Eventos
O Concello de Viveiro convida á veciñanza a participar no Entroido 2026, cunha programación “chea de actividades para todos os públicos que se desenvolverá do 12 ao 18 de febreiro. Cultura, música, humor e tradición encherán as rúas do municipio durante toda a semana”.
O xoves 12 será o pregón de Carnaval no Teatro Pastor Díaz e Tapeo de Comadres. O venres 13 haberá obradoiros infantís e Música e Palabra, a cargo do grupo de teatro Andanzas. Para o sábado 14 está programada unha actuación do DJ Karras Martínez na Praza Maior, Pasarrúas do Entroido e Alpuxarradas. O domingo 15 haberá Entroidiño para a cativada. O luns 16 celebrarase a II Festa do Entroido en colaboración coa Comisión de Festas de Viveiro. O martes 17 será o tradicional Desfile de Entroido con concurso de disfraces. E o mércores 18 rematarán as actividades con Adeus...
leer másNeipín, no municipio de A Pontenova, celebra as festas na honra a Santa Apolonia este sábado, día 7 de febreiro.
As actividades comezarán con misa solemne ás 13:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén actuará na verbena xunto a DJ Casanova.
A comisión organizadora anuncia que o recinto da festa estará cuberto.
O Concello de Trabada organiza o I Encontro de Cestería da Vilapena, que se celebrará o domingo 22 de marzo.
“Trátase dunha xornada pensada para poñer en valor a artesanía tradicional e recoñecer o labor das persoas que mantiveron vivo este oficio ao longo do tempo. O encontro desenvolverase ao longo de todo o día cun amplo programa de actividades. Entre as 11:00 e as 13:00 horas terá lugar un obradoiro de cestería, con inscrición previa no Concello de Trabada ou no teléfono 982 13 50 11. Ademais, haberá demostracións de cestería a cargo de Lola Tourón, Asunción Trigo e José M. Ginzo, referentes neste oficio artesanal. Ás 12:30 horas está prevista a actuación da Asociación Amigos da Gaita Galega, e ás 13:00 horas celebrarase un acto de homenaxe a Jorge da Vilapena, un dos últimos cesteiros da parroquia e protagonista do cartel desta...
leer másLa Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro anuncia que José Ángel Rodríguez Méndez, conocido como Anxo Rodríguez, pregonará la Semana Santa 2026 el día 28 de marzo en el Teatro Pastor Díaz.
La portavoz de la Semana Santa de Viveiro, Mari Carmen López Gómez, comenta que una expedición de la Xunta de Cofradías se desplazó este lunes a Santiago de Compostela, donde reside, para confirmarlo. Y explica que “Anxo nació en Viveiro el 1 de abril de 1961, donde pasó su infancia y juventud, residiendo en Chavín. Cursó sus estudios de Bachillerato, BUP y COU en el Instituto de Viveiro, hoy Vilar Ponte. Posteriormente se licenció en Ciencias de la Información en la promoción 79-84 y también en Ciencias Políticas en la promoción 80-85, ambos estudios realizados en la Universidad Complutense de Madrid. El 1 de agosto de 1985 comenzó su andadura...
leer másO Concello de Cervo pon en valor a iniciativa Corremos xuntos, chegamos xuntos, unha xornada deportiva e de convivencia organizada polo CEIP Península da Paz con motivo do Día Escolar da Paz, e que conta coa colaboración do Concello, coa que se pretende promover valores como a inclusión, a solidariedade e o respecto a través do deporte. A actividade, inicialmente prevista para o pasado 30 de xaneiro, cando se conmemora o día propiamente dito, tivo que ser aprazada debido ás condicións meteorolóxicas adversas e celebrarase finalmente este mércores, 4 de febreiro, nas pistas de atletismo municipais.
A iniciativa foi presentada nun acto no que participou a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias, e representantes do CEIP Península da Paz, centro organizador do evento, así como representantes dos...
leer másA Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha ten en marcha a campaña denominada Ruta do Comercio con Amor, que repartirá fantásticos premios. “Baixo o lema Namórate do Comercio Local Mercando aquí lanzamos esta campaña de dinamización comercial que comezou este luns, 2 de febreiro, e rematará o 19 deste mes”, explica o CCH Viveiro, que engade: “os interesados en participar na Ruta do Comercio con Amor poderán recoller en calquera negocio asociado o Pasaporte do Comercio, onde figuran 10 casillas para completar con selos de establecementos diferentes. Por cada compra realizada entre o 2 e o 19 de febreiro en calquera negocio asociado, estamparase un selo en dito pasaporte. O obxectivo é conseguir a maior cantidade de selos de diferentes negocios”.
Tamén anuncia que “o día 19 de...
leer másA Deputación de Lugo activa este mércores, 4 de febreiro, o sistema de reservas para solicitar praza nas rutas fluviais pola Ribeira Sacra, que comezarán a nova temporada o día 19 de marzo e prolongarase ata a ponte de decembro mantendo os dous percorridos habituais polo Canón do Sil e polo Cabo do Mundo.
As persoas interesadas en realizar estas viaxes poderán adquirir os seus billetes exclusivamente a través da páxina web reservas.rutasembalses.es, unha plataforma dispoñible as 24 horas do día que permite consultar en tempo real horarios, tarifas, dispoñibilidade de prazas e información práctica para planificar a experiencia. A través deste portal tamén se poden modificar ou cancelar reservas. Non se admiten reservas por teléfono nin por correo electrónico.
... leer másO Concello de Trabada, en colaboración coa Asociación Cultural O Picato, organiza o Entroido de Trabada, “unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo municipal, que terá lugar o sábado 28 de febreiro e que converterá novamente o centro da vila nun espazo de festa, participación e convivencia”. Haberá desfile e verbena.
O Concello de Trabada asume nesta edición o papel de organizador principal dun evento que “cada ano reúne a centos de persoas, tanto veciñanza do municipio como visitantes doutras localidades, consolidándose como unha cita imprescindible do Entroido na comarca”.
A programación comezará ás 18:00 horas co tradicional desfile de disfraces, no que poderán participar carrozas, grupos, comparsas, charangas, parellas e participantes individuais. As inscricións poderán realizarse de xeito...
leer másO sábado 28 de febreiro o ensaísta, crítico literario e investigador Luís Alonso Girgado recibirá a distinción de Cunqueiriano de Honra de 2026. Será no salón de plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00 horas, onde estará acompañado por diversas autoridades. Converterase, así, no décimo homenaxeado dende que se instituíu este galardón.
O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven a distinción de Cunqueiriano de Honra co fin de recoñecer o labor daqueles persoeiros que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense.
Neste 2026 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, decidiu premiar “a longa e vizosa traxectoria dun gran coñecedor da figura de Cunqueiro como é o estudoso e crítico...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 15 de febreiro, domingo, un percorrido pola Ruta del Estraperlo, no municipio asturiano de Vegadeo. A distancia a percorrer son 13 quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán un cocido de Entroido.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 11 de febreiro. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.












