Eventos
O Concello de Viveiro mantén aberto, ata o vindeiro día 20 de febreiro, o prazo para inscribirse no concurso de disfraces do desfile que se celebrará o martes de Entroido.
Establécense categorías de adultos en carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual, e infantil en individual, parellas e grupos. Entenderase carroza como vehículo de tracción mecánica, ou plataforma, e mínimo de catro participantes.
Poderán participar no concurso calquera particular, asociación ou entidade legalmente constituída, así como os grupos ocasionais que cumpran as condicións previstas nas bases. Os participantes poderán inscribirse unicamente nunha categoría.
Haberá premios para adultos: en Carrozas, de 700 euros para o primeiro, 500€ para o segundo, 300€ para o terceiro e 200€ para o cuarto; en Grupos...
leer másO sábado, 15 de febreiro, a sala de exposicións do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, acollerá un "Mercado con Amore", organizado por Serea Surfboards, Enigma, Pasiños na Lúa e Marmeladas A Morena -establecementos todos eles implantados nos locais do Centro de Emprendemento acondicionado polo Concello de Cervo-.
Vanse instalar unha trintena de postos de artesanía, do sector alimentario, de confección, do sector téxtil..., que se poderán visitar en horario de 10:00 a 20:00 horas. Ademais haberá sorteos e diferentes talleres.
A ACR Fervenza de Sargadelos celebrará o Día de Rosalía o vindeiro 22 de febreiro no café bar cultural A Sacabeira.
A partir das 12:30 horas haberá unha degustación do caldo de gloria. Ás 18:00 horas a escritora Eli Ríos dará unha charla titulada "Todas as escritoras somos fillas de Rosalía de Castro?".
Para rematar o acto, a organización convida a todas as persoas a participar da lectura colectiva do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Acisa sortea 88 consumicións en 9 locais asociados. Con esta campaña denominada Saír de Copas en Ribadeo sáeche gratis a asociación anima a gozar da noite ribadense.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “se trata dunha campaña con dous obxectivos claros: facer publicidade dos nosos establecementos asociados deste sector e potenciar a imaxe de Ribadeo como vila de ocio nocturno. Con esta iniciativa pretendemos reforzar a publicidade de Ribadeo como un lugar ao que merece a pena vir tomar as copas os venres e os sábados, e por iso poñemos en marcha unha gran campaña de publicidade tanto en radios como en redes sociais. Ribadeo é un lugar estupendo para saír con boa música e bo ambiente, polo que cremos que está ben recordarllo á xente para que se anime a seguir vindo a Ribadeo”.
Pérez engade que “ademais...
leer másA comisión do Entroido de Ribadeo comezará coa recollida de donativos entre os establecementos comerciais e hostaleiros. O presidente, Alfonso Rodil, agarda que colaboren na medida das súas posibilidades.
O presidente da comisión do Entroido explicou que “temos previsto empezar mañá sobre as 11 da mañá coa habitual colecta de donativos. Dada a premura de tempo agardamos que o pobo responda como vén sendo habitual. En principio vai ser soamente en establecementos comerciais e hostaleiros, tendas de todo tipo. E aproveitando que somos xente coñecida a todos aqueles que vexamos que nos poden dar un donativo en plena rúa tamén llo pediremos, sen subir aos pisos”.
Alfonso Rodil dixo que “como xa nos coñecen aqueles que se sintan realmente ribadenses e non queiran perder as tradicións que se celebran anualmente que...
leer másA Deputación de Lugo colabora un ano máis na organización e celebración dos campionatos internacionais de baristas que impulsa o IES de Foz coa emisión en directo, por streaming, dos eventos, do que se ocupará o Centro de Formación Audiovisual, e tamén cunha achega económica de 3.000€. Así o anunciou a voceira provincial socialista e Deputada de Turismo, Pilar García Porto, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, que, acompañados do Alcalde de Foz, Fran Cajoto, e do director do IES de Foz, Nicolás Asensio, presentaron este martes no Centro de Formación Audiovisual da Deputación esta nova colaboración cos XIII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, o VIII Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería, o VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais e o I Campionato Internacional de Catas de Cafés de...
leer másA asociación A Pomba do Arco organiza unha excursión a Santiago de Compostela o 22 de marzo.
O programa inclúe unha visita á exposición Galiza, un relato no mundo, instalada na Cidade da Cultura e que recolle máis de 300 pezas procedentes de diversas partes do mundo, a maioría das cales nunca foron expostas en Galicia. A visita estará guiada polo comisario da mostra, Manuel Gago.
A xornada continuará cunha visita ao Pórtico da Gloria onde, coas obras de restauración, afloraron unhas impresionantes pinturas que mudaron absolutamente a fisonomía do espazo. A visita estará guiada por un membro do servizo de guías da Catedral. Para rematar realizarase un percorrido polo Museo da Catedral e o Panteón Real onde se atopan enterrados diversos reis e raíñas galegos.
O prezo da excursión é de 35...
leer másConstituíse a nova comisión do Entroido ribadense, que preside Alfonso Rodil. Nas últimas horas tivo lugar unha xuntanza no Concello á que asistiron a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o alcalde, Fernando Suárez, e a técnica de Cultura, Neves Paz.
Otero Cabarcos sinalou que “comezamos a fin de semana con boas novas. Xa temos nova comisión do Entroido en Ribadeo e, aínda que con pouca marxe de tempo, está comezando a traballar arreo para que Ribadeo disfrute dun Entroido divertido para toda a veciñanza”.
A concelleira de Cultura contou que “as persoas que forman a comisión teñen experiencia, forza e ilusión, e seguro que contarán co apoio de moita xente”. O presidente é Alfonso Rodil Veiga; a vicepresidenta, Amelia Blanco Lombardero; Juan Valle Rafols é o secretario; Mª Susana Álvarez Rodríguez é a tesoureira e...
leer másO Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, de Ribadeo, organiza unha xornada pola igualdade, que foi presentada hoxe, venres, no centro. Inclúe tres charlas a cargo de expertos e un concerto do grupo De Vacas. Será o vindeiro xoves, 6 de febreiro, no auditorio municipal Hernán Naval, con entrada libre e gratuíta.
Na presentación o director do Porta da Auga, Isidro Berdeal, anunciou que “as xornadas pola igualdade están organizadas desde a Comisión de Igualdade do centro en colaboración co Comité Lila do IES Dionisio Gamallo Fierros, de Ribadeo, o propio Concello de Ribadeo e tamén co IES de Foz. Nestas xornadas vai haber unha serie de ponencias que foron organizadas a través do plan de igualdade do centro”.
A profesora que coordina a Comisión de Igualdade do CIFP ribadense, Sara González, explicou...
leer másA Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional investiu 153.000 euros na reforma completa do salón de actos do Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz, que está listo para volver a ser escenario dos campionatos internacionais de baristas que se celebrarán entre os días 12 e 14 de febreiro.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación do XIII Campionato internacional de baristas de escolas de hostalería, o VIII Campionato internacional de baristas profesionais, o VIII Campionato internacional de cata de cafés de escolas de hostalería e, como principal novidade este ano, o I Campionato internacional de cata de cafés de profesionais.
Acompañado polo director do centro, Nicolás Asensio, e o principal organizador, José Ríos, o delegado...
leer más