Eventos
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Vigo, para ver o seu alumeado de Nadal, e a cidade portuguesa de Valença do Minho. Será o día 21 deste mes, sábado.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar, almorzo en ruta, comida e seguro de viaxe. Os participantes primeiro visitarán Valença do Minho, onde verán as diferentes actividades de Nadal que hai nesa cidade portuguesa (pista de xeo, Duendelandia, …) e comerán. Pola tarde noite estarán en Vigo para percorrer as rúas onde están os principais adornos do seu famoso alumeado de Nadal. O prezo é de 45 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou...
leer másEste sábado, día 14 de decembro, celebrarase o I Mercado de Nadal de Sargadelos que terá lugar na sala de exposicións do Complexo Artístico Histórico.
Instalaranse un total de dez postos con artigos de artesanía, roupa, alimentación, cosmética natural e cadros, entre outros produtos. Ademais haberá actuacións musicais durante toda a xornada. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 20:00 horas.
Estarán presentes as firmas: Sopa de Nuez, La Chapera, Muchachica, Mónica Justo, Asociación A Mariña, Sereasurf, Enigma, A Morena, Xogando coas Nubes e Rocío.
O evento está organizado por Serea Surfboards, Enigma e A Morena coa colaboración do Concello de Cervo.
Este jueves 12 y viernes 13 de diciembre se celebra en Burela (Lugo) el primer Congreso Nacional de Artes de Pesca, promovido por la Fundación EXPOMAR con el objetivo de poner en valor las artes de pesca en peligro de desaparición, así como el intercambio de conocimientos sobre las artes de otros territorios de ámbito nacional.
Durante estas dos jornadas intervendrán profesionales relacionados con el mundo pesquero de ámbito nacional y gallego, así como representantes de cofradías de pescadores de diferentes puntos de España.
El Congreso se inicia en la tarde del jueves poniendo en valor las artes de pesca y el papel de las nuevas generaciones, con una conferencia a cargo de Basilio Otero Rodríguez, presidente de la Federación Nacional de Cofradías de Pescadores y Patrón Mayor Cofradía de Pescadores de Burela....
leer másLibrería Bahía de Foz organiza o domingo, 15 de decembro, unha xornada de xogos de mesa con Brazolinda a partir das 12:00 horas.
Trátase de xogos de creación propia, en galego e artesanais que, ademais do seu carácter educativo, axudan a desenvolver habilidades tanto intelectuais como sociais e que están pensados para xogar en familia.
O obxectivo é contribuír a que a xente coñeza outras alternativas que non chegarán a eles a través da publicidade nos seus diversos medios e que aportan moitas veces valores moi interesantes.
O Pazo de Tovar, fortaleza que se atopa na parroquia laurentina de Santo Tomé, acollerá unhas xornadas de portas abertas esta vindeira fin de semana, sábado e domingo. Nelas mostraranse as múltiples alternativas (gastronómicas, decorativas e de diversos espectáculos) que este espazo ofrece para desenvolver nel eventos de todo tipo personalizados e adaptados aos gustos do cliente, como vodas e outras cerimonias.
As xornadas de portas abertas, que se desenvolverán o sábado 14 de 16.00 a 22.30 horas e o domingo 15 de 10.00 a 19.00 horas, están coordinadas polo prestixioso florista e organizador de eventos barcelonés Jordi Ferrán. A asistencia é libre e gratuíta.
O promotor desta iniciativa é Jorge López, xerente e cociñeiro do restaurante O Forno de Tovar, que presentou estas xornadas de portas abertas e explicou...
leer másA vila costeira de Burela (Lugo) acolle a próxima semana a celebración do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca e do primeiro Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, que terán lugar entre o xoves 12 e o venres 13 de decembro.
O xoves 12 de decembro pola mañá (de 9:00h a 13:30h) celebrarase na Casa da Cultura de Burela o Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, no que alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos de Burela concentrarán todo o protagonismo da xornada.
Tra-la intervención da doutora en Historia Contemporánea e profesora do IES Monte Castelo, Herminia Pernas Oroza, “Unha ollada á contribución histórica do porto de Burela á pesca sostible”, os alumnos exporán os traballos que levan realizando nas últimas semanas sobre as prácticas respectuosas co medio mariño.
... leer másEsta tarde foi inaugurado o XVI Mercado do Nadal e acendido o alumeado destas festas. O alcalde, Fernando Suárez, xunto aos concelleiros de Turismo, Medio Ambiente, Obras e Cultura, Pablo Vizoso, Jorge Díaz, Mónica Freire e Pilar Otero, visitaron as casetas instaladas no parque de San Francisco e asistiron ao acendido da iluminación de Nadal.
O rexedor dixo que “procedemos a este acendido das luces de Nadal aquí en Ribadeo, que facemos coincidir estes últimos anos coa inauguración do XIV Mercado do Nadal. Traemos unha chea de cousas para que tanto a xente de aquí como os amigos e veciños de toda A Mariña, de todo o Occidente asturiano e todos aqueles turistas que nesta longa ponte veñan a Ribadeo poidan degustar produtos artesáns de alimentación e ver artesanía, coiro, xoiería…”.
Fernando Suárez explicou que “...
leer másA vila de Burela (Lugo) acolle a próxima semana a celebración do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca, que terá lugar no Salón de Actos de Armadores de Burela ABSA durante o xoves 12 e o venres 13 de decembro.
O Congreso, que promove a Fundación EXPOMAR, ten como obxectivo a posta en valor das artes de pesca en perigo de desaparición, así como o intercambio de coñecementos sobre as artes doutros territorios de ámbito nacional.
Durante estas dúas xornadas intervirán profesionais relacionados co mundo pesqueiro de ámbito nacional e galego, como representantes das confrarías de pescadores das comunidades de Baleares, Cádiz, Valencia e Burela. Así mesmo participarán relatores da Universidade de Santiago de Compostela, de Portos de Galicia, de Grupos de Desenvolvemento Rural, da Federación Galega de Pesca...
leer másO programa do Nadal en Burela arrincará mañá, 5 de decembro, ás 21:00 horas na praza do Concello co pregón que pronunciará o empresario xubilado Ramón Hermida. Despois terá lugar o acendido do árbore e do alumeado e haberá un concerto. As actividades destas festas desenvolveranse ata o 5 de xaneiro. Foron presentadas este mediodía polo alcalde burelés, Alfredo Llano, e por representantes do CCA e de Ledicia.
O rexedor burelés dixo que “fixemos unha presentación conxunta entre a Acia, Ledicia e máis o Concello de Burela que, dunha maneira ou doutra, colaboramos entre todos para conformar o que queremos que sexa un bo Nadal con atractivo e que sexa un bo elemento de motivación para que a xente se achegue a Burela en calquera día das vindeiras vacacións”.
Alfredo Llano sinalou que “mañá van comezar as actividades ás...
leer más