Teatro

Etiquetas:
15/12/2022

Pinocús Teatro chega a Viveiro este sábado, 17 de decembro, ás 18:00 horas con Pinconús. Será no Pastor Díaz. Con entrada libre ata completar o aforo. 

Sinopse: Un día calquera na estación de tren de Aquimesmo. Unha billeteira que ven e que vai. Un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo. As indecisións dun viaxeiro que non sabe moi ben a onde ir. As estratexias dunha viaxeira que quere ser a única que colla o tren. O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros. Todo isto para chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado Pínconús.

 

Etiquetas:
15/12/2022

O Bordelo presenta mañá, venres, na Casa da Cultura O covid do mariñán. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “este venres, 16 de decembro, ás nove da noite no auditorio da Casa da Cultura temos a actuación do grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, que como sempre desde xa hai moito tempo presentan practicamente cada ano unha nova obra teatral e fana, por suposto, tamén en Burela”. 

O edil burelés explicou que “neste caso titúlase O covid do mariñán e promete ser, como todas as obras dirixidas polo gran Paco Piñeiro, divertida e para facernos rir a todos, que boa falta nos fai nestes tempos como estes, tan controvertidos”.

Participan na representación 6 actrices e actores e a duración será de 90 minutos. A entrada é de balde. 

 

Etiquetas:
09/12/2022

Hoxe, venres, chega á cidade do Landro o Grupo de teatro Down Lugo coa obra 21/3. Enmárcase no ciclo “Táboas cheas de emocións” da Vicepresidencia Deputación Provincial de Lugo. 

Será ás sete da tarde no Teatro Pastor Díaz. A entrada é de balde ata completar aforo. 

Este grupo formouse en decembro de 2004 a partir dun obradoiro de achegamento ao teatro que de inicio contaba con 7 participantes. No 2007 o grupo ampliou o seu número de membros consolidándose como tal. Na actualidade está formado por 16 actrices e actores afeccionados, todos eles con capacidades diferentes, de idades comprendidas entre os 22 e os 55 anos.

21/3 trata sobre cada un dos membros deste grupo, sobre as súas inquedanzas: como nos ven?, como nos gustaría que nos visen?, somos aceptados?, porque temos que ser...

leer más
Etiquetas:
03/12/2022

A obra Oceanía, que interpreta o famoso actor Carlos Hipólito, representarase en Ribadeo o día 10 deste mes, sábado, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Esta peza teatral é o testamento artístico e vital do prestixioso director Gerardo Vera, falecido de coronavirus en 2020. 

As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).

O actor madrileño Carlos Hipólito leva máis de 40 anos sobre os escenarios e ten unha amplísima traxectoria en teatro, cine e televisión. Leva 20 anos sendo o narrador da exitosa serie de TVE Cuéntame cómo pasó, na que ademais interpretou o papel de Carlos Alcántara...

leer más
Etiquetas:
01/12/2022

Reunido o xurado do IV Certame de Teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer os nominados aos premios das distintas categorías. 

Os elixidos son estes:
Para o premio Conde Santo á mellor representación (dotado con 750 euros  e trofeo): Catre Teatro, de As Pontes, coa obra Fátum; Ollomao, de Barreiros, coa obra O documento; e Os Palimoquiños, de Lugo, coa obra E se todo se reducise ao amor.
Para o premio Lourenzo ao mellor actor (dotado con trofeo): Dani García, de Ollomao, de Barreiros; Xacobe Martínez, de Os Palimoquiños, de Lugo; e Xulio Leal, de Avelaíña, de Pontevedra
Para o premio Ana á mellor actriz (dotado con trofeo): Carolina Díguele, de Catre Teatro, de As Pontes; Luisa Oroza, de Adala Teatro, de Fazouro (Foz); e Miriam Bouso, de Ollomao, de Barreiros.
Para o premio á mellor posta en escena (dotado con...

leer más
Etiquetas:
29/11/2022

A compañía Chévere chega o 3 de decembro a Viveiro con “As fillas bravas de Momán”. Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. O elenco artístico está composto por: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar.

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero para sensibilizar á sociedade frente á violencia machista e as desigualdades.

A reserva de entradas pode facerse no seguinte número de teléfono 982 56 01 62 ou...

leer más
Etiquetas:
24/11/2022

O vindeiro sábado, 26 de novembro, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado Ciclo Gargalladas da Área de Cultura da Deputación Provincial Lugo, terá lugar a representación teatral a Comedia “O documento”, dirixida a todos os públicos. O colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, será o encargado de representar esta comedia ás 20:30 horas na Casa da Cultura. 

O fío condutor da mesma, é o achádego de Manueliño dunha carta de amor no mandil da súa moza Sabeliña. Desesperado polos ciumes non atopa outra saída que non sexa o suicidio. Para iso buscará mil maneiras de conseguir o seu fin, pero o incesante ir e vir do resto dos personaxes farán que os seus intentos se volvan infrutuosos.

 

Etiquetas:
23/11/2022

Este domingo, 27 de novembro, rematan as representacións das obras presentadas a concurso no IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá. Será coa obra O documento, do grupo Ollomao, de Barreiros. O horario da representación, que foi modificado respecto á programación inicial, será ás 18:30 horas no multiusos Ponte de Cuñas.

As actividades deste certame, organizado polo Concello de Lourenzá coa colaboración da Deputación de Lugo, concluirán coa gala de entrega de premios, que está prevista para o 17 de decembro, sábado, ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
23/11/2022

Continente María, de Ainé Producións chega o sábado, 26 de novembro, ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. A función dará comezo ás 20:30 horas. 

Realizar un espectáculo sobre María Casares era algo que tanto o director Tito Asorey como a actriz Melania Cruz tiñan en mente desde hai máis dunha década. As circunstancias, tanto vitais como de produción, fixeron que deran o paso neste momento, no 100º aniversario do seu nacemento, sabedores de que sería óptimo para que fose recibida a súa proposta coa atención axeitada.

Esta montaxe pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, achegándoa ao público, á vez que se vale da súa figura para falar da propia condición dos artistas nun mundo en continuo cambio, analizando escenicamente as nosas contradicións como país e como sociedade.

...

leer más
Etiquetas:
22/11/2022

Será o vindeiro venres, día 26, ás 21,30 horas, na antigo local da báscula de Marzán, onde ten a súa sé a Asociación Torques de Marzán, en Foz. 

“Os do grupo teatral O Centiño estaremos, como adoitamos facer, presentando a nosa última obra, A morte morrida, na que o pobre Crispín, que vén de xubilarse, perde o ánimo para seguir vivindo e comete o erro de identificar xubilación con morte”, explican desde o grupo de teatro.