Música
O grupo musical Los Alcántara actuará este domingo, día 4 de xaneiro, en Cervo. Será ás 20:30 horas na Praza do Souto.
“Los Alcántara chegan a Cervo cun concerto para todos os públicos, cheo de ritmo e bo ambiente. Unha cita perfecta para gozar en familia e con amizades”, anuncia o Concello de Cervo.
É unha actividade incluída no programa de Nadal do Concello de Cervo, coa colaboración da Asociación Cultural Airiños do Xunco.
A cantante portuguesa María do Ceo será a protagonista do Concerto de Reis de Ribadeo, que se celebrará este sábado, día 3 de xaneiro, na igrexa parroquial de Santa María do Campo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou este venres que “mañá, sábado 3 de xaneiro, ás nove menos cuarto da noite na igrexa parroquial teremos o tradicional Concerto de Reis. Nesta ocasión deleitaranos coa súa voz a cantante portuguesa María do Ceo, interpretando panxoliñas e outras obras. A Coral Polifónica de Ribadeo acompañaraa nalgunhas pezas. Vémonos todos na igrexa”.
María do Ceo estará acompañada por José Salgado (viola de fado), Álex Salgado (guitarra portuguesa) e Alejandro Firvida (piano).
O Concello de Xove continúa este sábado, día 3 de xaneiro, coa súa programación cultural do Nadal 25-26 cunha proposta musical dirixida a todos os públicos. A cita será ás sete da tarde no salón de actos, onde terá lugar o concerto de Os Acordeonistas da Mariña.
“Este espectáculo musical fará as delicias de todos os afeccionados e afeccionadas a este instrumento tan querido e con tantos adeptos no noso concello. O público poderá gozar dun variado repertorio de pezas interpretadas ao acordeón, nunha actuación que promete emoción, tradición e calidade artística”, anuncia o Concello de Xove, que anima “á veciñanza e visitantes a achegarse e participar nesta actividade, que forma parte dunha ampla programación cultural pensada para dinamizar o Nadal e ofrecer alternativas de lecer e cultura para todas as idades”.
A...
leer másO venres 9 de xaneiro ás 20:30 horas actuará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) o cantautor cubano Óscar Sánchez.
A asociación cultural A Tribo da Travesía organiza este concerto e anuncia que “Óscar Sánchez, destacada figura no panorama de canción de autor contemporánea cubana, interpretará coa guitarra, o tres e a marímbula diversos xéneros da música cubana. Para darnos unha idea da súa dilatada traxectoria profesional só diremos que no 2019 foi convidado por Silvio Rodríguez a participar no concerto 104 da xira Interminable. Despois de viaxar por lugares como México, Noruega, Alemaña e España, temos a sorte de poder contar coa súa presenza na Mariña, no Círculo Habanero da Devesa, en Ribadeo”.
O prezo da entrada é de 10 euros.
O grupo musical Escolma de Meus, de Viveiro, ofrecerá un concerto no Vicedo este sábado, día 3 de xaneiro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
O Concello do Vicedo anuncia: “comezaremos o ano cultural 2026 cun concerto a cargo do grupo de Viveiro Escolma de Meus. Un día para lembrar grandes cancións da historia da música”.
A Pedreira e Alejandro Vargas ofrecerán en Ribadeo o espectáculo titulado Solsticio de inverno. Será este domingo, día 28 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O Concello de Ribadeo anuncia que é “unha proposta artística chea de música, palabra e emoción”.
Este sábado, día 27 de decembro, ás 19:30 horas a Casa da Cultura de Alfoz acollerá a música en directo da Big Band da Escola de Música de Mondoñedo.
O Concello de Alfoz anuncia que é “unha proposta musical perfecta para pechar o ano con ritmo e bo ambiente”.
A Banda da Agrupación Cultura e Musical Dambara, de Burela, actuará no Vicedo este sábado, día 27 de decembro. Será ás 19:30 horas na Casa da Cultura.
“No concerto da Banda da ACM Dambara de Burela máis de 30 integrantes subirán ao escenario da Casa da Cultura para ofrecernos un concerto de Nadal”, anuncia o Concello do Vicedo.
Continúa o programa Música nas parroquias, organizado polo Concello de Viveiro. Este venres, día 26 de decembro, ás 20:00 horas, na Escola Vella de Galdo actuará a orquestra Trova da Mariña, da asociación de alumnado adulto do Conservatorio de Viveiro. Esta formación musical anuncia que interpretará “temas que recorden as antigas orquestras como a Variedades. Á voz estarán Mario Vale, presidente da asociación, e Marga Insua, gañadora do Festival do Landro, ademais do recoñecido cantante da verbena galega Lolo Castro”.
O grupo musical As Tareixas actuará no Círculo Habanero da Devesa, parroquia do municipio de Ribadeo, este venres, día 26 de decembro, ás 20:30 horas.
É unha actuación para público familiar organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “o venres 26 temos un concerto moi especial. Vide disfrutar con toda a familia, ata cos máis pequenos, do grupo As Tareixas! Veñen á Mariña despois de dous anos tocando por toda Galiza, logo de gañaren o 2º premio á mellor canción infantil no Concurso Quero Cantar, da Deputación da Coruña. Presentan o disco Santo mandil en Ribadeo, no Círculo Habanero da Devesa. Neste concerto de Nadal na Mariña tamén tocarán temas novos e cancións tradicionais arranxadas para a ocasión. E traerán discos, por se alguén os quere como agasallo de Nadal”.
As...
leer más












