Eventos
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 8 de marzo, domingo, unha no municipio asturiano de Felechosa. A saída desde Foz será ás 06:00 horas e ás 06:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 65 euros para socios federados, 70 euros para socios non federados e 75 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o venres 27 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e anuncia que é “una hermosa salida; iremos hasta Felechosa, a los pies del puerto de San Isidro, para realizar una...
leer másA Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta de Maeloc, no municipio lucense de Bretoña, o día 22 de febreiro, domingo. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes do xoves 19 de febreiro.
O Concello de Barreiros ultima os preparativos para o desfile de Entroido, que será o 20 de febreiro
O concelleiro de Dinamización en Barreiros, Dani García, reuniuse cos representantes das comparsas locais -Macanudos e Habelas Hainas-, así como coa asociación Event&Fest Barreiros, entidades que colaboran na organización do desfile de Entroido que terá lugar o venres 20 de febreiro. “Un encontro para ultimar detalles e poñer en valor o traballo conxunto que fai posible que o Entroido de Barreiros siga medrando ano tras ano e mantendo viva esa tradición e o espírito carnavaleiro. Lembrámosvos que haberá pulpería tanto ao mediodía como pola noite na Praza do Concello e que, durante toda a tarde, a praza contará con ambiente festivo e música como entretemento antes do desfile”, anuncia o Concello.
A información relativa á festa infantil de Entroido, que será o mércores 18, como a do desfile está dispoñible na web concellodebarreiros.gal...
A Cofradía do Santísimo Cristo e María Santísima das Dores, de Burela, convoca a todas aquelas mulleres interesadas en participar nas procesións da vindeira Semana Santa vestindo mantilla a unha reunión informativa que terá lugar o martes 17 de febreiro ás 20:00 horas no salón parroquial.
“Nesta xuntanza explicaranse os aspectos organizativos, normas e detalles necesarios para a correcta participación, así como resolveranse dúbidas e coordinarase a presenza das mantillas nas distintas procesións. A asistencia está aberta a todas aquelas persoas que desexen formar parte deste elemento tan representativo e solemne da nosa Semana Santa”, explica a Cofradía do Santísimo Cristo e María Santísima das Dores, de Burela.
O Concello de Cervo presenta unha nova edición da Festa do Mexillón de San Ciprián, que se celebrará o sábado 21 de febreiro de 2026, “consolidándose como unha das citas gastronómicas e festivas máis destacadas do inverno na Mariña na súa XXXII edición”.
O evento contará coa participación de dez establecementos hostaleiros da localidade (O Porto, Maruxaina, O Encontro, A Penúltima, Las Titas, O Faro, Bar Habana, O Noso Lar, O Trasgo e Bodega de Ana), que ofrecerán diferentes elaboracións con mexillón como protagonista, “poñendo en valor a calidade do produto e o bo facer da hostalaría local”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “a programación completarase cun amplo abano de actividades musicais e de animación na rúa. A mediodía coas agrupacións locais Fol do Raxal e A Rebolaxe, e xa a partir das 19:00 horas coa Charanga da Carmiña e...
leer másA Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e o Consello Municipal de Mulleres abordaron a programación do 8M e as novas accións contra a violencia machista. Haberá obradoiros nos centros de ensino, un certame de fotografía, unhas xornadas sobre corresponsabilidade e teatro.
Ribadeo acolleu unha nova xuntanza da Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e do Consello Municipal de Mulleres, “dous espazos fundamentais de traballo conxunto entre administracións, forzas de seguridade, comunidade educativa e tecido asociativo”. Segundo explicou a concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, “estas reunións permiten facer seguimento das actuacións en materia de igualdade e prevención da violencia machista, así como reforzar a coordinación entre todos os axentes implicados. Durante as sesións de...
leer másO Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro e a compañía teatral Andanzas ofrecerán un espectáculo conxunto este venres, día 13 de febreiro, ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz. A entrada é de balde.
O Concello de Viveiro anuncia que “con motivo do Día de San Valentín, Viveiro énchese de emocións, música e literatura. O Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro e o Grupo de Teatro Andanzas, de Viveiro, únense nun espectáculo único onde a música e a palabra dialogan sobre o escenario. Unha proposta cultural para sentir, escoitar e compartir”.
O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido que será o día 16 de febreiro, luns, desde as 17:00 horas na carpa instalada na Praza dos Campos, de San Ciprián.
Haberá talleres, inchables, xogos e chocolate con churros.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou este mércores a proposta que levou a Fitur 2026 A Mariña, unha viaxe á identidade. Fíxoo ante autoridades, Concellos, un numeroso grupo de colaboradores do sector privado local e oficinas de turismo, nun acto que tivo lugar no salón de actos do IES de Foz, que rendeu unha homenaxe no propio territorio ás carolas. Así mesmo, fixo entrega dos diplomas do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino na Mariña (SICTED) da Mariña aos servizos que renovaron a súa distinción neste proxecto.
Co acto desenvolvido esta mediodía en Foz a Mancomunidade de Concellos da Mariña quixo explicar no territorio o traballo que está a desenvolver para a promoción turística deste destino.
Este mércores a figura de Sargadelos coa que se rende unha homenaxe ás carolas ou...
leer másA Xunta de Galicia anuncia que renova a súa colaboración coa Concentración Mototurística Ruta N-634 Cidade de Mondoñedo, que celebrará a súa 35ª edición entre o venres 6 e o domingo 8 de marzo.
O director territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Vázquez Nodal, participou este mércores na presentación do programa xunto con representantes do Motoclub Mondoñedo Ruta N-634, impulsores do evento.
A organización agarda unha alta participación de afeccionados procedentes de toda Galicia, doutros puntos de España como Madrid, Zaragoza, León e Asturias; así como de Francia e Portugal.
O sábado 7 de marzo será a xornada central, cunha comida na praza da Catedral e pola tarde xogos, exhibicións e una Ruta das Antorchas, ademais doutras actividades festivas e de convivencia. O domingo 8 haberá unha ruta libre con punto de...
leer más












