Mondoñedo
As XXV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía serán os días 12, 13 e 14 de decembro. Foron presentadas polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero Legide; a concelleira de Turismo e Camiño Norte, María Patricia Otero Doural; e o arqueólogo municipal, Abel Vigo García.
“Mondoñedo retoma a actividade divulgativa coa habitual cita arqueolóxica de decembro que, na presente edición, acada os 25 anos. A cita, que combina charlas e visitas, terá lugar os días 12, 13 e 14 de decembro na Sala de Conferencias do Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro, e será unha edición que versará, de forma xenérica, sobre o Fenómeno Xacobeo, abordando aspectos arqueolóxicos, históricos e da historia da arte, combinando isto cunha visita guiada ao Pórtico da Gloria e á Necrópole da Catedral de Santiago”, anuncia o Concello de Mondoñedo, que nesta edición...
leer másMondoñedo anuncia unha programación de Nadal que “chega do esforzo conxunto do Concello e o tecido asociativo: un total de 25 eventos que se desenvolverán entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro”.
Este sábado, 6 decembro, ás 21:30 horas haberá unha cea solidaria co grupo de góspel Aba Taano na Finca San Antonio.
O venres 12 de decembro ás 18:00 horas inaugurarase a exposición de fotos antigas do mindoniense Pepe Pernas, pertencente ao fondo do Arquivo Provincial da Xunta de Galicia en Lugo; será na sala de conferencias do Pazo de San Tomé. Ás 19:45 terá lugar a inauguración das XXV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía, no Pazo de San Tomé.
O xoves 18 ás 20:30 horas haberá o Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música O Pallarego, no auditorio municipal.
O...
leer másO Concello de Mondoñedo convocou a sétima edición do Concurso de Decoración de Nadal.
“O Nadal xa se achega e queremos que Mondoñedo volva lucir con toda a maxia e a creatividade da nosa veciñanza”, anuncia o Concello.
Poden participar persoas empadroadas en Mondoñedo, propietarios de inmobles ou establecementos no municipio, tanto de forma individual como colectiva.
As categorías son: vivendas particulares; establecementos e negocios; decoración colectiva en rúas ou prazas do casco urbano; e decoración colectiva nas parroquias ou barrios do rural.
As inscricións están abertas ata o 5 de decembro na Oficina de Turismo ou a través do teléfono 982.50.71.77. Será necesario enviar unha fotografía da decoración para a valoración do xurado.
Os...
leer másA diocese Mondoñedo-Ferrol anuncia que a catedral mindoniense celebrará este venres, día 5 de decembro, ás 19.30 horas a inauguración do seu monumental belén, nun acto que incluirá o pregón a cargo de Valentín Insua, histórico campaneiro do templo mindoniense. O acto, aberto ao público, conta coa organización desde o cabido catedralicio e a colaboración do Concello de Mondoñedo e diversas entidades sociais e culturais da cidade. A bendición do belén faraa o bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos. Tras o pregón poderase escoitar un concerto de música do Nadal, grazas a colaboración da Asociación Sendeiriña de Mondoñedo, a cargo do Coro de Adultos do Conservatorio de Viveiro, na terceira edición do Festival Panxoliñas no Camiño. E como na edición anterior, os visitantes poderán disfrutar das alfombras florais de Nadal que prepararon os membros da...
leer másA parroquia mindoniense de Masma celebra as festas na honra a San Andrés e a Inmaculada Concepción este sábado, día 29 de novembro.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo do dúo Élite e ás 15:00 horas empezará un xantar popular.
Desde as 18:00 horas haberá sesión de tarde amenizada polo dúo Élite e ás 21:00 horas comezarán a verbena co dúo Élite e o grupo La Tremenda.
A organización anuncia que haberá sorteos entre os asistentes ao xantar, servizo de bar, baños, recinto cuberto con carpa e calefacción e amplos aparcamentos.
Este sábado, 8 de novembro, terá lugar en Mondoñedo o segundo sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán 500 en vales de compra.
Desde FCAM a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 3 ao 8 de novembro fagan as súas compras nos negocios de Lourenzá e de Mondoñedo poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e as oito da tarde pola Praza do Concello, en Mondoñedo, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:00 horas. Haberá tres premios en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”.
Cruzado Iglesias lembra que “o obxectivo desta campaña é unha forte aposta polas compras no pequeno comercio, nese que temos...
leer másNa Praza do Concello de Mondoñedo celebrarase un magosto tradicional este sábado, día 8 de novembro. Haberá castañas, viño e chocolate.
As actividades comezarán ás 18:00 horas con Truco ou trato de Samaín polas rúas do centro e desde as 19:30 horas farase o magosto tradicional coa música a cargo do grupo de pandereteiras María Raxeta.
A campaña da FCAM De compras polo comercio da Mariña Lucense chegará o 8 de novembro a Lourenzá e Mondoñedo con novos convidados.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “as persoas que fagan as súas compras nos comercios de Lourenzá e de Mondoñedo entre os días 3 e 8 de novembro entrarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. O 8 novembro ás 20:00 horas na Praza do Concello, de Mondoñedo, terá lugar o devandito sorteo. E os convidados especiais cos que imos contar nesta ocasión serán os encargados de entregar os vales ás persoas afortunadas. Con eles imos visitar tamén enclaves turísticos da comarca, porque entendemos que comercio e turismo están moi unidos neste destino, e ademais imos amosarlles a excelente gastronomía coa que contamos na Mariña”.
Ata Lourenzá e Mondoñedo achegaranse...
leer másO deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou esta mediodía na presentación do festival Breason, que se celebrará o 8 de novembro, sábado, en Mondoñedo.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa Asociación Cultural Xoldra na organización do festival, con actuacións de Biznaga, Grande Amore, 9Louro, Malvela, Señora DJ, Femfarria, María Raxeta e Meniñ@s da Mariña, formada pol@s alumn@s da escola da Asociación de Música de Baile Tradicional Gaita Escola de Mondoñedo.
Daniel García expresou “o apoio da Vicepresidencia da Deputación a este festival, que conta co impulso da Asociación Cultural Xoldra e da mocidade mindoniense comprometida coa música e a cultura en galego, como reflicte o cartel desta segunda edición que reúne algunhas das bandas e artistas máis recoñecidos da música...
leer másO Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o X Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo, baixo o lema Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta, que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2026 coas mellores fotografías de recunchos da localidade. Abriuse o prazo de presentación de orixinais que rematará o venres día 28 de novembro.
As fotos deben presentarse en soporte dixital no seguinte enderezo de correo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2025”. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto. Pode presentarse unha foto por participante.
O Concello de Mondoñedo explica...
leer más












