Eventos
O Concello de O Valadouro organiza o programa infantil Ludiverán, que se desenvolverá do 15 de xullo ao 6 de setembro.
As actividades están dirixidas a nenos e nenas nad@s entre os anos 2007 e 2015. Terán lugar no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro, en horario de 10:00 a 13:00. Haberá obradoiros, manualidades, xogos, excursións, cine e cociña.
As inscricións poden realizarse, ata o 5 de xullo, nas oficinas da Casa da Cultura, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 h. O número de prazas é limitado, e a lista de admitidos publicarase no acceso ás instalacións de cultura a partir do 10 de xullo.
O grupo Compay Segundo actuará o 14 de xullo na vila. Trátase dun dos pratos fortes do VI Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa. Entre as novidades deste 2019 figuran un Ciclo de Cine Cubano e o I Certame de Pintura Rápida. Ademais a ONCE dedica un dos seus cupóns ao Ribadeo Indiano.
Desde a organización indican que “despois de cinco anos nos que o éxito foi a máis, agora toca afrontar unha nova edición coa ilusión posta nunha celebración que nos dá a coñecer polo mundo adiante e que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán”.
Unha nova edición, este ano dedicada a Cuba, cargada de propostas diferentes para facer que o Ribadeo Indiano reluza con máis esplendor. Esta edición celebrará os seus días fortes do 12 ao 14 de xullo e como novidade estrela o domingo no barrio de San Roque...
leer másA comisión organizadora, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o alcalde, Alfredo Llano, presentaron esta tarde a VIII Festa Castrexa que terá lugar os días 28 e 29 de xuño. Durante estas xornadas haberá desfile de clans, teatro e xogos castrexos, queimada popular, exhibición de cetrería, espectáculos na rúa, mercado castrexo, gastronomía e música, entre outras actividades.
Alfredo Llano invita “a todo o mundo, tanto de Burela como da comarca da Mariña e de toda Galicia a que se aproximen este venres e este sábado para poder apreciar a festa castrexa que facemos aquí cunha grande vistosidade. O venres temos un importante desfile e ao día seguinte temos xogos e infinidade de actividades atractivas e suficientemente motivadoras para que nos veña a ver moita xente a participar ou polo menos observar e disfrutar desta cita”.
... leer másO tren turístico de Ribadeo comeza a tempada de verán. Realizará oito viaxes diarias ata o 15 de setembro percorrendo a rúas máis emblemáticas da vila e o porto chegando ata o Faro da Illa Pancha. O tren sae das inmediacións da Oficina de Turismo.
Na presentación, celebrada esta mañá, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo que “estamos moi satisfeitos de iniciar o verán con esta especialidade que temos tamén aquí en Ribadeo, que é este tren turístico que fai as ledicias de visitantes e de locais, porque, sobre todo pensando na xente de fora, que por un módico prezo, pode con comodidade coñecer todos os recunchos da vila, do casco vello e incluso da parte máis setentrional, continuado toda a marxe galega da ría de Ribadeo ata o Faro da Illa Pancha”.
O rexedor amosouse convencido de que “vai atraer a moitísima...
leer másEsta vindeira fin de semana seguen as xornadas de portas abertas das Rutas de Artesanía en Viveiro e Burela. Están organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. Para as visitas dos días 29 e 30 de xuño aínda quedan prazas libres.
Esta iniciativa lévase a cabo con motivo da edición da nova guía sobre as Rutas de Artesanía que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou o pasado día 14 de xuño. No novo material informativo, que está dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa. A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o visitante pode...
leer másO campo municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, acollerá a celebración este sábado, 29 de xuño, do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby 7 Feminino. Participarán os equipos de Galicia, Asturias, Cantabria, Murcia, Madrid, Cataluña, Baleares, Castela-León, Navarra, Andalucía e País Vasco. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello ribadense.
Guillermo Fernández, do Club de Rugby de Ribadeo, mostrouse “muy agradecido en primer lugar a la Federación por pensar en Ribadeo para este evento, y luego tanto a Diputación como a Xunta por el apoyo prestado. Como club local, somos un club joven, éste es nuestro tercer año en competición y organizar este tipo de eventos, con esta juventud, viene a decir es que somos un club muy activo. Iniciamos la actividad solamente hace tres años, a través de las escuelas...
leer másEsta fin de semana tiveron lugar en Mondoñedo e A Pontenova as xornadas de portas abertas das Rutas de Artesanía que o organiza A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O 29 e o 30 de xuño rematan en Viveiro e Burela. Aínda quedan prazas libres, pero é necesario inscribirse.
No novo material informativo, que está dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa. A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o visitante pode adentrarse no oficio do artesán e disfrutar dos valores naturais, culturais e gastronómicos da localidade onde se ubican e da súa contorna...
leer másO Concello de Xove presentou a súa programación de verán, para nenos, mozos e adultos.
63 nenos e nenas de 0 a 9 anos participarán no programa de conciliación, que funcionará desde o 24 de xuño ata o 4 de setembro. O Concello agarda que participen nas mañás divertidas, para rapaces de entre dez e 16 anos, arredor de trinta persoas. Así preto de 100 menores se beneficiarían da programación matinal do Concello de Xove.
Outra das actividades para as vindeiras semanas será o Verán Xove, que inclúe actividades deportivas como os kangoo jumps previstos para os venres e pensados para nenos maiores de doce anos. Tamén haberá fútbol sala e fútbol, ciclismo, sendeirismo, bádminton ou bolos.
Unha das principais novidades do programa para este 2019 é que todos os domingos haberá xogos e actividades...
leer másO Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a desfrutar das Festas na Honra de San Luis, en Figuerido.
A cita, organizada pola Asociación Socio-Cultural Ponte da Salgueiriña coa colaboración do Concello, será o 21, 2 e 23 de xuño.
A programación comezará o venres 21, a partir das 22:30 horas, cunha Gran Verbena a cargo do Grupo Pontevedra e o dúo Merengue.
O sábado, 22 de xuño, ás 9:00 horas, terá lugar o chupinazo que anuncia o inicio do día grande das Festas. Ás 11:00 horas haberá pasacorredoiras a cargo dos gaiteiros de Airiños do Xunco, de Cervo. Ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne na honra de San Luis no campo da festa; e, a continuación, haberá sesión vermú a cargo do Grupo Alma Latina.
Á noite desde as 22:30 horas, haberá festa rachada a...
leer más