Eventos
Foz terá un Mercado de Pascua na praza Conde de Fontao desde este xoves, día 18, ata o domingo 21.
Este mercado, que acollerá diferentes postos de artesanía, estará aberto de 11:00 a 22:00 horas. Ademais venres, sábado e domingo haberá inchables e espectáculos de maxia.
O Concello de Cervo e a asociación Cabaleiros do Xunco celebrarán a XI edición da Feira de Gando o domingo, 5 de maio, no polígono industrial de Cuíña.
O evento foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e por unha representación da asociación organizadora, entre eles o seu presidente, Julián Otero.
Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciaisno recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuítos para as crianzassobre cabalos de montura.
Xa pola tarde, a principal atracción estará centrada nas diferentes carreiras: marcha de trotóns (de 16:00 a 17:00 horas), carreira de cabalos do país (de 17:00 a 18:00 horas), carreira...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, participaron, este sábado, no Teatro Pastor Díaz da localidade mariñá, no pregón da Semana Santa de Viveiro, a cargo do economista, José Manuel González-Páramo. Esta cita, coa que colabora o Executivo Provincial cuncha achega económica de 25.000 euros, estádeclarada de Interese Turístico Internacional dende o 2013 e participarán preto de 3.500 confrades e 35 pasos nas 15 procesións de Semana Santa.
Campos Conde subliñou que “a Semana Santa de Viveiro supón un importante reclamo turístico e económico para á Mariña Lucense,pois é un dos eventos que consigue atraer a miles de persoas a esta comarca, chegados de diferentes puntos de España e tamén doutros países. Neste senso, cómpre subliñar que a Semana Santa move, de media, a unhas 30.000...
leer másRibadeo acollerá diversas actividades infantís e xuvenís durante a Semana Santa. Vanse desenvolver do 15 ao 17 de abril e están organizadas pola Concellaría de Xuventude.
Durante eses tres días: 15, 16 e 17 haberá un obradoiro de estampación de camisetas con ceras na Casa da Xuventude para nenos e nenas a partir de 10 anos.
O 15 terá lugar un obradoiro de relacións persoais para mozos e mozas a partir de 12 anos. Será tamén na Casa da Xuventude.
O 16 desenvolverase unha xornada lúdica no parque de San Francisco de 16:30 a 19:30 horas con diversas actividades para todos os nenos e nenas que acudan. E haberá tamén a Discoteca Disney para animar a festa con xogos, bailes e música.
E tamén o 16 de abril mozos e mozas a partir de 12 anos viaxarán á Coruña a Escape...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, en Mondoñedo, as audioguías ficcionadas da Mariña en catro idiomas: galego, castelán, inglés e francés e o material que se elaborou para a promoción deste produto conxunto. Este proxecto levado a cabo pola Mancomunidade e o Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) conta co apoio da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia para a promoción turística do xeodestino.
No acto participaron o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; a concelleira de Turismo de Ribadeo, Ana Martínez; o tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández; o responsable da Área de Turismo na Deputación de Lugo, Eduardo Vidal; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e a xerente de...
leer másO Concello de Lourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa o torneo internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, a 4ª reunión de Amigos de Vespa&Faba e Clásicos, e tamén o Vilou Spring Fest, que se celebrará o xoves 18 e que inclúe a actuación da orquestra Panorama. Todos estes eventos foron presentados conxuntamente por representantes dos colectivos organizadores coa alcaldesa laurentina, Rocío López.
A rexedora municipal explicou: “temos preparado para esta Semana Santa, concretamente os día 18, 19 e 20 de abril, un amplo programa de actividades que combina a 14ª edición do Lourenzá en Xogo, que é o torneo de basket feminino que se celebrará neses tres días. Tamén teremos a colaboración, como noutras ocasións, de Vespa&Faba Clásicos de Lourenzá que realizará unha gimkana e distintas actividades máis. E o xoves durante...
leer másA Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para mañá, 12 de abril, un concerto de piano que correrá a cargo de Manuel Varela Bello. Será ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 3 euros.
O sábado, 13 de abril, actuará a Coral Polifónica de Ribadeo no pregón da Semana Santa. O acto terá lugar na igrexa parroquial, a partires das 20:00 horas. O pregón será pronunciado por Celia Castro.
O domingo, 14 de abril, dentro do programa Apego, Tanxarina presenta A Galiña Azul, gañadora do premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil 2018 e Premio FETEN ao Mellor Espectáculo de Monicreques 2018. É unha montaxe que fala da diversidade e da solidariedade, que emprega diversas técnicas de manipulación de bonecos, traballo interpretativo, música e cancións. Recomendada para nen@s con...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á feira medieval de Monforte de Lemos e á bodega Regina Viarum, en Sober. Será o día 20 deste mes, sábado.
A actividade inclúe viaxe en autobús con saída desde Ribadeo e paradas nos lugares de costume, almorzo en ruta, visita ás instalacións de Regina Viarum con explicación do proceso e historia da bodega, cata de dous viños, comida con viños mencía e albariño; e pola tarde percorrido por Monforte de Lemos, onde se celebra a feira medieval. O prezo é de 40 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70....
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron o programa da Semana Santa do municipio.
Unha axenda que se inaugurará este mesmo domingo, 14 de abril, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura, co espectáculo de narración oral de Carmen Conde “Tabú”, que nace froito das conversas recollidas con mulleres galegas de entre 70 e 95 anos.
O Venres Santo, 19 de abril, o actor galego Pepo Suevos traerá un dos seus monólogos ao auditorio de San Ciprián, será as 19:30 horas.
Xa o sábado, 20 de abril, haberá un gran tributo a Joaquín Sabina, será ás 20:00 horas, tamén no auditorio da Casa da Cultura.
O domingo 21 será a asociación de veciños do Burgo de Trasbar a que celebrará a Festa de Pascua que terá lugar na chaira do local...
leer más