Eventos

Etiquetas:
02/12/2015
Cinema, concertos benéficos para o asilo e para o banco de alimentos, teatro de outono e festivais de Nadal e Panxoliñas son algunhas das propostas de Foz para as vindeiras semanas.
 
A programación cultural para as vindeiras semanas en Foz ofrece unha actividade moi variada, dende teatro afeccionado a espectáculos benéficos pasando polos festivais de Nadal propios destas datas. A concelleira de Cultura focense, Silvia Blach, detallou esta mañá a axenda cultural do municipio ata o día 19 de decembro.
“O sábado, día 5 de decembro, temos coa organización de A Subela e o Concello de Foz un festival benéfico, de Anxo Moure, no que se vai falar dun tema para rapaces moi interesante: O Apalpador. É un concerto no que non cobramos entrada pero si pedimos que a xente traia un alimento non perecedoiro para colaborar co Banco de Alimentos de Foz”, explicou a concelleira. Será na Sala Bahía ás seis da tarde.
“O día 10 temos...
leer más
Etiquetas:
01/12/2015
Burela daralle a benvida ao Nadal este sábado, 5 de decembro. Ese día quedará colocada na praza do Concello unha árbore deseñada por alumnnos do IES Perdouro.
 
O alcalde, Alfredo Llano, mantivo unha reunión preparatoria do Nadal con membros da asociación Ledicia e da Asociación de Comerciantes de Burela. Ao acto asistiu tamén o primeiro tenente de alcalde, Ramiro Fernández Rey. O 5 de decembro na praza do Concello quedará instalada unha árbore iluminada e deseñada polos alumnos do IES Perdouro e abrirase entre o 30 decembro e o 7 de xaneiro unha carpa para recibir aos Reis Magos na praza da Mariña, segundo anunciou hoxe o rexedor. 
Llano dixo que “mantivemos unha conversa e todo o mundo pensou o mesmo, en beneficiar ao pobo de Burela, a través desta asociación (de Ledicia) e das asociacións culturais que tiveran interese en facer algo na época do Nadal. Tivemos a primeira conversa coa asociación Ledicia, que é a encargada de...
leer más
Etiquetas:
01/12/2015
O Concello de Barreiros organiza o 19 de decembro unha Festa de Nadal dirixida aos nenos e nenas do municipio.
 
Os nenos e as nenas de Barreiros anticiparanse á chegada de Papá Noel cunha Festa de Nadal que se celebrará o día 19 de decembro a partir das 17 horas no Pavillón Municipal. Así o anunciou o alcalde, Alfonso Fuente, que esta mañá presentou o evento acompañado do concelleiro de Deportes,  Daniel Cancio. 
O rexedor explicou que “esta Festa de Nadal se vai levar a cabo como o pasado ano, o 19 de decembro, e vai dirixida a todos os nenos e nenas. É  unha xornada de animación, xa que chega o Nadal, na que imos contar con inchables, obradoiros de maquillaxe e de postais de Nadal e animación musical”.
Ademais, na festa participará unha personaxe moi esperada polos cativos nestas datas: “tendo en conta que a festa se celebra uns días antes...
leer más
Etiquetas:
29/11/2015
Este luns, 30 de novembro, haberá nova tertulia de Radio Voz A Mariña desde o Hipermercado Eroski de Ribadeo.
 
Nova tertulia de Radio Voz A Mariña desde o Hipermercado Eroski, de Ribadeo, este luns, 30 de novembro, a partir das 11:15 horas. 
Sobre a violencia de xénero e a “importación” de costumes coma o Black Friday, entre outros asuntos, falarán X.M. Piñeiro (sindicalista e voceiro de Compromiso por Galicia en Burela), Dores Fernández Abel (presidenta da asociación Francisco Lanza) e Juan Antonio Pérez Alonso (enxeñeiro técnico industrial e ex locutor en Cope de la Costa). 
Na tertulia celebrada o pasado luns estiveron Orlando González (ex alcalde de Mondoñedo), Mercedes Rodríguez (xerente da OPP de Lugo) e Ramón Acuña (presidente do Real Club Náutico de Ribadeo). 
As persoas que o desexen poden asistir e presenciar en directo o debate, xa que no Hipermercado Eroski hai unha zona de sillas habilitada para elas. 
 
25/11/2015
Do 4 ao 6 de decembro celebrarase na Pontenova a IX Feira de Artesanía e Antigüidades, que foi presentada na Deputación de Lugo.
 
O Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, xunto co Tenente de Alcalde do Concello da Pontenova, Francisco Martínez Bermúdez, presentaron este mércores no Pazo de San Marcos a IX Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de decembro na localidade mariñana e que conta cunha achega provincial de 3.000 euros,coma todos os anos.
 
