Eventos
A parroquia de San Román celebrará o Entroido o sábado 9 de marzo.
A cita, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, o edil de Medio Rural, Plácido Pérez; e por representantes das Espalladoras e da Asociación de Montes Veciñais de San Román, que tamén colabora no evento.
A Festa será a partir das 22:30 horas no Pavillón e estará amenizada pola orquestra La Ocaband.
Repartiranse máis de 1500 euros en premios para os mellores disfraces, nas categorías infantil individual, parella e grupo; e adultos individual, parella, grupo, comparsa e charanga.
A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 656 272 802.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller, Pilar Armada, e representantes das diferentes asociacións (Alborada, As Espalladoras, Mulleres en Igualdade, Mulleres de San Ciprián) presentaron os actos organizados para celebrar o Día da Muller.
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, terá lugar a tradicional Cea no Restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas en asistir poden retirar as súas tarxetas na Casa da Cultura.
Ao remate entregaranse os trofeos ás parellas gañadoras do campionato de tute e parchís que se xogou durante este mes, no que participaron 10 parellas ao parchís e 9 ao tute; ademais tamén se sortearán distintos agasallos, cortesía das asociacións.
A continuación haberá baile con Trío Mar de Arousa, na Casa do Mar.
O 17 de...
leer másO Concello dá a coñecer a raíña e as damas do Entroido mindoniense, que se celebrará o 9 de marzo. Achéganse fotos. A raíña é Sara Fernández Coldeira, e as dúas damas son Ainara Bello García (esquerda) e Yaiza Fernández Nogueira. O desfile celebrarase a partir das 17:30 horas. Sairá do Campo dos Paxariños, encabezado pola carroza da raíñas do Entroido, e percorrerá a Avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso. Finalizará na Praza da Catedral.
Durante o tradicional desfile de Entroido, organizado polo Concello e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Mondoñedo (ACIAM) repartiranse 5.000 euros en premios; con seis galardoados na categoría de comparsas e charangas e once premiados na de grupos tanto de adultos como infantís; ademais haberá seis galardóns para as parellas de adultos e infantís e outros...
leer másO Concello organiza a Semana da Muller do 11 ao 15 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 deste mes. E convoca ademais o II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora.
O 11 de marzo comezarán as actividades ás 17:00 horas no centro social de San Cosme, onde se desenvolverán os xogos Mulleres na Historia. Estes continuarán o xoves 14 no campo da festa de Vilamar ás 16:15 horas; e no CEIP de San Miguel de Reinante, ás 18:00 horas. Rematarán o venres 15 no centro social de San Cosme ás 18:30 horas. Os xogos están adaptados a todas as idades.
Tamén o venres 15 de marzo, terá lugar a entrega de premios do II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora. O acto celebrarase no centro social de San Cosme a partir das 18:30 horas.
O tema do concurso fotográfico...
leer másA xefa de Estudos do colexio Sagrado Corazón de Xesús, de Ribadeo, Begoña Sanjurjo, anuncia que “este luns 25, en horario de mañá ás dez e media e de tarde ás tres e media, e o xoves 28 en horario de mañá, ás dez e media, imos facer unhas xornadas de portas abertas para que os pais que teñan interese poidan visitar o centro e ver como traballamos”.
Sanjurjo engade que “facémola neste horario para que sexa unha visita en momentos nos que hai nenos, para que os pais vexan como traballamos en distintos niveis. Facémolo polo interese dos que queiran entrar no noso centro, aos tres anos ou en calquera nivel, e tamén para que vexan o centro de arriba a abaixo porque cando unha persoa decide levar ao seu fillo a un centro escolar non o fai só polos primeiros anos de vida senón polo que ven a continuación. Queremos que vexan todo o centro e...
leer másO Concello de Cervo programa o tradicional desfile de Entroido, para o martes, 5 de marzo.
Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a presentación do evento, na que tamén estiveron presentes representantes do Centro de Iniciativas Turísticas (C.I.T.), que se encarga de organizar a Comida de Entroido; de A Rebolaxe, que venderá os bolos preñados, e da Protectora de Animais Coletiñas, que tamén anunciaron o seu Carnaval Coletudo, que terá lugar o venres, 1 de marzo, na Casa do Mar de San Ciprián.
O desfile de San Ciprián partirá ás 18:00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos, e os disfraces percorrerán a Avenida da Mariña, chegarán ata a Ría e ata o Pedregal, para rematar no punto inicial.
A Charanga Os Macanudos amenizará a...
leer másO 3 de marzo darán comezo as actividades de Entroido organizadas polo Concello de Burela. Ás 17:00 horas sairá o desfile desde a rúa do Ril. Haberá premios nas seguintes categorías: Individual Infantil con 90€ para o 1º e 40€ ao 2º; Adulto Individual con 120€ para o 1º e 50€ ao 2º; Parella Infantil con 100€ para o 1º e 60€ ao 2º; Adulto Parella con 150€ ao 1º e 100e ao 2º; Grupo Infantil con 200e para o 1º, 100€ ao 2º e 50 e ao 3º; Adulto Grupo con 250€ ao 1º, 150€ ao 2º e 100€ ao 3º; e Carrozas e Charangas e Comparsas con 500€ para o 1º e 250€ ao 2º, en ambos casos.
Ese domingo 3 haberá DJ e chocolatada gratuíta, na carpa instalada na praza do Concello.
O luns, 4 de marzo, celebrarase un taller infantil de cociña de entroido, na praza de abastos. Os nenos e nenas interesad@s teñen que anotarse na Oficina de Medio...
leer másO luns de Entroido, 4 de marzo, celebrarase unha festa infantil no recinto feiral de Lourenzá. Será desde as 17:00 ata as 20:00 horas con entrada gratuíta. Haberá actuacións de Galimatías Os cómicos da rúa, chocolatada e actuación do Dj Billy.
Tamén ese luns, pero a partir das 23:00 horas terá lugar un baile de carnaval. O prezo da entrada será de 7 euros (con 1 consumición). Actuará o Grupo Fénix e Dj Billy. Ás 1:30 horas celebrarase o desfile e haberá premios en Individual de 50€ para o 1º, 35€ ao 2º e 25€ ao 3º; Parella con 80€ para o 1º, 60€ ao 2º e 30€ ao 3º; e para Grupos con 120€ para o 1º, 80€ ao 2º e 60€ ao 3º.
Organiza a ACIAL coa colaboración do Concello de Lourenzá.
A parroquia de Cervo celebrará o seu Entroido o domingo 3 de marzo; pero xa o sábado 2, como antesala do Gran Desfile, terá lugar o tradicional Play Back Infantil, ás 18:30 horas, no salón de actos do Concello.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por Rafa Blas e Carlos Sanz, en representación de Airiños do Xunco.
Os participantes deberán concentrarse o domingo 3 de marzo, ás 17:00 horas, no Pavillón de Cervo para formalizar a inscrición no desfile.
Xa ás 18:00 horas está prevista a saída do mesmo polas rúas de Cervo. A continuación terá lugar a entrega de premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas; que recibirán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas de produtos típicos de Entroido.
... leer másA comisión organizadora das festas patronais de Burela anima á veciñanza a enviar fotos e textos sobre estes festexos. Os mellores formarán parte do libro deste 2019.
Desde a comisión explican que “o que lle pedimos á xente do noso pobo é que nos envíen fotos das festas patronais de Burela e tamén os animamos a escribir voluntariamente un texto, cun máximo de 400 palabra, sobre as festas ou sobre a nosa vila”.
Este material debe remitirse por correo electrónico a comisionfestasburela@gmail.com ou vía mensaxe privada ao facebook das festas patronais burelesas. O prazo de envío remata o 15 de abril.
A comisión organizadora subliña que “entre todas as fotos e os textos que recibamos nas vindeiras semanas elixiremos as mellores para seren...
leer más