Música
O cantautor galego Manoele de Felisa ofrecerá un concerto de Nadal na vila ribadense coa Coral Polifónica de Ribadeo e co Coro Sagrado Corazón este sábado, día 4 de xaneiro.
O concerto, incluído na programación de Nadal do Concello ribadense, será na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás 20:45 horas.
A igrexa das Concepcionistas de Viveiro acollerá un concerto de panxoliñas este domingo, día 29 de decembro, ás 20:30 horas.
Está organizado pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, que anuncia: “o domingo 29 de decembro faremos o noso tradicional concerto de panxoliñas. Será ás 20:30 horas na Igrexa das Concepcionistas de Viveiro e acompañaranos a Coral de Guntín-Taboada, dirixida polo viveirense Manuel Yáñez”.
Dentro do programa Peregrinos Musicales, Ribadeo acollerá un Concerto de Nadal a cargo do dúo Dail, formado por Ilona Timchenko ao piano e o violinista Serguey Arutyunyan. Será este domingo, día 29 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O prezo da entrada é de 3 euros.
Dentro do ciclo de concertos O Son do Nordeste, este sábado, día 28 de decembro, chega á Praza do Souto, de Cervo, Giulia Bianco, cantante que interpretará temas de soul e baladas pop e disco.
A actuación, que está incluída na programación de Nadal do Concello de Cervo, comezará ás 21:00 horas.
A Coral Polifónica de Ribadeo, que dirixe Mari Carmen Rodríguez Cancelo, ofrecerá un concerto de panxoliñas polas rúas da vila ribadense este venres, día 27 de decembro, a partir das 20:00 horas.
Empezará o percorrido no Quiosco da Música e seguirá pola igrexa da Orde Terceira, a rúa Ramón González, a Praza de San Roque, a Praza 8 de marzo e As Catro Calles.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal titulado Aquí como en Viena este sábado, día 28 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Nesta ocasión levará a batuta o subdirector da formación, Rubén Solloso, que substitúe ao titular da Banda, David Ballester, que está de baixa.
Rubén Solloso anunciou que esta actuación “terá dúas partes: a primeira será con temática de Nadal e obras que van ir de menos a máis, xa verán os que vaian ao concerto a que me refiro con isto; e despois terá unha segunda parte xa máis tradicional, na liña que víñamos facendo, de temas relacionados co concerto de aninovo en Viena, con valses e ese tipo de pezas”.
Para Rubén Solloso esta será a primeira vez que dirixa un concerto enteiro da Banda de Ribadeo. Explica que...
leer másA Escola Vella de Rinlo, no concello de Ribadeo, acollerá un concerto este sábado, día 28 de decembro ás 18:00 horas. Actuarán Erikas e Peluxías e O Resol.
Está organizado pola asociación cultural A Tribo da Travesía e o Concello de Ribadeo.
A Banda de Música Mestre López, da Escola de Música do Valadouro, ofrecerá un concerto no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz este sábado, día 28 de decembro, ás 19:30 horas.
O Concello de Alfoz anuncia: “o próximo sábado temos un concerto para despedir o ano! Ás 19:30 horas os nenos e nenas da Banda de Música Mestre López, de O Valadouro, farannos un concerto moi emotivo. Non o perdades”.
A Asociación Cultural a Tribo da Travesía organiza un concerto de Uxía Senlle e Pablo Novoa este xoves, día 26 de decembro, ás 20:30 horas no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo).
Uxía e Pablo Novoa estrean "A luz das cancións”, un repertorio no que recrean algunhas das cancións que máis os iluminaron e inspiraron aos dous. Será un paseo pola súa memoria musical e afectiva. Uxía cantará en francés, italiano, portugués, por rumba e percorrerán clásicos galegos e pezas máis recentes sen esquecer algún dos éxitos de Golpes Bajos, o grupo mítico do que formou parte Novoa nos anos 80.
As entradas poden mercarse na Pastelería Cafetería Pan de Limón (Ribadeo) ou reservarse no WhatsApp...
leer másA Escola Municipal de Música de Xove organiza un Concerto de Nadal para o 26 de decembro, xoves.
Será ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico.