Eventos
O sábado, 30 de outubro, ás 17:00 horas comezará a visita guiada organizada polo Concello de Alfoz, que anuncia: “sairemos en autobús de diante da Casa do Concello para ver algúns dos moitos cruceiros, cruces e cristos do municipio de Alfoz. O encargado de guiarnos nesta ocasión será Mario Saavedra, autor do libro Cruceiros, cruces e cristos do Concello de Alfoz”.
Para participar hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 3) desde o luns 25 ata o venres 29 ou ata esgotar as prazas, que son limitadas.
A actividade é de balde e está incluída no Plan Único da Deputación Provincial, na Área de Turismo.
El establecimiento hostelero Los Olivos Espicha, que está junto a la playa de Navia (Asturias), organiza un magosto para el día 30 de octubre, sábado.
El evento comenzará a las 18:00 horas y habrá castañas asadas, bollos preñaos, rapón, empanda de manzana, marrón glacé y sidra dulce.
El magosto estará amenizado con música tradicional y por Deejay Decibelios.
O comercio xusto chega a Burela da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos.
No marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, realízase en Burela a feira Comercio Con Sentido, de produtos de comercio xusto, que terá lugar na Praza da Mariña o vindeiro venres, 22 de outubro, entre as 11:30 e as 19:00 horas.
Segundo explica a concelleira de Cooperación, Noelia Mª Ben, “os e as asistentes á feira Comercio Con Sentido poderán achegarse á realidade que existe detrás dalgúns dos alimentos que consumimos no noso día a día como o azucre, o cacao ou o café. A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información a cerca da súa orixes, produción,...
leer másRibadeo súmase á campaña de Ecovidrio, da Fundación Sandra Ibarra, da Xunta e dos Concellos no día mundial da loita contra o cancro de mama. E faino coa instalación dun contedor rosa no parque de San Francisco para visualizar, divulgar e concienciar sobre esta enfermidade.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo que “hoxe, 19 de outubro, o Concello de Ribadeo súmase á campaña mundial contra o cancro de mama. É unha campaña de eido estatal, a través da Fundación Sandra Ibarra que colabora con Ecovidrio, á cal nos sumamos. É unha iniciativa a través de Ecovidrio e as comunidades autónomas, a través dos Concellos”.
O edil ribadense sinalou que “ten carácter de visualización e vai estar no parque San Francisco un contedor de cor rosa, identificativo con este día. Leva o lema de Coidate e coida o medio...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e coa colaboración da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza as III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que se desenvolverán as fins de semana do 29 ao 31 de outubro e do 12 ao 14 de novembro. Nesta ocasión estarán destinadas aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia así coma ao público e xeral.
Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembrou que “se trata dunhas xornadas con actividades gratuítas para os participantes que se organizan por terceiro ano consecutivo da man dos artesáns da comarca que conforman as Rutas de Artesanía da Mariña Lucense, que nunha primeira edición se dedicaban ao público en xeral, ao...
leer másA Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, en colaboración con Armadores de Burela, organiza este xoves unha xornada dirixida a uns cen alumnos e alumnas de 4º ESO dos centros educativos de Burela: «Posta en valor dos Oficios do Mar».
A xornada terá lugar no salón de actos de Absa desde as 11 da mañá e contará coa presenza dos directores das Escolas Náuticas conveniadas co porto de Burela (Ferrol e Culleredo), que presentarán as opcións educativas e formativas dos seus ciclos náutico-pesqueiros.
Durante a xornada tamén haberá un espazo para as experiencias reais de titulados náutico-pesqueiros, que contarán en primeira persoa armadores, patróns, xefes de máquinas ou alumnos que están realizando prácticas en buques da frota local. Finalmente, tamén se destacarán algunhas experiencias de mulleres profesionais...
leer másA Praza do Concello de Barreiros, en San Cosme, acollerá un magosto popular este sábado, 23 de outubro, a partir das 20:00 horas.
Haberá castañas, chourizo e torrezmos, viño, cervexa e refrescos. E actuará o cuarteto de música tradicional Illa Pancha, de Ribadeo.
Este evento está organizado pola Asociación Cultural Irmandade Augas Santas coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O Concello de Cervo organiza unha andaina en conmemoración do Dia Internacional contra o Cancro de Mama.
Ás 17:30H a supervisora da unidade de cirurxía no Hospital da Costa de Burela, María Eugenia Rodríguez Barreiro, dará unha charla sobre a materia no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
A continuación iniciarase unha andaina con saída na propia Casa da Cultura.
Para a Concelleira Mali Méndez “é importante que, despois da pausa obrigada do ano anterior debido á pandemia, poidamos seguir levando a cabo esta andaina que xa se viña celebrando durante moitos anos”. Engade tamén que “desde o Concello de Cervo queremos aportar o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre a importancia desta enfermidade que afecta diariamente a tantas mulleres”.
O Concello de Viveiro presentou a súa programación cultural para os meses de outubro, novembro e decembro, que se realizará no Teatro Pastor Díaz. A programación para este outono inclúe distintas disciplinas artísticas con espectáculos de teatro, de maxia e concertos, con opcións para público adulto, adolescente e infantil.
A primeira función deste programa será este sábado 16 de outubro ás 20:30 horas, coa obra de teatro “Olvida los Tambores”, do grupo de teatro “Andanzas de Viveiro”. Entre os espectáculos ofrecidos destaca a actuación da Banda Municipal de Viveiro, que regresará a actuar no teatro tras a pandemia, e o espectáculo “Porvenir” da compañía Impromadrid, que tivo un gran éxito a nivel nacional e que recalará en Viveiro o 27 de novembro.
A programación inclúe un espectáculo cada sábado dos meses de...
leer másAta o 1 de novembro está aberto o prazo de inscrición para participar no XVI Mercado de Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 3 ao 8 de decembro.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “un ano máis o Mercado de Nadal aporta por ser un espazo de oportunidade para as persoas e profesionais relacionadas coa artesanía, o deseño e a creación e tamén coas persoas produtoras, dando visibilidade ao seu traballo e ao talento creativo e innovador. Está especialmente dirixido a persoas produtoras e creadoras da zona”.
O edil ribadense explicou que “o prazo de inscrición está aberto ata o día 1 de novembro. Establécense varias categorías: persoas artesás, é dicir con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal e de autoría propia; produtos de...
leer más












