Mondoñedo
Mondoñedo acollerá os días 22 e 23 de setembro un curso do programa de formación en apicultura que a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo vén desenvolvendo nos dous últimos anos da man da Casa do Mel.
Trátase de cursos de 10 horas con contidos téoricos e prácticos enfocados na ampliación e actualización de coñecementos das apicultoras e apicultores como a diversificación das producións, a nutrición e alimentación das abellas ou a elección das ubicacións axeitadas para a instalacións de apiarios son as cuestións nas que se centrarán os cursos.
O deputado provincial de Rural, Daniel García, explicou que se trata “dunha formación gratuíta coa que damos continuidade ao programa que puxemos en marcha o ano pasado, para apoiar con coñecemento actualizado e prácticas adaptadas ás dificultades que...
leer másVén de presentarse unha nova edición do Mindus Maxicus, que terá lugar os días 29 e 30 de agosto, venres e sábado, en Mondoñedo. No acto, ao pé da estatua de Álvaro Cunqueiro, estiveron o alcalde, Manuel Otero, o concelleiro Manuel Tapia e un representante do espectáculo, Aris Villarino.
O Concello de Mondoñedo anuncia que “o programa deste ano, continúa a ser intenso e atractivo, e nel participarán os magos Aris Villarino, Mago Deimi, Mago Ninou e O Gran Mago, que encherán de maxia Mondoñedo na última fin de semana de agosto. Dentro das actividades que se levarán a cabo, hai que destacar: Maxia Solidaria, que se celebrará no Hospital de San Paulo e San Lázaro, na Residencia San Rafael e no Centro de Menores; Obradoiro Máxico e Gala Mindus Maxicus, na Casa da Xuventude; maxia na hostalería local. Dende o Concello de Mondoñedo e o equipo de...
leer másA ONG Música para salvar vidas presenta o seu espectáculo titulado Los Uganda Sticks en Mondoñedo o día 21 de agosto, xoves. Será no auditorio municipal Pascual Veiga ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 10 euros.
O acto de presentación deste concerto, celebrado no Concello de Mondoñedo, contou con participación de membros da ONG organizadora así como alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e o concelleiro Manuel Tapia.
O Concello de Mondoñedo anuncia que “a ONG Música para salvar vidas presenta o seu espectáculo Los Uganda Sticks, a historia de África dende a danza e a percusión africana a través dunha ollada profunda e moi profesional. Un espectáculo impactante pola súa percusión e sensibilidade. Unha ocasión de achegarse a África desde o corazón duns rapaces que pese ás dificultades da vida...
leer másA Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrece o seu tradicional concerto de música medieval este xoves, día 7 de agosto.
A actuación será no claustro da catedral mindoniense ás 21:00 horas.
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará entre os días 7 e 10 de agosto. Está organizado polo Concello e pola asociación Amigos do Mercado Medieval e conta coa colaboración do Goberno galego.
A Xunta de Galicia anuncia que “o evento cumpre a súa trixésimo terceira edición cun completo programa que inclúe 70 actividades para todos os públicos e introduce como novidade unha cea o venres que terá lugar na igrexa da Alcántara, no Centro de Interpretación do Camiño Norte. O sábado ás 12.00 horas pronunciará o pregón Valentín Insua, campaneiro da Catedral. Numerosos colectivos de recreación histórica ambientarán esta cita, ofrecendo espectáculos na rúa como o bautismo de cabaleiros, torneos ou unha voda polo rito mozárabe. No apartado musical...
leer másA asociación Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, organiza as Festas de Santiago os días 24 e 25 de xullo, xoves e venres.
As actividades comezarán o xoves ás 22:00 coa actuación do dúo Sensación. E a partir das 23:30 horas a música correrá a cargo de Discomóvil The Sound Project.
E o venres celebrarase misa solemne ás 12:15 horas e despois haberá procesión coa participación do grupo folclórico Os Carricantos. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co dúo Epo-K e a partir das 21:30 horas actuará Discomóvil The Sound Project.
A parroquia de Couboeira, no concello de Mondoñedo, celebra as súas festas patronais, na honra a Santa María Magdalena e San Antonio este domingo, día 20 xullo.
Ás 13:30 horas celebrarase misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Alianza, que tamén actuará na verbena, a partir das 21:30 horas. Tamén haberá foguetes de artificio.
Cesuras, en Mondoñedo, celebra as festas na honra a Santa Margarita esta fin de semana, o sábado 19 e o domingo 20 de xullo
O sábado haberá misa ás 13:00 horas e despois sesión vermú co dúo Maracuyá, que tamén actuará na verbena xunto ao DJ Peabody.
E o domingo celebrarase misa ás 13:15 horas e a continuación sesión vermú co dúo Son de Festa.
A parroquia mindoniense de Santa María Maior celebra as súa festas esta fin de semana, desde o venres 18 ata o domingo 20 de xullo.
As actividades comezarán o venres ás 22:00 horas cunha churrascada popular; e despois haberá verbena coa orquestra D’Noche e Discomóvil The Sound Proyect.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne; e a continuación haberá procesión co grupo Lecer, que tamén actuará na verbena.
E o domingo ás 14:00 horas celebrarase misa solemne; e despois procesión e sesión vermú co grupo Lecer.
A organización anuncia tamén que haberá inchable gratis para os nenos e nenas.
Mondoñedo acollerá desde este venres, día 4, ata o domingo 13 de xullo a 23ª Escola Internacional de Verán organizada pola Unión Internacional da Marioneta (Unima), Federación España e Unima Galicia. Anunciouno a Xunta de Galicia, que apoia esta iniciativa a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.
As actividades foron presentadas na Delegación Territorial de Lugo, coa participación do delegado territorial da Xunta, Javier Arias; a tenente de alcalde de Mondoñedo, Ángeles Rodríguez; e o presidente de Unima Galicia, Ton Arenas.
A Xunta de Galicia explica que “a escola vai dirixida a profesionais e afeccionados á marioneta e inclúe tres cursos a cargo de expertos que son referentes no sector a nivel internacional. Nun deles a especialista en monicreques de luva Paz Tatay...
leer más












