Música
Agrupacións musicais da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, de Burela, actuarán na residencia de maiores que hai na localidade e na igrexa de Vila do Medio os días 23 e 26 de decembro, respectivamente.
“Mantendo as nosas tradicións de Nadal, o grupo infantil de Ledicia visitará a residencia de maiores o martes 23 ás 18:00 horas, para agasallar aos residentes con Cantos de Nadal, e o grupo de música ao completo (infantil e sénior), ofrecerá un breve concerto de panxoliñas na igrexa de Vila do Medio o venres 26 despois da misa”, anuncia a SCR Ledicia.
A Coral Polifónica de Ribadeo celebra a trixésima edición do seu Festival de Panxoliñas este domingo, día 21 de decembro. Será ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Ademais da coral ribadense actuarán a Coral Polifónica de Foz, o Coro Sagrado Corazón e a Coral Polifónica Vilalbesa.
Nesta actividade colabora o Concello de Ribadeo, que anuncia: “a maxia do Nadal chega en forma de música coral. Unha cita imprescindible para vivir o Nadal a través das panxoliñas”.
Na misa deste domingo, día 21 de decembro, ás 12:00 horas haberá un concerto na igrexa de Ferreira do Valadouro para poñer en valor o seu harmonio histórico.
Nesta actividade colabora a asociación cultural Ao compás do río Ouro, que anuncia: “un concerto de Advento para poñer en valor o harmonio histórico da igrexa de Ferreira de O Valadouro. Grazas a Pablo Peláez e Xavier de Acosta, este harmonio foi recuperado. Este domingo 21 poderedes disfrutar dun concerto diferente”.
La asociación Amadores da Música, de Ribadeo, obsequia a sus socios y socias al corriente de pago de la cuota de este año 2025 con una participación de 50 céntimos de euro de Lotería Nacional del número 17.446 para el sorteo extraordinario de Navidad, que se celebrará el día 22 de diciembre, lunes.
Por cuarto año consecutivo la junta directiva de Amadores da Música decidió dárselo a conocer a sus asociados a través de los medios de comunicación al no poder comunicárselo por carta a las nuevas direcciones, como consecuencia del cambio de la numeración en viviendas de Ribadeo. En el año 2021 la mayoría de las cartas enviadas fueron devueltas a la asociación por Correos.
La directiva de Amadores da Música pide a los asociados que comuniquen su nueva dirección postal a través del correo...
leer másA Escola Municipal de Música de A Pontenova ofrecerá un concerto de Nadal este venres, día 19 de decembro. Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:00 horas.
Está organizado polo Concello de A Pontenova, que anuncia: “A Escola Municipal de Música de A Pontenova convídavos a desfrutar do seu tradicional Concerto de Nadal, unha cita chea de música, ilusión e ambiente festivo. Ven compartir connosco esta velada especial e dámoslle a benvida ao Nadal coa mellor música!”.
Este sábado, día 20 de decembro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas na Casa do Mar de San Ciprián, no municipio de Cervo. Será desde as 19:30 horas e estará amenizado polo dúo Estrellas.
É unha actividade organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terramar.
“Este Nadal teremos tamén Guateque de Arruguiñas. O vindeiro sábado convidámosvos a desfrutar dunha tarde noite chea de música, baile e bo ambiente co dúo Estrellas. Un plan perfecto para desfrutar, reencontrarse e celebrar xuntos estas datas tan especiais”, anuncia o Concello de Cervo.
O Festival de Nadal de Foz, que está dedicado ás panxoliñas, será este sábado, día 20 de decembro, ás 20:00 horas na igrexa parroquial da vila.
Está organizado pola Coral Polifónica de Foz, que actuará no festival xunto ao grupo Mar Aberto e o Coro Eufonía.
O Concello de Xove anuncia a celebración do seu tradicional Concerto de Nadal, unha cita xa consolidada dentro da programación cultural do municipio. O evento terá lugar este sábado, día 20 de decembro, ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Nesta ocasión o tradicional Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música e da Orquestra Clásica de Xove “contará cunha proposta moi especial. O programa inclúe a interpretación de seis temas do disco Xente Cativa, un traballo gravado pola propia Escola Municipal de Música nos seus inicios, alá polo ano 1988. Naquel momento as pezas non dispoñían de partituras escritas, polo que para este concerto empregarase a gravación de audio orixinal como fondo musical, recuperando así a esencia e o espírito daquel proxecto pioneiro. A música era obra de Nacho Fonseca, profesor asturiano, e o disco orixinal...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal titulado Aquí como en Viena o día 27 de decembro, sábado. Será ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval, con entrada de balde ata completar o aforo.
O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “chegadas estas datas do Nadal unha cita ineludible é o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo titulado Aquí como en Viena. Este ano será o sábado 27 de decembro ás oito da tarde no auditorio Hernán Naval e dividiremos o programa en dúas partes: a primeira con música típica do Nadal e máis festeira, por dicilo dalgunha maneira; e logo unha segunda parte na que, como ben di o título do concerto, Aquí como en Viena, interpretaremos polcas e valses típicos do concerto de Aninovo en Viena”.
... leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebrará este sábado, 13 de decembro, ás 11:30 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional Festival de Nadal. A sesión matinal contará coa participación do alumnado máis pequeno, mentres que na quenda da tarde actuarán as grandes agrupacións das distintas especialidades instrumentais e de danza.
O programa incluirá panxoliñas e outras pezas de música moderna e tradicional. Desde a dirección destacan que “o Festival de Nadal é, xunto co de fin de curso, o que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público, por iso cada ano apostamos por incorporar novidades no repertorio e na posta en escena”.
“Un ano máis, o evento terá unha importante dimensión solidaria. Entre este martes, día 9, e o sábado a Escola recollerá...
leer más












