Eventos

Etiquetas:
31/01/2026

O Concello de Viveiro anuncia que vén de aprobar as bases reguladoras do Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido 2026, que se celebrará o  martes de Entroido, co obxectivo de “incentivar a participación cidadá nunha das celebracións máis tradicionais e concorridas do municipio”.

O concurso contará con categorías de adultos e infantil. Na categoría de adultos poderán participar carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais, mentres que na infantil establécense as modalidades de individual, parellas e grupos. Para os efectos destas bases, considérase carroza todo vehículo de tracción mecánica con plataforma e un mínimo de catro persoas participantes. Poderán tomar parte no concurso persoas particulares, asociacións, entidades legalmente constituídas e grupos ocasionais, que deberán designar unha persoa representante....

leer más
30/01/2026

Este venres presentouse no Pazo de San Marcos o VIII Foro Labrego de Agroecoloxía titulado A agroecoloxía é o relevo, que se celebrará os días 7 e o 8 de febreiro no Pazo de Santomé, en Mondoñedo.

Estas xornadas, organizadas polo Sindicato Labrego Galego coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúen palestras centradas no relevo xeracional, visitas a proxectos labregos e xantares agroecolóxicos.

O deputado de Rural Daniel García e Isabel Vilalba, da Dirección Nacional do Sindicato Labrego Galego, presentaron o programa do foro, nun acto que contou tamén coa presenza de Eloi Cabanas, concelleiro do BNG en Mondoñedo.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “a responsabel do Sindicato debullou un programa cun importante peso da parte...

leer más
30/01/2026

O Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín sorteando 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explica que “aquelas persoas que fagan as súas compras por importes superiores a 10 euros no noso comercio entre os días 2 e o 18 de febreiro poderán entrar no sorteo de 4 vales de compra de 100 euros cada un e dunha escapada romántica. O sorteo farémolo en Radio Foz o día 19 de febreiro”.

Paleo anima “a apostar unha vez máis polos negocios locais nos que podemos atopar todo o que precisamos par sorprender ás nosas parellas. Na hostalería de Foz tamén haberá propostas gastronómicas para celebrar o día de San Valentín”.

Outro clásico destas datas é o doce afrodisíaco, unha cita na que participan Anduriña, Los Dulces de...

leer más
30/01/2026

A parroquia de San Xusto, no municipio de Barreiros, celebrará a Festa do Cocido o día 7 de febreiro, sábado.

Será no Centro Social e haberá sesión vermú, amenizada polo dúo Principal, desde as 13:30 horas. E a continuación comezará a comida.

O aforo é limitado e o prazo para reservar remata o 2 de febreiro.

29/01/2026

Os días 7 e 8 de febreiro, sábado e domingo, celebrarase en Mondoñedo o VIII Foro Labrego de Agroecoloxía baixo o título A agroecoloxía é o relevo. O encontro, organizado polo Sindicato Labrego Galego co financiamento da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, terá lugar no Pazo de Santomé.

Haberá palestras centradas no relevo xeracional, visitas a proxectos labregos e xantares agroecolóxicos.

Etiquetas:
29/01/2026

O concello de Cervo celebrará o XIX Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía o sábado 11 de abril, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.

O evento foi presentado pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, pola concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por unha representación das palilleiras de San Ciprián, na Casa do Mar, no local que empregan habitualmente para desenvolver a súa actividade.

O Concello de Cervo explica que “con 19 edicións de traxectoria, o Encontro de Palilleiras é unha cita xa plenamente consolidada no calendario do municipio, coa finalidade de poñer en valor unha tradición artesanal de gran relevancia cultural, que se mantén viva grazas á paciencia, á dedicación e á creatividade das persoas que a practican. Durante a xornada as persoas asistentes poderán...

leer más
Etiquetas:
29/01/2026

Lourenzá celebrará o seu desfile de Entroido o Domingo de Piñata, día 22 de febreiro. Repartirá máis de 5.000 euros en premios e estará amenizado por Puzzle Animación.

O desfile, organizado polo Concello de Lourenzá, empezará ás 16:30 horas e as inscricións para participar poden facerse na Biblioteca Municipal de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres ou por teléfono no número 982.12.10.06; e tamén o propio domingo 22 de febreiro no recinto feiral de Vilanova de 12:00 a 15:00 horas.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia que nos próximos días publicaranse as bases do desfile de Entroido na web municipal.

28/01/2026

A asociación cultural Saíñas organiza o vindeiro sábado 7 de febreiro a XVII Festa do Lacón, “unha cita xa consolidada para o uso e desfrute de todos os socios, veciñanza e visitantes”, anuncia o Concello de Xove, que explica: “o evento terá lugar no Pavillón Municipal de Xove, cuxas portas estarán abertas a partir das 20:30 horas, para degustar un delicioso menú completo composto por sopa, lacón, patacas, chourizo, pan, bebida e, como remate, postres variados e chocolatada. Todo isto poderá desfrutarse por un prezo popular de 12 euros, unha cantidade moi accesible coa que cada participante poderá cear e, ao mesmo tempo, colaborar co labor da asociación. A festa estará amenizada con música e baile en directo, ademais de sorteos e karaoke, garantindo unha noite de diversión e boa compañía”.

Desde a asociación cultural Saíñas convídase “a...

leer más
28/01/2026

A asociación cultural O Pasatempo organiza unha cea de cocido con baile de disfraces en Mondoñedo para o día 7 de febreiro, sábado.

A música correrá a cargo do dúo Epo-K e do trío Merengue. A apertura de portas será ás 21:15 horas, a cea comezará as 22:15 e o baile de disfraces será desde as 00:30 horas.

Haberá sorteos e premios ós mellores disfraces. O prezo é de 38 euros.

Etiquetas:
28/01/2026

A axenda cultural do Concello de Ribadeo para o primeiro trimestre deste ano inclúe máis de 30 actividades. A programación foi presentada pola concelleira Begoña Sanjurjo.

A edil ribadense declarou: “presentamos a axenda cultural do primeiro trimestre do 2026, unha programación ampla, diversa e pensada para todos os públicos, que converte a cultura nun eixo central da vida social do noso concello. Durante este trimestre do ano, Ribadeo acollerá máis de trinta actividades culturais que abranguen teatro, maxia, música, literatura, conferencias, actividades infantís e exposicións, con escenarios como o Cine Teatro, o Auditorio Municipal Hernán Naval, a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, a Igrexa Parroquial ou a Casa do Mar”.

A concelleira de Cultura engadiu: “seguimos apostando por unha programación equilibrada,...

leer más