Música
O XXV Festival Aires do Masma, organizado pola Asociación Folclórica e Cultural A Subela, será en Foz este sábado, día 18 de xullo, ás 21:00 horas na Praza Conde de Fontao
“Volve o Festival da Subela. Volve o Festival Aires do Masma. E esta é a súa XXV edición, 25 anos divulgando a nosa cultura a través da música e do baile tradicional. Esta vez contaremos como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, que veñen do noso país veciño, de Portugal, e concretamente da localidade de Soure. Este grupo vén de intercambio”, explica a asociación A Subela, que engade: “estamos seguros de que este festival vai a ser moi especial polo que non podedes perdelo”.
A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda Xuvenil. Trátase dunha iniciativa coa que a entidade busca reforzar a base formativa e garantir a continuidade da formación de cara ao futuro.
O Concello de Viveiro tamén explica que “a Banda Xuvenil concíbese como o primeiro paso para que nenos, nenas e mocidade se incorporen progresivamente á vida da Banda de Música O Landro. O proxecto procura transmitir coñecementos musicais, pero tamén valores como o compañeirismo, o compromiso, a responsabilidade, o respecto e o traballo en equipo. Durante a presentación, tamén se puxo en valor a reunión mantida esta semana coas familias dos participantes, tanto dos nenos e nenas que xa forman parte da banda como das novas incorporacións. No encontro explicouse o funcionamento dos ensaios, o papel das familias, a importancia da...
leer másDentro do programa Concertos do Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, o espectáculo O Gran Guateque chegará a Ribadeo o día 8 de agosto, sábado, e contará coas actuacións de dúas formacións míticas do pop español: Orquesta Mondragón e Fórmula V. Será ás 21:30 horas no Campo de San Francisco.
Concertos do Xacobeo anuncia que “O Gran Guateque regresará este verán a Galicia con tres citas que encherán de nostalxia e grandes éxitos os escenarios de Lalín (2 de agosto), Narón (7 de agosto) e Ribadeo (8 de agosto). O espectáculo reunirá a Orquesta Mondragón, a emblemática banda liderada durante décadas por Javier Gurruchaga e autora de éxitos como Viaje con nosotros ou Corazón de neón; e a Fórmula V, un dos grupos máis populares do pop español dos anos 70, responsable de cancións tan recoñecidas como Cuéntame,...
leer másA Escola Municipal de Música de Burela ten aberto ata este venres, día 10 de xullo, o prazo de matrícula para os novos alumnos e alumnas que desexen incorporarse ao centro durante o curso 2026-2027. Ofrece formación musical para persoas a partir dos 4 anos, sen límite de idade, adaptándose ás diferentes etapas de aprendizaxe. A súa oferta abrangue dende a iniciación musical ata o perfeccionamento instrumental e a participación en agrupacións.
Os máis pequenos poden iniciarse a través das aulas de Música e Movemento, dirixidas ao alumnado de entre 4 e 7 anos. A partir dos 8 anos terán formación instrumental, poderán participar en agrupacións musicais, canto e linguaxe musical.
Entre os instrumentos que se imparten na Escola Municipal de Música de Burela atópanse violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta...
leer másCervo volverá converterse neste mes de xullo nun punto de encontro para a música e a danza tradicional coa celebración do Festival Folklórico Internacional e do Festival Folklórico Infantil, organizados polo Grupo Folklórico Mistura, de Lieiro, en colaboración co Concello, que anuncia: “a Praza dos Campos, de San Ciprián, será o escenario de dúas xornadas nas que o público poderá gozar de actuacións chegadas de diferentes puntos da Península e tamén doutros países, nunha cita xa consolidada dentro da programación cultural do verán cervense. “
A programación abrirase o venres 17 de xullo, ás 20:00 horas, co Festival Folklórico Internacional, que reunirá sobre o escenario á Agrupación Folklórica La Sidrina, de Lugones (Asturias); ao Grupo Folklórico Estampas de México; e ao Grupo Folklórico Mistura, de Lieiro, anfitrión do encontro e...
leer másO grupo galés de folk Rholben e Mano Panforreteiro, como artista convidado, actuarán no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) o día 20 de xullo, luns, ás 20:30 horas.
