Eventos
A Concellería de Medio Ambiente por en marcha a iniciativa Burelenses no mundo para dar a coñecer ata onde chegou a xente de Burela, xa sexa por motivos laborais, de pracer ou por estudos. A edil Toñi Eijo anima a participar para descubrir novos lugares neste tempo de confinamento e para coñecer aos veciños e veciñas de Burela que se atopan fora na actualidade.
Toñi Eijo explicou que “desde a Delegación de Medio Ambiente poñemos en marcha unha nova iniciativa que chamamos Burelenses no mundo, co obxectivo de visibilizar ata onde chegou a xente de Burela, xa sexa por motivos de traballo, viaxes de pracer, excursións, estudos, etc”.
A concelleira de Medio Ambiente dixo que “nestes intres non podemos saír da casa, pero non temos dúbida de que non hai continente, país, cidade ou pobo que non fora pisada por un de nós...
leer másPara participar nesta iniciativa as instruccións son as seguintes:
1- Descarga o taboleiro do bingo no Facebook do Concello ou no Instagram @cervocultura.
2- Marca as casas de todas as cousas nas que participaches.
3- Comparte o teu taboleiro e etiqueta a tres cervenses para que se sumen ao reto.
A xogar!
A plataforma de venda online do Concello de Mondoñedo, www.themondonedovalley.com, incorpora un novo produto local, un kit para facer pan de Mondoñedo que estará dispoñible a partir deste mércores 16 de abril.
O Concello de Mondoñedo abriu esta ventá de comercialización tanto aos produtores de hortalizas para dar saída aos seus produtos ante a suspensión dos mercados como medida preventiva contra a propagación do coronavirus coma aos negocios locais que neste momento están pechados. Deste xeito, está a disposición de tódolos comercios de Mondoñedo que queiran unirse e continuar a súa actividade a través desta plataforma.
Neste caso, a través dewww.themondonedovalley.comcomercializarase este kit impulsado...
leer másA Asociación As San Lucas de Mondoñedo informa que “tristemente” este ano non poderán celebrarse as tradicionais Feiras e Festas das Quendas ante a situación que se está a vivir a causa da pandemia do Covid-19.
Dende a Asociación organizadora das Feiras e Festas consideran que o “prioritario neste momento é garantir a saúde e o benestar” tanto dos veciños e veciñas como dos “visitantes que anualmente se desprazan ata esta cita festiva”, que reúne en Mondoñedo a centos de persoas, atraídos por un completo programa de actos.
A organización envía “un forte agradecemento” a todos os profesionais “que día tras día están na primeira liña loitando contra esta pandemia e primando a nosa saúde e benestar”. A asociación traslada do mesmo xeito as súas condolencias a todos os familiares e amigos das persoas que...
leer másDesde a organización explican que "tras un consenso dos comisionistas decídese cancelar as Festas do San Xoán de Covas, ten en conta a grave crise sanitaria e socio-económica que estamos a vivir. Para garantir unhas festas nunhas condicións axeitadas, vemos oportuno aprazalas cunha nova reorganización, nun principio para a fin de semana do 12 de setembro, na honra á nosa Señora dos Remedios, sempre e cando as condicións socio-sanitarias para daquela nolo permitan".
Covas aprazará deste xeito as festas patronais que debían comezar na cuarta semana de xuño ao mes de setembro. Esta decisión debateuse cos principais responsables nunha reunión por vídeo conferencia.
A organización agarda que “nos próximos meses a situación cambie e en setembro nos poidamos reunir para festexar San Xoán e Nosa Señora dos Remedios....
leer másA Fundación Expomar anuncia que, debido á situación do estado de alarma no que se atopa España, como consecuencia da actual pandemia do coronavirus (Covid-19), decidiuse aprazar a celebración das súas XXVII Xornadas Técnicas e XXI Encontro Empresarial, que ían ter lugar en Burela os días 28 e 29 de maio.
Este aprazamento foi analizado desde tódolos puntos de vista por parte dos membros do Comité Organizador de Expomar 2020, que considera que é a mellor decisión para os axentes implicados. As Xornadas e o Encontro Empresarial aprázanse indefinidamente, pendentes de nova data segundo marquen a evolución dos acontecementos e as indicacións gubernamentais.
O presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, explicou que “xa é habitual agora ir desprazando moitos eventos ou incluso anulalos. Nosoutros tíñamos previsto...
leer másLa galería Terra Branca, que permanece cerrada durante el estado de alarma, ha decidido rendir homenaje a Ribadeo a través de la obra pictórica de Mariángel Leal. Y lo ha hecho con un vídeo que ha colgado en las redes sociales y que ya supera las 2.000 visitas.
El propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, señala que “aunque la galería está cerrada aprovechamos este tiempo de confinamiento en casa para darle rienda suelta a nuestra creatividad. Y apoyándonos en la obra pictórica de Mariángel Leal hemos hecho un vídeo para rendirle homenaje a Ribadeo y para decirle a la gente que aquí seguimos y que aquí les esperaremos en cuanto toda esta situación se normalice”.
En el vídeo elaborado por Terra Branca Audiovisuais se pueden ver cuadros de Mariángel Leal en los que se observan el puerto, la Illa Pancha, la...
leer másDesde a asociación sinalan: as persoas que formamos parte da asociación de Hostelería de Barreiros quixemos lanzar unha mensaxe de ánimo e esperanza á veciñanza e amizade, nestes momentos tan incertos. Compartímolo nas nosas redes onde está a ter moi boa acollida”.
https://www.facebook.com/1343620929116272/posts/2001634879981537/?vh=e&d=n
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo acaba de editar un vídeo para animar á cidadanía e lembrar o marabilloso que é Ribadeo. Este traballo audiovisual xa pode verse nas redes sociais de ACISA.
Neste vídeo, que está elaborado con material gráfico de eventos e lugares de Ribadeo, baixo a idea de que “xa falta pouco” a asociación empresarial ribadense destaca que cada vez queda menos para facer todo o que botamos en falta: abrazarnos, brindar, saír, pasear, festexar …
O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, explica que “son momentos difíciles, cada día se fai máis costa arriba para todos, por iso quixemos levantar o ánimo dos nosos veciños e veciñas, amigos, familiares … Pero temos que ter a moral alta e ser positivos para aguantar o que queda. E para axudar a...
leer másEl Mago de Foz pone en marcha una iniciativa para entretener a los niños y niñas que estos días están en sus casas a consecuencia del confinamiento por el coronavirus.
Bajo el nombre de Fozudoku, y utilizando un archivo de Excel, se pueden generar nuevos juegos al presionar la tecla f9 del teclado en el ordenador y son para hacerlos encima de una mesa con la baraja española de 48 cartas.
También se pueden obtener a través de Facebook, no hace falta tener cuenta, donde hay un archivo de Fozudokus en las cuentas donflores y Antonio Pomares.
Además el Mago de Foz tiene un grupo de whatsapp para hacer Fozudokus en el número de teléfono 669 727 122 y también su página web cuadradomagicodefoz.com.