Eventos
A Concellería de Cultura organiza unha excursión a San Andrés de Teixido, que terá lugar o 14 de maio.
Esta viaxe é gratuíta e inclúe comida e baile en Cedeira. As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no centro sociocultural, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.
A viaxe é gratuíta.
O Concello de Ourol organiza o ciclo Ourol Saudable que se celebrará durante os meses de maio e xuño.
O programa está destinado a mellorar as condicións de vida e promocionar a actividade física e unha dieta saudable. Abordará temas como a nutrición e exercicios cardiovasculares con claves para coidar a dieta e previr enfermidades como a diabetes, hipertensión, colesterol, obesidade, osteoporose e artrose. Tamén se tratará a hixiene postural con recomendacións para o coidado da espalda, posturas correctas, mobilizacións de cargas e aprender a camiñar. Ademais se falará de biblioterapia, como axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como mellorar o seu benestar a través da lectura.
As actividades terán lugar no Centro de Fisioterapia, sito no Paseo da Rega, no parque...
leer másBurela acollerá o XII Encontro de Palilleiras, que se celebrará o 25 de maio. Unha das novidades deste ano será unha exposición de abanicos desde o século XVIII ata a actualidade de Elena Díaz que, segundo a organización, nunca fixo ningunha mostra en Galicia. A presentación do evento, celebrada este mediodía, contou coa presenza do alcalde, Alfredo Llano, e a presidenta da asociación As Encaixeiras, Paqui Romo, ademais de representantes da confraría de pescadores, da Fundación Expomar, da xefatura territorial do Mar, así coma os concelleiros de Turismo, de Servizos Sociais e do Mar, entre outros.
O alcalde, Alfredo Llano, salientou que “o mes de maio vai ser especialmente activo no concello de Burela, vai haber moitas celebracións deportivas, Expomar, o encontro de palilleiras, vai haber moitas actividades. Destaco a Feira Náutico...
leer másFoz terá un Mercado de Pascua na praza Conde de Fontao desde este xoves, día 18, ata o domingo 21.
Este mercado, que acollerá diferentes postos de artesanía, estará aberto de 11:00 a 22:00 horas. Ademais venres, sábado e domingo haberá inchables e espectáculos de maxia.
O Concello de Cervo e a asociación Cabaleiros do Xunco celebrarán a XI edición da Feira de Gando o domingo, 5 de maio, no polígono industrial de Cuíña.
O evento foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e por unha representación da asociación organizadora, entre eles o seu presidente, Julián Otero.
Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciaisno recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuítos para as crianzassobre cabalos de montura.
Xa pola tarde, a principal atracción estará centrada nas diferentes carreiras: marcha de trotóns (de 16:00 a 17:00 horas), carreira de cabalos do país (de 17:00 a 18:00 horas), carreira...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, participaron, este sábado, no Teatro Pastor Díaz da localidade mariñá, no pregón da Semana Santa de Viveiro, a cargo do economista, José Manuel González-Páramo. Esta cita, coa que colabora o Executivo Provincial cuncha achega económica de 25.000 euros, estádeclarada de Interese Turístico Internacional dende o 2013 e participarán preto de 3.500 confrades e 35 pasos nas 15 procesións de Semana Santa.
Campos Conde subliñou que “a Semana Santa de Viveiro supón un importante reclamo turístico e económico para á Mariña Lucense,pois é un dos eventos que consigue atraer a miles de persoas a esta comarca, chegados de diferentes puntos de España e tamén doutros países. Neste senso, cómpre subliñar que a Semana Santa move, de media, a unhas 30.000...
leer másRibadeo acollerá diversas actividades infantís e xuvenís durante a Semana Santa. Vanse desenvolver do 15 ao 17 de abril e están organizadas pola Concellaría de Xuventude.
Durante eses tres días: 15, 16 e 17 haberá un obradoiro de estampación de camisetas con ceras na Casa da Xuventude para nenos e nenas a partir de 10 anos.
O 15 terá lugar un obradoiro de relacións persoais para mozos e mozas a partir de 12 anos. Será tamén na Casa da Xuventude.
O 16 desenvolverase unha xornada lúdica no parque de San Francisco de 16:30 a 19:30 horas con diversas actividades para todos os nenos e nenas que acudan. E haberá tamén a Discoteca Disney para animar a festa con xogos, bailes e música.
E tamén o 16 de abril mozos e mozas a partir de 12 anos viaxarán á Coruña a Escape...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, en Mondoñedo, as audioguías ficcionadas da Mariña en catro idiomas: galego, castelán, inglés e francés e o material que se elaborou para a promoción deste produto conxunto. Este proxecto levado a cabo pola Mancomunidade e o Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) conta co apoio da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia para a promoción turística do xeodestino.
No acto participaron o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; a concelleira de Turismo de Ribadeo, Ana Martínez; o tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández; o responsable da Área de Turismo na Deputación de Lugo, Eduardo Vidal; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e a xerente de...
leer másO Concello de Lourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa o torneo internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, a 4ª reunión de Amigos de Vespa&Faba e Clásicos, e tamén o Vilou Spring Fest, que se celebrará o xoves 18 e que inclúe a actuación da orquestra Panorama. Todos estes eventos foron presentados conxuntamente por representantes dos colectivos organizadores coa alcaldesa laurentina, Rocío López.
A rexedora municipal explicou: “temos preparado para esta Semana Santa, concretamente os día 18, 19 e 20 de abril, un amplo programa de actividades que combina a 14ª edición do Lourenzá en Xogo, que é o torneo de basket feminino que se celebrará neses tres días. Tamén teremos a colaboración, como noutras ocasións, de Vespa&Faba Clásicos de Lourenzá que realizará unha gimkana e distintas actividades máis. E o xoves durante...
leer más












