para celebrar a festa de Santa Filomena. Haberá a posibilidade de quedarse a comer no campo da festa, sempre e cando se faga reserva previa. As prazas son limitadas e poden facerse as reservas ata o 2 de xuño. Recinto cuberto con carpa. Contaremos coa actuación de dúo Venus, para a sesión vermú e a verbena á noitiña; e Fol do Raxal, de Cervo, que poñerá o son tradicional na...
leer másA cea baile para clausurar a tempada das Escolas Deportivas de Lourenzá celébrase o sábado 7 de xuño
A cea baile para clausurar a tempada 2024-25 das Escolas Deportivas de Lourenzá celebrarase o día 7 de xuño, sábado, no Multiusos Ponte de Cuñas desde as 22:00 horas.
“Chega o momento máis esperado do ano! O sábado 7 de xuño despedimos a XXIX edición das Escolas cunha gran cea baile, con música, diversión e moita emoción. Os nen@s das Escolas están convidados, pero deben anotarse antes do antes do luns 2 de xuño. Para familias, socios e público en xeral podedes mercar os tickets en Morrigan (Lourenzá) e Carnicería Ben&Vior (San Cibrao). Prezos: adultos, 15 euros; e nenos que non forman parte das Escolas, 10 euros. A data límite para mercar os tickets é o luns 2 de xuño”, anuncian as Escolas Deportivas de Lourenzá.
A partir deste domingo, día 1 de xuño, e ata o 30 de setembro amplíase o horario para poder visitar a Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, a máis grande de Galicia.
Despois dun gran comezo de campaña nas visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo, cun incremento de algo máis do 6% entre os meses de marzo e maio, posto este dato en relación as mellores cifras rexistradas en anos previos, dende o Concello de Mondoñedo e a Federación Galega de Espeleoloxía comunican a ampliación da oferta de visitas á Cova do Rei Cintolo durante estes meses de verán. Agora, a partir do día 1 de xuño e ata o 30 de setembro, a visita á Galería Central da Cova do Rei Cintolo poderase facer de luns a domingo, ambos incluídos, en tres horarios: 11, 16 e 18:30 horas.
O Concello de Mondoñedo explica que “as visitas que se levan a cabo na galería...
leer másRibadeo acollerá o día 6 de xuño, venres, a proxección do documental titulado Se canto é porque quero e un coloquio sobre este traballo audiovisual producido pola Real Academia Galega co gallo do Día das Letras Galegas deste ano. Será no Cine Teatro ás 20:30 horas. E despois, a partir das 22:00, haberá unha foliada aberta na rúa Pasarón y Lastra, na zona vella ribadense.
Estas actividades están organizadas polos colectivos locais As Vacas Fracas e Agrupación Cultural Francisco Lanza.
A localidade de Goios, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra da Ascensión os días 30 e 31 de maio.
O venres 30 haberá churrascada veciñal e verbena co grupo D´Cano e DJ Bombardero.
E o sábado 31 ás 12:45 horas celebrarase misa solemne no campo de festa e despois macro sesión vermú amenizada polo grupo Jaque.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
Os días 7 e 8 de xuño celebrarase a festa das Cruces en A Ponte de Arante (Ribadeo), que é de interese turístico galego.
O sábado día 7 terá lugar o pregón a cargo do reitor da USC, Antonio López Díaz. E a continuación Emilio Rúa ofrecerá un concerto.
Xa o domingo 8 ás 12:00 horas será a Bendición dos Campos, Procesión, Bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. Amenizará o acto o cuarteto Illa Pancha, a continuación haberá misa solemne e ás 14:00 horas sesión vermú co grupo D'Cano. Ás 15:00 horas dará comezo a V Comida Romaxe das Cruces, que será servida por catering Pulpería Suso. As persoas interesadas en asistir poden facer as reservas de tíckets nos seguintes números de teléfonos: 636 87 49 51 (Javier) ou 639 93 35 12 (Suso) . O prezo para os adultos será de 30 euros. E para os menores de 10 anos será gratis....
leer másA Praza de Abastos de Viveiro será escenario este sábado, día 31 de maio, pola mañá do Día dos Mercados, unha iniciativa posta en marcha pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia que ten como fin poñer en valor a compra local e a profesionalidade dos praceiros e praceiras, así como incentivar o consumo dos produtos frescos. Anúnciao o Concello.
No Día dos Mercados a Praza de Abastos de Viveiro contará con postos de venda efémeros e con música a cargo de Amigos do Folk.