Música
O Auditorio Municipal de Burela acollerá este venres, día 21 de agosto, ás 20:00 horas, o concerto solidario do grupo ugandés Aba Taano, “unha das formacións de góspel africano con maior recoñecemento internacional. A actuación, organizada a beneficio da ONG Música para Salvar Vidas, combinará música, solidariedade e compromiso social nunha proposta cultural de gran nivel”, anuncia o Concello de Burela, que engade: “a través das súas voces, da súa enerxía e da música tradicional africana, Aba Taano ofrecerá un espectáculo cheo de ritmo, emoción e esperanza, no que o público poderá coñecer de primeira man un proxecto no que a música se converte nunha ferramenta de transformación social. Os cinco integrantes da formación forman parte da ONG Música para Salvar Vidas, unha iniciativa que traballa para ofrecer educación, formación e oportunidades de futuro a nenos e...
leer másA Coral Alborada, de Viveiro, anuncia a celebración do XL Festival de Música Coral este venres, día 14 de agosto, ás 21:00 horas na Praza Maior, coa participación das seguintes agrupacións: Coral Polifónica de Guntín-Taboada, Coral Polifónica de Lalín, Coro Xuvenil YanGu Tu e Coral Polifónica Alborada de Viveiro.
“Este festival está enmarcado dentro do programa cultural das festas patronais do noso concello, por iso agradecemos a colaboración e patrocinio do Concello de Viveiro para que este festival siga cumprindo moitos anos máis. Queremos tamén expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as agrupacións corais participantes e aos nosos fieis seguidores e colaboradores por facer posible este festival. A música cobra verdadeiro sentido cando se comparte en comunidade”, explica a Coral Alborada.
Alana e Lina e Lola tocarán este venres, día 14 de agosto, nas festas do San Roque de Viveiro. O trío coruñés, que achega a música tradicional á electrónica e ao pop, e o grupo de pandereteiras do Morrazo actuarán na Praza Maior, dentro da programación musical que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa para fomentar a presenza da música en galego en celebracións e escenarios musicais de toda a provincia.
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro valorou “o interese da xomisión en incorporar ao programa das festas a música galega e en galego, que priorizamos desde a área de Cultura” e sinalou “ a importancia de incluír estas propostas no programa dunhas festas patronais, para achegar a un público máis amplo e diverso os grupos e artistas que xurdiron en torno á renovación da música tradicional”.
A...
leer másO grupo Uganda Sticks e os Grandes Tambores de Ruanda ofrecerá a súa única actuación na Mariña este xoves, día 13 de agosto, en Lourenzá. Será ás 20:30 horas no Claustro do Mosteiro, pero en caso de choiva trasladarase ao Multiusos Ponte de Cuñas, no recinto feiral.
O Concello de Lourenzá explica que será unha “festa africana con viño, bebidas e pinchos. Auténtica danza e percusión e única actuación na Mariña”.
O prezo da entrada é de 15 euros e véndense anticipadamente en Cabaleiros Xardín, Bar Aturuxo (Lourenzá), Bar Rincón (Mondoñedo) e na web www.giglon.com e unha hora antes do espectáculo.
O Concello de Lourenzá destaca que é unha “actuación solidaria a beneficio da ONG Música para salvar vidas, orfanato de Uganda. Un proyecto de ayuda a niños y...
leer másQuedan a la venta las últimas entradas para el concierto bianual que ofrecerá el 14 de agosto en Ribadeo el pianista Guillermo Cruzado. Será en la iglesia parroquial a las 21:15 horas.
Quienes acudan al tempo este viernes podrán escuchar obras de Bach, Schubert, Beethoven, Chopin y música española de Albéniz.
Este será el quinto concierto que Guillermo Cruzado dará en solitario en Ribadeo desde 2016, año en el que tuvo lugar el primero. Luego le siguieron los ofrecidos en 2018, 2020 y 2024.
Las últimas entradas para asistir a esta cita pueden adquirirse en la biblioteca municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo.
A Banda de Música O Landro, anuncia: “o luns 10 vive unha auténtica Noite de Estrelas na Praza Maior de Viveiro. Convidámosvos ao noso concerto cun cuarteto de cantantes sen igual: Margarita Gutiérrez, Mario Gómez, Idoya Esquide e Felipe Sánchez para poñer a voz a grandes temas da verbena galega. Coma condutor do espectáculo contaremos con Baruk Domínguez”.
Esta actuación da Banda de Música O Landro, dirixida por Carlos Timiraos, comezará ás 22:00 horas.
O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O venres 14 de agosto ás 20.30 horas o Auditorio da Casa da Cultura acollerá un concerto da man do tenor Santiago Ballerini, a soprano Berna Perles e o pianista Javier Carmena.
O programa estará dividido en dúas partes: a primeira reunirá unha selección de pezas de Mozart, Donizetti, Verdi e Puccini, coas obras Idomeneo, Le nozze di Figaro, Don Giovanni, L'elisir d'amore, La forza del destino e La bohème.
Na segunda parte interpretaranse pezas de Amadeo Vives, Pablo Sorozábal, Manuel Fernández Caballero, Javier Carmena e Federico Moreno Torroba, con fragmentos de Doña Francisquita, La del manojo de rosas, El dúo de la Africana, El orgullo de quererte e Luisa...
leer másA Orquesta Mondragón e Fórmula V encherán Ribadeo de ritmo este sábado, 8 de agosto, co Gran Guateque do Xacobeo.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explicou que “este sábado, 8 de agosto, terá lugar o Gran Guateque do Xacobeo, a partir das dez da noite na Praza de España, coa participación en directo da Orquesta Mondragón, con Javier Gurruchaga ó fronte e Fórmula V co incombustible Paco Pastor. Disfrutaremos dun concerto gratuíto e será unha noite para recordar, cantar e bailar temas que todos coñecemos como Viaje con nosotros, Soy yo tu lobo ou Lola, entre outros moitos éxitos da Orquesta Mondragón e os inesquecibles temas de Fórmula V como Cuéntame, Eva María ou Vacaciones de Verano”.
A edil ribadense anima a acudir ao Gran Guateque este sábado, 8 de agosto: “convidámosvos a pasar unha noite...
leer másO Concello de Foz presenta o Arao Festival, que se celebrará o día 7 de agosto, venres, na explanada do peirao. O cabeza de cartel é o arxentino Lauta.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o San Lourenzo inclúe moitas actividades na súa programación, e para complementalas volven os concertos. No Arao Festival haberá concertos de artistas emerxentes galegos e internacionais que veñen complementar a programación dun San Lourenzo cargado de actividades diversas e para tod@s. O festival, que será na explanada do peirao o venres 7 a partir das 23.00 horas, ten no seu cartel a grupos galegos consolidados como Monolious Dop e emerxentes coma Tapa d’Orella e Xmaseda e internacionais en auxe coma Lauta, así coma os djs Litainer e Eventec”.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca: “buscamos que os máis...
leer másEste venres, 31 de xullo, tivo lugar a presentación oficial da XII edición do festival Osa do Mar, a cita musical que se celebrará en Burela do 3 ao 6 de setembro. O cartel combina artistas consolidados e novas promesas da escena estatal e galega, con nomes como Depedro, Anxo Ferreira, Éxtasis, Fillas de Casandra, Grande Osso, The Rapants, ou Ortiga, entre outros.
A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou que “o Osa do Mar é xa unha cita consolidada no noso calendario” e aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo da Asociación Cultural Fanto Fantini, organizadora do festival, “polo esforzo e a dedicación que cada ano fan posible un evento coma este que contribúe a dinamizar Burela, atraer visitantes e impulsar a música en directo”.
A deputada provincial de...
leer más












