Música
A festa presentación da décimo segunda edición do festival Aturuxo será este sábado, día 8 de xuño, desde as 19:00 horas, no Café Bar Cultural A Sacabeira, de Sargadelos (Cervo). O evento celebrarase os días 19 e 20 de xullo en Bravos (Ourol), con entrada e acampada de balde.
Os organizadores anuncian que “o vindeiro 8 de xuño terá lugar a festa presentación do Festival Aturuxo 2024 – XII Edición en A Sacabeira, Sargadelos. Cando algo é bo repítese e por iso é que non queriamos deixar pasar a oportunidade de facer, este ano tamén, a presentación oficial do noso festival coa marabillosa xente deste referente da cultura galega. Para tal ocasión non pode faltar música da boa e para iso contaremos coa actuación de Kedirán, que virán dende Compostela para facernos bailar e gozar a base de ben. Haberá racións de churrasco, opción vegana,...
leer másO salón de actos do Concello de Xove acollerá a décimo terceira edición do festival folclórico infantil que organiza a asociación cultural Saíñas. Será este sábado, día 8 de xuño, ás 18:00 horas.
Neste evento o grupo infantil Xoaniña, da asociación cultural Saíñas, estará acompañado polo grupo Mistura, de Lieiro (Cervo).
Os organizadores anuncian que “será unha tarde chea de diversión e alegría para todos”.
A Escola Municipal de Música da Pontenova abre o prazo de matrícula para o curso 2024-2025 desde o luns 3 ata o venres 14 de xuño.
As persoas interesadas en obter máis información poden contactar a través do teléfono 650.34.81.23.
Este vindeiro domingo Fernando Corujo actuará a partires das 13:00 horas na rúa San Roque para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
Ata xullo a música chegará tamén á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.
“Estamos contentos coa acollida que están a ter estes concertos por diferentes recunchos da nosa vila, porque enchen de ritmo os mediodías dos domingos”, sinalan desde a organización.
Concello e Acisa animan “á xente de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar do Domingueo e de todas as propostas que aquí poden atopar en calquera momento”.
O cantautor Emilio Rúa presentará o seu espectáculo titulado “Lendas e Cantares” en Ribadeo co coro ribadense Sagrado Corazón este domingo, 2 de maio. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:30 horas.
É unha actividade incluída na programación cultural organizada polo Concello de Ribadeo.
A trixésima primeira edición da Festival Folclórico Infantil que organiza a Agrupación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, celebrarase o día 29 de xuño, sábado, ás 19:30 horas. Será no pavillón do CEIP San Miguel, ata onde haberá un pasacalles dende a Praza do Souto.
Ademais do colectivo anfitrión actuará a Escoliña da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, do concello coruñés de Sada.
Este domingo, día 2 de xuño, haberá un novo guateque do programa de actividades Arruguiñas . Estará amenizado polo dúo Primera Línea e será na Casa do Mar, en San Ciprián, desde as 19:30 horas.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terra Mar.
A Big Band da Escola Municipal de Música e Danza ribadense dará un concerto no xardín da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo este martes, 28 de maio ás 19:00 horas. Ademais haberá un pincheo.
A organización desta actividade advirte que “en caso de choiva suspenderase o concerto e a merenda terá lugar no soto da escola”.
Este vindeiro domingo o grupo Gemtonics actuará a partires das 13:00 horas na rúa Rosalía de Castro para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
Ata xullo a música chegará tamén á rúa San Roque o 2 de xuño, á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar do Domingueo e de todas as propostas que poderán atopar todos os domingos do ano, ou en calquera outra xornada na nosa vila e nas nosas parroquias”.
Este sábado, 25 de maio, haberá un novo guateque do programa de actividades Arruguiñas . Estará amenizado polo dúo Son de Festa e será no local social da Senra desde as 20:00 horas.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Veciños da Senra.