Mondoñedo
A parroquia de Viloalle, no concello de Mondoñedo, está de festas os días 6 e 7 de setembro, sábado e domingo.
O sábado celebrarase misa solemne ás 13 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, amenizada polo trío Stylo, que tamén actuará pola noite na verbena.
E para o domingo está programada misa solemne para as 13 horas e a continuación terá lugar a procesión e a sesión vermú, co dúo Primera Fila, que tamén amenizará a verbena.
A asociación Gaita Escola, de Mondoñedo, organiza o sábado 13 de setembro a XIII Xuntanza de Cantos de Taberna. O encontro terá lugar desde as 20:00 horas, cando 17 grupos de diferentes puntos de Galicia cantarán e tocarán polos bares e tabernas mindonienses.
Gaita Escola destaca que “o evento está máis que consolidado e a organización conta con xuntar ao redor 200 participantes entre músicos e cantareiros/as. Como novidade este ano celebrarase unha sesión vermú na Praza do Concello ás 14:00 co grupo tradicional Varacuncas. Nesta edición seguimos mantendo o obradoiro de iniciación ao baile tradicional, que se impartirá ás 17:30 horas na Praza do Concello. É unha actividade aberta a todos os públicos e de balde onde se poñerán en práctica os principais puntos de muiñeira e xota. Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa...
leer másMondoñedo prepárase para vivir as súas festas patronais na honra da Nosa Señora dos Remedios, que se celebrarán do venres 12 ao luns 15 de setembro, combinando tradición relixiosa, música, cultura, deporte e actividades para todas as idades.
O Concello de Mondoñedo anuncia que “o programa inclúe catro xornadas cheas de eventos que unen o sentimento relixioso coa oferta lúdica e cultural. A Novena dos Remedios, a Misa de Ofrenda e a solemne procesión do domingo ou a Misa de Cofrades do luns festivo marcarán os momentos máis destacados no plano relixioso. No eido musical e festivo, destacan as actuacións da Mekanika Rolling Band (venres), a orquestra Principal e o concerto de Natalia, concursante da primeira edición de Operación Triunfo (sábado), a verbena coa orquestra Combo Dominicano (domingo), e a música de D-Kris na sesión vermú do luns...
leer másMondoñedo acollerá os días 22 e 23 de setembro un curso do programa de formación en apicultura que a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo vén desenvolvendo nos dous últimos anos da man da Casa do Mel.
Trátase de cursos de 10 horas con contidos téoricos e prácticos enfocados na ampliación e actualización de coñecementos das apicultoras e apicultores como a diversificación das producións, a nutrición e alimentación das abellas ou a elección das ubicacións axeitadas para a instalacións de apiarios son as cuestións nas que se centrarán os cursos.
O deputado provincial de Rural, Daniel García, explicou que se trata “dunha formación gratuíta coa que damos continuidade ao programa que puxemos en marcha o ano pasado, para apoiar con coñecemento actualizado e prácticas adaptadas ás dificultades que...
leer másVén de presentarse unha nova edición do Mindus Maxicus, que terá lugar os días 29 e 30 de agosto, venres e sábado, en Mondoñedo. No acto, ao pé da estatua de Álvaro Cunqueiro, estiveron o alcalde, Manuel Otero, o concelleiro Manuel Tapia e un representante do espectáculo, Aris Villarino.
O Concello de Mondoñedo anuncia que “o programa deste ano, continúa a ser intenso e atractivo, e nel participarán os magos Aris Villarino, Mago Deimi, Mago Ninou e O Gran Mago, que encherán de maxia Mondoñedo na última fin de semana de agosto. Dentro das actividades que se levarán a cabo, hai que destacar: Maxia Solidaria, que se celebrará no Hospital de San Paulo e San Lázaro, na Residencia San Rafael e no Centro de Menores; Obradoiro Máxico e Gala Mindus Maxicus, na Casa da Xuventude; maxia na hostalería local. Dende o Concello de Mondoñedo e o equipo de...
leer másA ONG Música para salvar vidas presenta o seu espectáculo titulado Los Uganda Sticks en Mondoñedo o día 21 de agosto, xoves. Será no auditorio municipal Pascual Veiga ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 10 euros.
O acto de presentación deste concerto, celebrado no Concello de Mondoñedo, contou con participación de membros da ONG organizadora así como alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e o concelleiro Manuel Tapia.
O Concello de Mondoñedo anuncia que “a ONG Música para salvar vidas presenta o seu espectáculo Los Uganda Sticks, a historia de África dende a danza e a percusión africana a través dunha ollada profunda e moi profesional. Un espectáculo impactante pola súa percusión e sensibilidade. Unha ocasión de achegarse a África desde o corazón duns rapaces que pese ás dificultades da vida...
leer másA Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrece o seu tradicional concerto de música medieval este xoves, día 7 de agosto.
A actuación será no claustro da catedral mindoniense ás 21:00 horas.
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará entre os días 7 e 10 de agosto. Está organizado polo Concello e pola asociación Amigos do Mercado Medieval e conta coa colaboración do Goberno galego.
A Xunta de Galicia anuncia que “o evento cumpre a súa trixésimo terceira edición cun completo programa que inclúe 70 actividades para todos os públicos e introduce como novidade unha cea o venres que terá lugar na igrexa da Alcántara, no Centro de Interpretación do Camiño Norte. O sábado ás 12.00 horas pronunciará o pregón Valentín Insua, campaneiro da Catedral. Numerosos colectivos de recreación histórica ambientarán esta cita, ofrecendo espectáculos na rúa como o bautismo de cabaleiros, torneos ou unha voda polo rito mozárabe. No apartado musical...
leer másA asociación Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, organiza as Festas de Santiago os días 24 e 25 de xullo, xoves e venres.
As actividades comezarán o xoves ás 22:00 coa actuación do dúo Sensación. E a partir das 23:30 horas a música correrá a cargo de Discomóvil The Sound Project.
E o venres celebrarase misa solemne ás 12:15 horas e despois haberá procesión coa participación do grupo folclórico Os Carricantos. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co dúo Epo-K e a partir das 21:30 horas actuará Discomóvil The Sound Project.
A parroquia de Couboeira, no concello de Mondoñedo, celebra as súas festas patronais, na honra a Santa María Magdalena e San Antonio este domingo, día 20 xullo.
Ás 13:30 horas celebrarase misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Alianza, que tamén actuará na verbena, a partir das 21:30 horas. Tamén haberá foguetes de artificio.