É unha actividade organizada pola asociación cultural A Tribo Da Travesía, que anuncia: “grazas á Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, imos poder disfrutar dun concerto moi especial! Temos ao grupo de folk galés Rholben o luns 20 de xullo no Círculo Habanero de A Devesa (Ribadeo) ás 20:30 horas”. Ademais explica que as interpretacións creadas por Rholben “transbordan tenrura, enxeño e emoción. A súa música transmite lixeireza e contemporaneidade, ao mesmo tempo que nos imbúe da solidez e intemporalidade da montaña que lle dá nome. E aproveitamos a ocasión para ofrecervos un obradoiro de canto tradicional galés, da man de Siriol Davies e John Ruddock, de...
leer másEsta semana está tendo lugar na Escola Municipal de Música de Burela un curso de iniciación ao jazz que se está a desenvolver ata este venres, 3 de xullo, en horario de tarde. Trátase dun curso gratuíto aberto á cidadanía, centrado na aprendizaxe, a improvisación e o traballo en grupo. A actividade concluirá cun concerto final para celebrar o remate do curso este venres, día 3 de xullo, ás 20:30 horas, na praza do Concello de Burela.
O tenente de alcaldesa de Burela e responsable da Escola de Música, Mario Pillado, destacou a importancia de promover actividades que acheguen a música á veciñanza e explicou que este curso “é unha oportunidade para que persoas con interese polo jazz poidan achegarse a este estilo musical nun ambiente de aprendizaxe e colaboración”. Tamén animou á veciñanza a acudir ao concerto final, que “permitirá compartir...
leer másRepresentantes da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo visitaron este luns, 29 de xuño, o recinto do festival Resurrection Fest, evento que se celebra esta semana, do mércores 1 ao sábado 4 de xullo en Viveiro.
A Deputación de Lugo explica que a presidenta, Carmela López, xunto aos socios responsables do festival, os irmáns Iván e David Méndez, e o resto de colaboradores asistiu este luns en Viveiro á presentación e visita ao recinto do Resurrection Fest, que arrinca este mércores e que se prolongará ata o sábado. A institución provincial anuncia que “renova o seu patrocinio cunha das grandes citas internacionais da música hardcore, metal e punk cunha aportación económica de 150.000 euros, consolidando así unha colaboración que se mantén desde os seus inicios. Levamos máis de 20 anos convertendo a Viveiro na capital da música hardcore...
leer másO Auditorio Municipal de Burela acollerá o venres 21 de agosto ás 20:00 horas o concerto solidario do grupo ugandés Aba Taano, “unha das formacións de góspel africano con maior recoñecemento internacional. A actuación, organizada a beneficio da ONG Música para Salvar Vidas, combinará música, solidariedade e compromiso social nunha proposta cultural de gran nivel” anuncia o Concello de Burela, que engade: “a través das súas voces, da súa enerxía e da música tradicional africana, Aba Taano ofrecerá un espectáculo cheo de ritmo, emoción e esperanza, no que o público poderá coñecer de primeira man un proxecto no que a música se converte nunha ferramenta de transformación social. Os cinco integrantes da formación forman parte da ONG Música para Salvar Vidas, unha iniciativa que traballa para ofrecer educación, formación e oportunidades de futuro a nenos e mozos en situación de...
leer másO deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e Esteban Girón, membro da organización do Resurrection Fest, presentaron nos xardíns do Pazo de San Marcos (Lugo) a vixésimo primeira edición do festival. A cita internacional do hardcore, metal e punk celebrarase do 1 ao 5 de xullo e contará un ano máis cun patrocinio de 150.000 euros da Deputación de Lugo, institución que apoia este evento desde a súa primeira edición.
Rivera Capón puxo en valor o crecemento experimentado polo Resurrection Fest e a proxección internacional que lle achegou á Mariña e á provincia de Lugo, ao tempo que lembrou a figura do entón alcalde Melchor Roel, que “soubo ver unha oportunidade onde outros podían ver unha aventura incerta”. Salientou que o Resurrection Fest é “un claro exemplo de como a cultura pode crear riqueza, actividade...
leer más












