Música

Etiquetas:
04/05/2025

A Asociación de Usuarios da Escola de Música de Burela (Asuembu) organiza o primeiro obradoiro de percusión impartido por Pablo del Valle Prieto. Será o sábado 10 de maio no salón de actos da Escola de Música de Burela (Rúa do Cancelo, número 1).

A organización explica que “está destinado a alumnado de percusión con estudos avanzados e a quen queira explorar dende cero”.

Para participar hai que inscribirse antes do 7 de maio a través do correo electrónico asuembu@gmail.com ou vía whatsapp ao 644.894.714.

04/05/2025

O colectivo Pensamento e Sementeira organiza unha foliada para o día 10 de maio, sábado, na Escola Vella de Galdo (Viveiro). O programa de actividades, que empezarán ás 18:00 horas, inclúe un obradoiro de baile tradicional, concertos e foliada aberta.

Pensamento e Sementeira explica que “o obradoiro de baile tradicional será impartido por Miguel Abad, o noso profe de baile tradicional durante este curso. Sabemos que sodes moitxs xs que levades preguntando se había prazas nas aulas para este ano e é por iso que vos ofreceremos a oportunidade de achegarvos á experiencia Sementando Puntos a partir das 18:00 horas do vindeiro 10 de maio. Logo, ás 19:30 horas comezarán os concertos de Pandereteiras María Soliña, Abril e Axeigo. E para o peche da II Foliada do Maio, a partir das 23:00 horas, teredes a oportunidade de tocar na foliada...

leer más
Etiquetas:
02/05/2025

Este vindeiro domingo El Tributo de la Fila actuará nas Cuatro Calles a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila. Desde a organización advirten que “en caso de mal tempo o concerto quedaría aprazado para outro día”. 

O Domingueo en Ribadeo continuará os días 25 de maio, 15 e 29 de xuño e 6 de xullo por diferentes localizacións da vila, como xa ocorreu na pasada edición. 

Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.

 

01/05/2025

O auditorio municipal de Ribadeo acollerá o concerto lírico Casta Diva este sábado, día 3 de maio, ás 20:30 horas. Está incluído na programación cultural do Concello de Ribadeo e as entradas están á venda na web www.ataquilla.com.

A organización anuncia que “Casta Diva es un concierto-espectáculo creado y producido por Camerata Lírica donde tres reconocidas cantantes líricas de primer nivel -las sopranos Guiomar Cantó, Carmen Gavilán y Ana Paula Rada-, acompañadas al piano por Celia Laguna, abordan las más importantes arias y dúos de ópera, así como espectaculares canciones melódicas modernas. Grandes momentos de la ópera que han hecho famosas a cantantes como María Callas, Montserrat Caballé o Anna Netrebko se alternan en este concierto con baladas y canciones que han llevado al estrellato a...

leer más
Etiquetas:
30/04/2025

A Asociación de Usuarios da Escola de Música de Burela (ASUEMBU) presentou a terceira edición do Campamento Musical de Burela. A actividade desenvolverase entre o 26 e o 29 de xuño e está dirixida a persoas maiores de 8 anos.

O campamento ofrece 25 horas de formación musical homologada e inclúe especialidades como corda fretada, vento, piano e percusión. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o 15 de maio.

Durante a fin de semana do campamento celebraranse dous concertos abertos ao público: un concerto de cámara o sábado 28 ás 20:00 horas na Praza da Mariña, e un concerto final o domingo 29 ás 18:00 horas na Casa da Cultura.

O tenente da alcaldesa, Mario Pillado, sinalou que “é un pracer colaborar para impulsar esta actividade que cada ano ven reunindo unha morea de...

leer más
Etiquetas:
25/04/2025

O ciclo Maraxes da Osa continúa a desvelar a súa programación coa confirmación da segunda actuación desta edición. A cantante e compositora Mercedes Cañas subirá ao escenario o vindeiro sábado 10 de maio ás 21:00h na Casa da Cultura do Concello de Burela. As portas abrirán media hora antes, ás 20:30h.

As entradas xa están á venda a través da plataforma Wegow e na web oficial do ciclo. Os prezos varían segundo o tipo de público: 15 euros máis gastos de xestión en venda anticipada, 10 euros para persoas de 16 e 17 anos (introducindo o código MENOR16|17), entrada gratuíta para menores de 16 anos (coa reserva previa mediante o código MENOR-16) e 18 euros na billeteira o día do evento.

Mercedes Cañas, unha das voces máis prometedoras da nova escena musical estatal, comezou a súa carreira en 2019 co sinxelo Tirando a...

leer más
Etiquetas:
24/04/2025

Este venres, día 25 de abril, ás 18:00 horas na Escola Municipal de Música de Burela haberá unha audición de violín.

O Concello de Burela explica que será “un concerto especial preparado polos mestres da especialidade, onde o alumnado amosará todo o seu talento e paixón polo violín”.

21/04/2025

Barreiros acollerá este sábado, 26 de abril, o concerto titulado Percorrendo Castelao a cargo do grupo de cámara Lucus Ensemble. Terá lugar no centro sociocultural de San Cosme ás 19:00 horas con entrada libre ata completar aforo.

O Concello de Barreiros anuncia que se trata dun espectáculo “no que a música e a memoria camiñan da man para facer un percorrido pola vida e obra de Castelao, figura clave da historia galega. A formación lucense interpretará distintas pezas musicais que irán acompañadas de proxeccións audiovisuais con imaxes relacionadas evocando os primeiros traballos de Castelao e algúns dos fitos máis importantes da súa biografía, tanto no eido creativo como no político. O grupo Lucus Ensemble xa actuara en Barreiros no ano 2022 deixando moi boas lembranzas entre o público pola súa calidade musical e interpretativa...

leer más
Etiquetas:
15/04/2025

O cartel completo do Vendaval Fest 2025, que se celebrará en Ribadeo os días 25 e 26 de xullo, acaba de facerse público e está encabezado polo grupos Lendakaris Muertos, Boikot e Reincidentes. Tamén actuarán The Mothercrow, Aphonic, The Grassland Sinners, Skama La Rede, Sandford Music Factory, Cuarta Xusta, Secta, Rienda Suelta, Mecanica Rollind Band, DJ Tralla e DJ Atómica.

O festival terá lugar no aparcamento situado nas inmediacións da rotonda do bote Juanín e as entradas están á venda na web www.vendavalfest.com.

14/04/2025

O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o día 26 de abril, sábado, ás 17:30 horas a décimo primeira edición do Festival Infantil de Folclore organizado pola asociación ribadense Amigos da Gaita Galega, coa colaboración do Concello de Ribadeo.

“Volve a maxia da música e da danza tradicional coa alegría dos máis pequenos! O Sábado 26 de abril ás 17:30 horas o Auditorio Municipal Hernán Naval acollerá o Festival Infantil de Folclore, un evento cheo de cor, son e tradición no que as novas xeracións serán as verdadeiras protagonistas. Unha cita perfecta para gozar en familia, descubrir o talento das crianzas e celebrar xuntos o noso patrimonio cultural. Anímate a vivir unha tarde única de música, baile e emocións!”, anuncia o colectivo organizador deste evento.