Mondoñedo

Etiquetas:
20/09/2024

El centro comarcal de Mondoñedo acogerá una charla sobre alimentación saludable organizada por el colectivo local Sendeiriña y la Asociación Española contra el Cáncer (AECC). Será el día 23 de septiembre, lunes, a las 17:00 horas.

Intervendrán en el acto la psicóloga y técnica de prevención Andrea Casais Amor y la trabajadora social Rocío Fernández Alonso.

“Una vez más siguen nuestras colaboraciones con AECC. Está vez nos comentarán sobre lo que nos ofrece la asociación en la Mariña y también un poco sobre alimentación saludable”, anuncia Sendeiriña, de Mondoñedo.

20/09/2024

A cantante segoviana de neofolk Isabel Aaiún, que é coñecida polo tema Potra Salvaje, actuará en Mondoñedo o día 19 de outubro, sábado, dentro da programación das festas e feiras das San Lucas. Anunciouno a asociación organizadora dos festexos.

O concerto será ás 22:00 horas na Praza do Seminario e as entradas estarán á venda na oficina de turismo mindoniense a partir do 1 de outubro. O prezo será de 5 euros.

 

 

Etiquetas:
12/09/2024

A asociación Gaita Escola de Mondoñedo organiza este sábado 14 de setembro a XII Xuntanza de Cantos de Taberna. O encontro terá lugar ás 20:00 horas onde 13 grupos de diferentes puntos de Galicia cantarán e tocarán polos bares e tabernas. O evento está máis que consolidado e a organización conta con xuntar ao redor 160 participantes entre músicos e cantareiros/as. 

Nesta edición propoñen iniciar a xornada cun obradoiro de iniciación ao baile tradicional que se impartirá ás 17:30 horas na Praza do Concello. É unha actividade aberta a todos os públicos e de balde onde se poñerán en práctica os principais puntos de muiñeira e xota. 

Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa cunha foliada aberta na Praza do Concello a partir das 23:30 horas onde todo o mundo ten cabida para tocar, bailar e gozar coa...

leer más
10/09/2024

O día 21 de setembro, sábado, a partir das 18:30 horas terá lugar a sexta edición da carreira Mondoñedo Monumental, que organiza o Concello mindoniense. Todas as probas terán saída e chegada na Praza da Catedral.

A entrega de dorsais será a partir das 16:00 horas. Ás 18:30 empezará a carreira de cativos (non competitiva para nenos e nenas nacidos no 2017 e anos posteriores), nunha distancia de 200 metros. Ás 18:35 saíra a sub-10 (para nenos e nenas nacidos nos anos 2015 e 2016), cunha distancia de 950 metros. Ás 18:45 empezará a sub-12 (para nenos e nenas nacidos nos anos 2013 e 2014), nunha distancia de 1.900 metros. Ás 19:05 sairán as de sub-14 e sub16 (nenos e nenas nacidos desde o 2009 ata o 2012), cunha distancia de 2.850 metros. E ás 19:15 horas será a saída da carreira absoluta.

Etiquetas:
05/09/2024

A área de Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa un curso de Formas de manexo da colmea para a loita contra a Velutina en Mondoñedo. O IES San Rosendo acollerá esta formación o 23 e 24 de setembro en horario de mañá (de 10.00 a 14.00 horas) que permite formar a apicultoras e apicultores na loita contra a vespa asiátiva. As persoas interesadas en asistir poden anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661.003.616.

Persoal técnico da Casa do Mel de Goente explicara ás persoas asistentes  métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora, con contidos teóricos e unha parte práctica. O curso forma programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área provincial, co obxectivo de ampliar e actualizar os...

leer más
Etiquetas:
05/09/2024

O vindeiro 14 de setembro ás 20:00 horas Mondoñedo acollerá a Xuntanza de Cantos de Taberna.

Esta celebración, que xa vai pola súa décimo segunda edición, reunirá a agrupacións nun percorrido polas tabernas e bares da cidade, enchendo as rúas de música.

Aqueles interesados en participar poden inscribirse chamando ao número 605 582 624

O evento está organizado pola asociación Gaita Escola, que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a asociación O Pasatempo. 

 

04/09/2024

A comisión de festas da Virxe dos Remedios e o cura párroco do Santuario, Pedro Díaz, presentaron a programación das festas patronais que se desenvolverán o sábado 14, domingo 15 e luns 16 de setembro, festivo local.

O sábado o parque da alameda será o escenario da actuación do Dúo Zafiro e pola noite tocará a orquestra Magma, considerada unha das mellores de Portugal e que actuará por primeira vez nesta comarca. Esa mesma xornada está previsto o evento DJs no Camiño, co patrocinio de Radio Líder e da Xunta de Galicia, así como tamén a XII edición de Cantos de Taberna.

O domingo é o día principal, coa ofrenda presentada este ano polo alcalde de Ortigueira, á que seguirá a tradicional procesión coa imaxe da virxe acompañada pola Banda de Gaitas de Ladrido. A orquestra Pontevedra, así como a comparsa XX, serán as...

leer más
02/09/2024

Mondoñedo celebrará un Entroido de Verán este sábado, día 7 de setembro, desde ás 18:00 horas.

Será na Praza do Concello e haberá animación musical e premios para os mellores disfraces.

Etiquetas:
01/09/2024

Viloalle, en Mondoñedo, celebrará as súas grandes festas os días 7 e 8 de setembro.

O sábado, 7 de setembro, os actos comezarán cunha misa solemne á unha da tarde, seguida da tradicional procesión. A xornada continuará coa sesión vermú, amenizada polo Dúo Son de Festa. Pola noite, a verbena contará coa actuación do Dúo Son de Festa e o Dúo Maracuya, garantindo diversión para todos os asistentes.

O domingo, 8 de setembro, repetirase o esquema festivo con outra misa solemne á unha da tarde, seguida de procesión. A festa continuará coa sesión vermú e verbena a cargo do Dúo Belinda.

 

Etiquetas:
31/08/2024

O evento Mondoñedo Máxico, que se celebrará na cidade episcopal do xoves 5 ao sábado 7 de setembro, contará coa participación de seis magos: Meiga Belmonte, Ninou, Deimi, Le Grand Marten, Aris e Jose Rivera.

Os tres días durante a tarde noite haberá roteiros de maxia pola hostalería local. O sábado pola mañá haberá maxia solidaria na Residencia San Rafael, no Hospital San Pablo e na Fundación Dignidade. E ese mesmo día ás 19:00 horas terá lugar na Praza do Concello unha gala de maxia.