Eventos

11/02/2026

O sábado 28 de febreiro ás 14:30 horas a Agrupación Cultural Francisco Lanza celebrará o Día de Rosalía cun xantar, no que haberá poesía e música.

“Imos celebrar o Día de Rosalía cun xantar de confraternización, o Caldo de Gloria, no Centro Sociocomunitario de Ribadeo (detrás do Concello). O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo de gloria e o compango, xunto coas filloas de sobremesa. Haberá lectura de poemas e algo de música. O noso compañeiro Eli García-Bouso poñerá música a algún tema de Rosalía de Castro”, anuncia a Agrupación Cultural Francisco Lanza, que engade: “o prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e de 20 euros para non socios/as. Por favor, se estades interesados/as en asistir non deixedes de anotarvos, ben cun correo enviado a ...

leer más
11/02/2026

O día 22 de febreiro, domingo, haberá unha comida de cocido galego con baile no Centro Social de Cangas de Foz.

As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha misa na igrexa parroquial, na que actuará o grupo Acordeonistas da Mariña.

A comida será ás 14:30 horas no centro social e estará amenizada polo dúo Epo-K.

11/02/2026

A Pontenova celebrará un Entroido infantil este domingo, día 15 de febreiro. Será no pavillón municipal Tito Margaride desde as 17:00 horas.

Está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova coa colaboración do Concello, que anuncia: “o vindeiro 15 de febreiro ás 17:00 horas agardámoste no Pavillón Municipal Tito Margaride para gozar dunha tarde chea de xogos, música e baile pensada para os máis pequenos e para toda a familia! Prepara o teu mellor disfrace e ven vivir un Entroido máxico, divertido e cheo de sorpresas”.

Etiquetas:
11/02/2026

A xuntanza anual dos maiores organizada polo Concello de Foz celebrarase o día 1 de marzo, domingo, na carpa instalada na rúa Atalaia.

A concelleira Ana Rojo anuncia que “o Concello de Foz, dende a delegación de Servizos Sociais, organiza un ano máis a tan esperada xuntanza dos nosos maiores do municipio (empadroados no Concello), cita especial que como cada ano preparamos con moita ilusión. Esta nova xuntanza celebrarase o día 1 de marzo na carpa instalada na rúa Atalaia (carpa do Carnaval), a cal contará con calefacción, baños diferenciados de mulleres e homes e adaptados para persoas con mobilidade reducida, ademais dos accesos de entrada e saída a carpa libres de barreiras arquitectónicas”.

A concelleira de Servizos Sociais explica tamén que “ás 13.30 horas iniciaremos a sesión vermú con música en directo,...

leer más
Etiquetas:
10/02/2026

Ante a previsión do mal tempo o Concello de Xove segue adiante en manter o seu tradicional desfile de Entroido e traballa nun plan alternativo para garantir a celebración do mesmo no caso que se presente unha tarde de inclemencias meteorolóxicas.

A Concellería de Cultura anuncia que “como cada ano, o Concello está a organizar o desfile de Entroido. Sen embargo e tralos temporais rexistrados recentemente na comarca e ante a previsión de posibles condicións meteorolóxicas adversas, estase a traballar nun plan alternativo que permita garantir a celebración do evento sen necesidade de modificar a data prevista. Esta decisión ten como obxectivo evitar a coincidencia coas celebracións doutros desfiles en concellos próximos, facilitando así a participación da veciñanza e das persoas inscritas sen incidir na organización doutros entroidos da zona...

leer más
10/02/2026

O IES de Foz celebrará entre os días 25 e 27 de febreiro unha nova edición dos certames de baristas, que baten o récord de inscritos ao contar con 26 centros de hostalería procedentes de 14 comunidades autónomas españolas, de Viana do Castelo (Portugal) e de Brescia (Italia).

A Xunta de Galicia explica que “o instituto, que depende da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, presentou este martes a programación da XVIII edición do Campionato de Baristas e da XIII edición do Campionato de Cata. No acto participou a directora territorial da consellería en Lugo, Sagrario Sánchez, que gabou o traballo que realiza a comunidade educativa e agradeceu o apoio dos máis de medio cento de patrocinadores e colaboradores”. Tamén asistiu á presentación o alcalde de Foz, Fran Cajoto.

O evento...

leer más
Etiquetas:
09/02/2026

Este domingo, día 15 de febreiro, en Cervo haberá desfile de Entroido que sairá do colexio ás 18:00 horas e chegará á carpa instalada na Praza do Souto. O desfile estará amenizado pola charanga Os Macanudos e ao remate a festa continuará coa sesión musical de DJ Conxuro.

Haberá premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas, consistentes en figuras de cerámica e cestas con produtos típicos de Entroido.

As comparsas deberán estar integradas por máis de 8 persoas. As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 629.95.17.61 (Raquel) ou 617.31.32.07 (Rafa). As comparsas que se inscriban antes do sábado recibirán unha cesta con produtos típicos de Entroido.

Este evento está organizado pola asociación cultural Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de...

leer más
09/02/2026

O Concello de Ribadeo anuncia: “este venres, 13 de febreiro, temos unha cita moi especial na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho: Contos na biblioteca, coas nosas Mestras de Conto. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 5 anos. Unha tarde chea de historias, maxia e imaxinación”.

Haberá dúas sesións: ás 17:00 e ás 18:00 horas, con 10 prazas en cada unha. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición no WhatsApp da Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, que é o 604.08.42.01.

09/02/2026

Burela celebrará un baile de Entroido e San Valentín este sábado, día 14 de febreiro. Será na carpa instalada na Praza da Mariña desde as 23:30 horas ata as 04:00 da madrugada e haberá música en directo.

É un evento organizado para colaborar coas festas patronais de Burela e a comisión anuncia: “ven disfrazado/a, trae á túa xente e baila ata que o corpo aguante”.

08/02/2026

A asociación cultural A Pomba do Arco celebrará o domingo 15 de febreiro ás 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz unha nova edición do Touporroutou, un dos espectáculos clásicos do Entroido focego. A representación correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro e das pandeireteiras de A Subela.

A entidade organizadora anima a toda a veciñanza a colaborar coa actividade, achegando as súas coplas ás caixas distribuídas en diversos establecementos de Foz. Segundo indica a asociación, estas caixas están dispoñibles en: Eskina, Anduriña, Urban, Muelle Bar, Cervexaría Augas Santas, Funcional, Happy Days, Pachán, Chapela, A Bolera, Casa Damián, “Dandy” e “Xoiña”. Como novidade, A Pomba do Arco habilita tamén o correo electrónico apombadoarco@gmail.com para que quen o desexe poida...

leer más