Santos Ramos sinalou que este evento “contribúe a impulsar economicamente non só ao Concello da Pontenova, senón tamén ás localidades limítrofes; xa que, con motivo do Nadal, ducias de persoas se achegan, ano a ano, a este cita a facer as súas compras. Ademais, esta cita pon en valor a riqueza do sector artesán, así como os nosos produtos, o que...
leer más
22/11/2015
Mondoñedo acollerá do 11 ao 13 de decembro as XV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Vallaamil y Castro. A matrícula é gratuíta.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo programa para os días 11, 12 e 13 de decembro as XV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Vallaamil y Castro. Para a súa organización o Goberno local conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira, Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Programa
As xornadas darán comezo o día 11 de decembro ás 19:30 horas coa recollida de documentación no salón de actos da Casa da Xuventude. De seguido terá lugar o acto de inauguración e ás 20:00 horas o arqueólogo e antropólogo Francisco Calo Lourido pronunciará o relatorio A verba celta é tan polisémica que perdeu o seu significado.
O sábado ás 18:30 horas o relatorio correrá a cargo de Fermín Pérez...
leer más
Etiquetas:
22/11/2015
Nova tertulia de Radio Voz A Mariña este luns, 23 de novembro, desde o hipermercado Eroski, de Ribadeo.
 
Este luns, día 23, terá lugar a segunda tertulia de RadioVoz A Mariña no hipermercado Eroski de Ribadeo. Os tertulianos serán: Orlando González, ex-alcalde de Mondoñedo e candidato ao senado por Nós-Candidatura Galega; Ramón Acuña, presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, ex deputado provincial do PSOE e ex concelleiro socialista en Ribadeo; e Mercedes Rodríguez, xerente da Organización de Productores Pesqueiros de Lugo.
A tertulia comezará ás 11:15 da mañá e todas aquelas persoas que o desexen poden acudir vela en directo, xa que terán un lugar habilitado para poder sentarse. Na do luns pasado participaron Dores Fernández Abel, José Carlos Rodríguez Andina e Jesús Pérez Moreda.
Radio Voz pódese escoitar a través do 102.3 (na...
leer más
19/11/2015
O centro sociocomunitario de Mondoñedo ofrece zumba e baile moderno nunha xornada de portas abertas o vindeiro 23 de novembro.
 
Os concelleiros de Servizos Sociais, Deportes e Xuventude, Ángeles Rodríguez, Manuel Tapia e Alberto García, respectivamente,  e a directora do Centro Sociocomunitario, Mari Carmen Casasnovas, presentaron hoxe unha serie de actividades que de desenvolverán nunha xornada de portas abertas que terá lugar no Centro Sociocomunitario da localidade, o vindeiro luns 23 de novembro.
As exhibicións serán de zumba e baile moderno. A primeira delas ofertarase en horario de 16:30 a 17:30 horas, mentres que entre as 17:45 e ás 18:45 horas será a de baile moderno. A xornada é gratuíta, e servirá de aliciente a todos os que queiran apuntarse a estas actividades, que ofrecerá o Concello de Mondoñedo a partir do mes de xaneiro, no Centro Sociocomunitario e na Casa da Xuventude. 
... leer más
Etiquetas:
18/11/2015
A programación cultural de Foz para os próximos días inclúe teatro nas parroquias, charlas médicas, unha exposición no Cenima e certames.
 
A concelleira de Cultura de Foz, Silvia Blach, deu conta esta mañá das actividades culturais das que poden gozar os veciños e visitantes do municipio durante os próximos días. Inclúen propostas como teatro, exposicións, un certame de postais de Nadal e a continuación das charlas médicas iniciadas o pasado xoves. 
“Mañá, día 19, seguimos coas charlas médicas, que xa comezamos o xoves da semana pasada. É as 20 horas na Casa da Cultura e falaremos dos coidados ao final da vida, os coidados paliativos. Para iso imos ter á doutora Belén Fra e á enfermeira Mar Pérez, que nos falarán do que hai que facer. Teremos unha quenda de preguntas para que a xente poida formularllas aos facultativos e lles expliquen todas as súas dúbidas”, comentou a concelleira Silvia Blach.
... leer más
Etiquetas:
15/11/2015
Radio Voz A Mariña emitirá este luns, 16 de novembro, unha tertulia de actualidade desde o hipermercado Eroski, en Ribadeo.
 
Dende este luns, 16 de novembro, Radio Voz A Mariña emitirá unhas tertulias dende o CC Eroski abertas ao público.
Emitiranse os luns dende as 11:15 e ata as 12 e para a primeira contarase coa participación de: Jesús Pérez Moreda, José Carlos Rodríguez Andina e Dores Fernández Abel. Os contertulios contrastaran puntos de vista sobre temas de actualidade como: a Deputación de Lugo ou as eleccións do 20 D.
A tertulia estará conducida por Félix Jorquera e habilitarase un espazo para que quen o desexe poda escoitar in situ o programa