Mondoñedo

25/05/2025

A Peña Madridista Vallibria, de Mondoñedo, celebrará o seu 30 aniversario cun evento que terá lugar na Finca San Antonio o día 30 de maio, venres, desde as 21:30 horas. O prazo para inscribirse remata o luns 26 de maio.

A organización conta coa presenza do xornalista deportivo Tomás Roncero e cun representante do Real Madrid. Tamén haberá animación musical a cargo do dúo Zafiro.

23/05/2025

A catedral de Mondoñedo inaugurará a súa nova iluminación cun concerto a cargo da Escola de Música O Pallarego, do concello mindoniense, e a Orquestra Clásica de Xove. Será o día 31 de maio, sábado, ás 20:00 horas.

Interpretarán a obra para coro e orquestra Gloria RV589, Re Maior, de Antonio Vivaldi.

20/05/2025

A parroquia mindoniense de Oirán celebrará a festa na honra a Virxe dos Milagros os días 24 e 25 de maio, sábado e domingo.

O sábado haberá misas ás 9:00, 10:00, 11:00 e 12:00 horas. E ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Tremenda, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Belinda.

E o domingo ás 13:00 horas haberá misa solemne e despois procesión e sesión vermú, a cargo do grupo Lume, que tamén amenizará a sesión de tarde.

19/05/2025

A Asociación do Barrio dos Muíños, de Mondoñedo, celebra unha comida popular este sábado, día 24 de maio.

Ás 14:00 horas haberá sesión vermú e o xantar comezará ás 15 horas. A música correrá a cargo de Discomóvil Eventec. As entradas están a venda na Taberna do Valeco.

17/05/2025

O Concello de Mondoñedo anuncia que “vén de presentarse a XI edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Mondoñedo que se celebrará na cidade episcopal o sábado 21 de xuño de 2025”. No acto participaron o alcalde, Manuel Otero, e a concelleira Patricia Otero.

Está organizada pola Asociación Clásicos Mindoniense Mira e Anda, que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, entre outras entidades.

Etiquetas:
15/05/2025

O Concello de Mondoñedo ven de recibir oficialmente a entrada do Mercado Medieval de Mondoñedo na Asociación Española de Fiestas y Recreaciones Históricas, así como tamén na Asociación Europea.

“Neste mes de maio, coa colaboración da Asociación O Pasatempo de Mondoñedo, o Mercado Medieval, que se celebra na localidade episcopal na segunda fin de semana de agosto, entrou por dereito propio como unha das festas de referencia en Galicia. Esta entrada coincide nun momento no que xa se está a traballar a pleno rendemento para a celebración da presente edición do Mercado Medieval que chegará á súa, trixésimo terceira edición”, anuncia o Concello de Mondoñedo.

15/05/2025

O colectivo Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza unha festa para ver o festival de Eurovisión este sábado, día 17 de maio, a partir das 20:45 horas.

Haberá retransmisión do festival de Eurovisión en gran pantalla, pinchos, porra eurovisiva, festa post-gala e algunha sorpresa.

Para os socios do Casino de Mondoñedo a entrada é de balde e as persoas que non pertencen ao colectivo teñen que pagar 5 euros. Para máis información e reserva de entradas os interesados poden contactar coa organización do evento a través do teléfono 602.450.939.

10/05/2025

O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo acolle durante este mes de maio a exposición titulada Universo Vizoso, comisariada por Aser Álvarez e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A mostra reúne preto dun cento de carteis e ilustracións, que amosan a evolución creativa do artista mindoniense alén da súa traxectoria como deseñador de Sargadelos, e inclúe a súa escultura San Froilán, unha peza do Museo Provincial de Lugo que sae por primeira vez desta espazo para acompañar a itinerancia da exposición.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, participou na inauguración, acto no que explicou que “a mostra xurdiu como unha proposta para recoñecer e divulgar a obra de Xosé Vizoso no marco do Día da Ilustración, que se dedicou este ano á súa obra” e sinalou “a itinerancia da mostra en Mondoñedo como un recoñecemento e homenaxe á...

leer más
08/05/2025

As XVIII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño desenvolveranse os días 12 e 13 de maio, luns e martes, nos concellos de Mondoñedo e Abadín. Este evento celébrase “en conmemoración do décimo aniversario da declaración de Patrimonio da Humanidade dos Camiños de Santiago do Norte e de arroupa ao proxecto Da Catedral de Mondoñedo a Catedral de Santiago de Compostela”, explica a organización.

As actividades comezarán o luns 12 maio no salón de actos do IES San Rosendo. Ás 16:30 horas terá lugar un saúda inaugural, no que participarán o director IES San Rosendo, os alcaldes de Mondoñedo e Abadín e o presidente da asociación Abrindo Camiño, José Luis Fernández Ansedes. A continuación haberá unha charla coloquio con proxección de audiovisuais: Análise actual e DAFO dos Camiños de Santiago do Norte; O Albergue La cabaña del Abuelo Peuto...

leer más
07/05/2025

O Concello de Mondoñedo anuncia que este xoves, día 8 de maio, ás 17:30 horas terá lugar a inauguración da exposición Universo Vizoso no Centro Sociocomunitario mindoniense. A mostra, que versa sobre a obra do artista Xosé Vizoso, recentemente falecido, permanecerá aberta ao público durante un mes na cidade episcopal.

O Concello de Mondoñedo convida “a toda a cidadanía á asistir a este acto e a visitar a exposición deste ilustre mindoniense durante as vindeiras semanas”.