Mondoñedo

11/03/2024

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Mondoñedo anuncia que os premios dos concursos de debuxo e relato curto Mondoñedo en Igualdade serán entregados nun acto que se celebrará o 23 de marzo, sábado, no Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Ás 17:00 será a entrega dos premios e media hora despois Trécola Teatro ofrecerá o contactontos  “E ti, que queres ser de maior?”.

 

Etiquetas:
02/03/2024

La asociación Sendeiriña, de Mondoñedo, organiza una charla titulada “Menopausia: entendiendo los cambios” para el 15 de marzo, viernes, a las 20:30 horas. La impartirá el doctor Ezequiel Cardoso, ginecólogo del Hospital Público da Mariña Lucense, en la Casa da Xuventude mindoniense.

La organización explica que la menopausia “supone una gran transformación en la vida de una mujer. Hablaremos de esas variaciones, de falsos mitos y de como con el paso del tiempo cambió la forma de ver la menopausia”.

 

Etiquetas:
17/02/2024

Dentro das actividades anuais programadas pola Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, o sábado 24 de febreiro ás 20:00 horas haberá un concerto coral a cargo da agrupación Polifónica Coruñesa Canticorum.

Será no auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo, con entrada libre.

 

14/02/2024

A Vicaría para la Caridad da Diocese Mondoñedo-Ferrol convoca, un ano máis, a participar na Festa Diocesana da Misericordia 2024, prevista para o sábado 9 de marzo en Mondoñedo, que será presidida polo bispo, Fernando García Cadiñanos.

Haberá unha parte moi destacada dedicada aos máis pequenos, coa participación do grupo Valiván, que é unha empresa familiar dedicada a producir audiovisuais infantís de contido cristián. Tamén dedicarán un espazo para as familias (oración e confesión comunitaria). E para os mozos realizarase unha dinámica especial de oración e de encontro con Jesucristo. 

A organización anuncia que “ao igual que noutros encontros diocesanos, desde cada zona facilitarase o desprazamento en autobús. A proposta é que, individualmente ou en grupo, levemos a comida para compartir. Pero as persoas para as...

leer más
Etiquetas:
10/02/2024

O mércores 28 de febreiro o poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta e investigador, Claudio Rodríguez Fer, recibirá a distinción de Cunqueiriano de Honra de 2024. Será no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00h, onde estará acompañado por autoridades locais e autonómicas. Converterase, así, no oitavo homenaxeado dende que se instituíu este galardón.
 
O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven a distinción de Cunqueiriano de Honra co fin de recoñecer o labor daqueles persoeiros que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense.
 
Neste 2024 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, decidiu premiar a longa e vizosa traxectoria dun gran coñecedor da figura de Cunqueiro como é Claudio Rodríguez Fer...

leer más
Etiquetas:
06/02/2024

O sábado 17 de febreiro ás 22:30 horas celebrarase unha cea baile de Entroido no Casino de Mondoñedo. Estará amenizada polo dúo Zafiro e  haberá premios para as mellores mascaritas.

O menú inclúe sopa, cocido completo, filloas e orellas, café e chupito. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.

As tarxetas para asistir poden retirarse ata o 13 de febreiro.

Etiquetas:
05/02/2024

A asociación de veciños Parroquia do Carme, de Mondoñedo, organiza unha comida para o día 24 de febreiro, sábado, ás 14:00 horas.

Será na Taberna do Valeco e o menú incluirá sopa de cocido, cocido e sobremesa de Antroido. Tamén haberá sorteo de agasallos.

O prezo é de 28 euros para os socios do colectivo organizador e de 32 euros para as persoas que non pertencen á asociación veciñal Parroquia do Carme. Para participar hai que anotarse antes do 19 de febreiro no teléfono 686.511.770 (Ángeles).

 

Etiquetas:
29/01/2024

O Concello de Mondoñedo organiza o desfile de Entroido para o 17 de febreiro, sábado, a partir das 17:30 euros. Repartiranse 5.000 euros en premios.

Todos os participantes poderán anotarse no correo entroidomindoniense@gmail.com ou no teléfono 982.50.71.77. O prazo máximo para inscribirse será ata as 12 horas do venres 16 de febreiro. Á hora de inscribirse facilitaranse os seguintes datos: nome e DNI completo da persoa representante, nome do disfrace e un teléfono de contacto. Os dorsais deberán ser recollidos entre as 16 e 17 horas do sábado no edificio municipal do Campo dos Paxariños (antiga oficina de Emprego). Ás 17 horas, os disfraces deberán estar preparados para atender ás indicacións da organización e proceder ao seu posicionamento no desfile, para que discorra coa máxima orde...

leer más
27/01/2024

O Centro de Información ás Mulleres de Mondoñedo organiza concursos de debuxo e de relatos curtos con motivo do 8 de marzo, Día da Muller. Os traballos poden presentarse ata o día 1 de marzo.

O CIM mindoniense anuncia: “xa temos o 8M ás portas e, como cada ano, queremos convidar ao alumnado dos centros de primaria e secundaria de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto a participar no concurso Debuxando en Igualdade. Ademais, este ano temos unha novidade: o concurso de relatos curtos "Letras para a Igualdade". As bases poden consultarse tanto nos centros educativos como nas oficinas e nas redes sociais do CIM e nos seguintes enlaces:

Debuxando en Igualdade 2024:https://drive.google.com/.../17kzMiC2qzizFvvdETeu.../view...
...

leer más
Etiquetas:
22/01/2024

A Asociación de Belenistas da Diocese de Mondoñedo-Ferrol organiza para este sábado, 27 de xaneiro, co gallo da clausura do belén da catedral mindoniense, unha mesa redonda para falar dos Reis Magos. Será ás 20:00 horas no Salón de Coengos do Real Seminario Conciliar de Santa Catalina, na rúa Padre Sarmiento 1, de Mondoñedo.

O título é “Os Reis Magos: memoria, iconografía, literatura” e será unha viaxe máxica dende o belén da Catedral de Mondoñedo á infancia de Carlos Casares. Contará coa presenza do presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares; Carlos Henrique Fernández Coto, presidente de APATRIGAL; o escritor e xornalista Ramón Loureiro; e Gustavo Adolfo Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares. Presenta e modera José Luis Fernández (Keno), presidente da Asociación diocesana de Belenistas.