Eventos

Etiquetas:
23/09/2025

Vilapercide, no municipio de Trabada, celebrará as festas na honra a San Miguel esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.

O venres haberá verbena coa orquestra Los Satélites e a disco móbil The Sound Project

O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén actuará na verbena xunto á disco móbil The Sound Project.

E o domingo ás 12:00 horas haberá misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú extra longa co dúo Belinda, o grupo de gaitas Illa Pancha e a disco móbil The Sound Project.

A organización destaca que o recinto estará cuberto con carpa e haberá empanadas e xamón gratis.

Etiquetas:
23/09/2025

A asociación Movemento Artístico da Mariña (Movart- A Mariña) e a Librería Bahía de Foz organizan este venres, día 26 de setembro, ás 20:30 horas, na referida librería, a presentación do libro El huevo de la serpiente. El nido de ETA en Madrid, de Eduardo Sánchez Gatell, publicado pola editorial Betagarri Liburuak.

Movart A Mariña explica que “este libro é un testemuño en primeira persoa dos acontecementos que rodearon o atentado da Cafetería Rolando, o 13 de setembro de 1974, en Madrid; e unha profunda reflexión sobre os perigos do dogmatismo e as fatais consecuencias do uso da violencia coma ferramenta política. Á presentación acudirán o autor e a súa irmá, Mar Sánchez Gatell, quen ofrecerán aos asistentes unha perspectiva persoal daqueles sucesos”.

O Movemento Artístico da Mariña tamén anuncia que “...

leer más
23/09/2025

O Concello de Cervo anuncia que o peche do Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco chega este venres, día 26 de setembro, ás 22:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

“Durante todos os venres de setembro gozamos dun festival itinerante que levou contos e historias a diferentes parroquias e locais sociais de Cervo, grazas á colaboración das asociacións veciñais e á proposta orixinal de Tarabela Creativa. Agora chega o momento da gran gala final con Carmen Conde (Embaixadora do Río Cobo), Caxoto (Embaixador do Río Xunco) e as regueifeiras Lupe Blanco e Alba María, regueifando cada unha en representación dun río. O público decidirá co seu aplauso que río gañará esta viaxe de narracións e tradición oral. O noso agradecemento a todas as persoas e colectivos que fixeron posible este mes cheo de cultura, memoria e...

leer más
Etiquetas:
22/09/2025

Os Plans con corazón continúan este venres e o domingo con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías locais expertos coñecedores do territorio.Os plans terán lugar os días 26 e 28 de setembro nos municipios de Lourenzá e Ourol, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de visitas moi especiais coas que explorar a historia e a paisaxe destes lugares da man dos guías locais.

LOURENZÁ-Venres 26 setembro 
Un río de historia e patrimonio gastronómico con Carmen Delia 
Un paseo fluvial para coñecer as orixes, as lendas e as paisaxes do concello, pero tamén para degustar produtos gastronómicos senlleiros, como é a Faba de Lourenzá. Os participantes coñecerán o proceso de produción desta leguminosa da man da Cooperativa Terras da Mariña e terán a oportunidade de catar unha...

leer más
22/09/2025

Villaemil, no municipio da Pontenova, celebra as festas na honra a San Miguel esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.

As actividades comezarán o venres con verbena amenizada polo dúo Belinda e o DJ Pedro Bermúdez.

O sábado a partir das 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Alma Latina, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Acheriza2.

E o domingo ás 14:00 horas celebrarase misa solemne e despois haberá sesión vermú amenizada polo dúo Acheriza2.

22/09/2025

A programación da XXXIII Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do venres 3 ao domingo 5 de outubro, inclúe actividades como degustacións e venda de fabas o sábado e o domingo, exposicións e demostracións de artesáns, showcookings, cata de viño, concentración de vehículos clásicos e varias actuacións musicais.

Os actos do programa comezarán o venres ás 19:30 horas no Claustro do Mosteiro de San Salvador coa presentación do libro titulado A Faba e Nós, de Alberto V. Serantes. No mesmo lugar ás 20:30 horas haberá unha cata de viño comentada a cargo da adega Melillas e fillos (D.O. Valdeorras); e ás 21:00 horas actuará o grupo Mar Aberto, de Foz. As actividades desta xornada rematarán cunha verbena, na que actuará o dúo Belinda e a discoteca móbil The Sound Project; será no Campo dos Bolos desde as 22:30 horas.

... leer más
21/09/2025

A asociación cultural Airiños do Xunco, de Cervo, celebrará o seu 50 aniversario cunha cea baile que será o 25 de outubro, sábado, desde as 22:30 horas.

“Se pasaches por Airiños do Xunco, se segues sendo membro a día de hoxe ou se simplemente desfrutaches da vida cultural do pobo agora si que si: a gran celebración do 50 aniversario! Cunha cea baile no Almacén amenizada por DJ Conxuro poñeremos o broche de ouro todos xuntos a este ano tan especial”, anuncia o colectivo cultural cervense.

Os tickets están á venda na Pousada O Almacén ata o día 19 de outubro.

Etiquetas:
21/09/2025

A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará as festas na honra a San Miguel desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.

As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación gratuíta de carne de porco á brasa, verbena amenizada pola orquestra Fuego e sorteo dunha macrocesta.

O sábado ás 10:00 horas empezará a Ruta Cabalar de Viveiro organizada por Cabaleiros do Landro. Ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Elebe 2.0. Desde as 15:30 horas terá lugar un xantar popular no campo da festa, con aforo limitado (reservas ata o dia 23 de setembro). A continuación haberá baile de tarde co dúo Stylo e pola noite na verbena actuará o grupo Elebe 2.0 e a orquestra Los Satélites.

E para o domingo está programada unha...

leer más
Etiquetas:
19/09/2025

A Asociación Xuvenil Xoldra, de Mondoñedo organiza este sábado, 20 de setembro, coa colaboración de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, As Vesperas, unha xornada festiva con música, sorteos e unha degustación de produtos de porco celta, que servirá de aperitivo ao Festival Breason, que celebrarán o 7 e o 8 de novembro.

O deputado provincial de Rural, Daniel García, acompañado por integrantes da asociación presentaron esta xornada, que se desenvolverá a partir das 20.00 horas na Praza do Concello. O responsable provincial loubou o traballo de Xoldra, que “ademais de ampliar a axenda musical do outono cun festival que xa está nos calendarios de mocidade de toda Galiza, converteron a organización do Breason nunha oportunidade de encontro e de dinamismo a nivel local ao longo do ano con iniciativas coma esta".

... leer más
Etiquetas:
19/09/2025

O Centro de Información á Muller (CIM) de Ribadeo organiza para o vindeiro 26 de outubro unha saída ao balneario Aquaxana Las Caldas, en Oviedo. Trátase dunha actividade dirixida a mulleres cun total de 50 prazas dispoñibles.

A saída será ás 9:00 horas desde a Escola de Música de Ribadeo, e o regreso está previsto arredor das 18:00 horas. Durante a xornada as participantes gozarán das instalacións termais do complexo. O prezo é de 36,10 euros por persoa, correspondente á cota de utilización do balneario. O Concello de Ribadeo asume o custe do autobús. Ademais as mulleres disporán de tempo libre en Oviedo para comer e desfrutar da cidade, sendo a comida por conta de cada participante.

As inscricións estarán abertas do 22 de setembro ao 15 de outubro no CIM (Auditorio Hernán Naval, Rúa Buenos Aires, 14) e a través...

leer más